Poetas da Xeración do 36 e da Xeración dos 50 en Galicia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,24 KB

Poetas da Xeración do 36

O inicio da recuperación poética na posguerra ven marcado pola publicación de Comaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, poeta que forma parte da Xeración do 36, xunto con Xosé María Díaz Castro.

Aquilino Iglesia Alvariño escribiu unha poesía na que a paisaxe está humanizada e chea de resonancias clásicas, con temáticas como soidade, paso do tempo e morte. Entre as súas obras destacan Comaros verdes, De día a día, Lanza de soeda e Nenias.

Xosé María Díaz Castro publicou un único libro: Nimbos, abordando temas como amor, morte, vida, nostalxia da infancia perdida, o forte arraigamento coa terra e a relixiosidade. O seu poema máis famoso é Penélope.

Luis Pimentel, autor de Triscos e Sombra do aire na herba, tiña unha visión pesimista da vida e describía ambientes finos e requintados.

Xeración das Festas Minervais / Xeración dos 50

Durante a década dos 50, aparece unha serie de poetas que comparten unhas características comúns: non viviron directamente a Guerra Civil, realizaron estudos universitarios e comprometeronse cultural e politicamente coas liberdades e coa situación de Galicia. Protagonizaron unha fonda renovación temática e formal. Nos primeiros libros apreciase unha poesía de desarraigamento e angustia, cun conflito entre a persoa e a vida mesma. Esta tendencia denominouse “Escola de Tebra”, pola visión atormentada da vida. Conforme avanzaba a década dos 60 moitos autores evolucionaron cara á poesía social, de denuncia da falta de liberdades.

Autores máis salientables da Xeración dos 50

Uxío Novoneira: escribiu poemas paisaxísticos, expresando a soidade da persoa en contacto coa natureza. Entre as súas obras destacan Os eidos, Do Courel a Compostela (carácter social) e Muller pra lonxe (poesía amorosa). Eran composicións breves, de grande intensidade, salientando a utilización do fonosimbolismo e a preocupación e a disposición especial e tipográfica dos versos.

Antón Avilés de Taramancos: publicou O tempo no espello e Cantos caucanos. Poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, ás veces con resonancias mitolóxicas, e outros poemas de amor ou reflexión sobre a vida e o paso do tempo.

Manuel María: é autor dunha obra amplísima de máis de 40 títulos. Poemas intimistas e desacougados, poemas de crítica social e de carácter íntimo e amoroso. Entre as súas obras destacan Terra Cha e A primavera de Venus.

Bernardino Graña: o seu apelativo era “Poeta do mar”, pois o seu tema central era o mar e a vida mariñeira. A súa poesía exaltaba a natureza e o tema amoroso tamén aparece con frecuencia. Entre as súas obras destaca Profecía do mar.

Xohana Torres: é a principal voz feminina da xeración dos 50. Fala da vida, do paso do tempo, do papel da paisaxe e a súa condición como muller, as súas imaxes estaban cargadas de forte simbolismo. Entre as súas obras destaca Estación do mar.

Entradas relacionadas: