Poesía de Vanguardia Galega: Innovación e Ruptura na Xeración do 25

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB

Poesía de Vanguardia Galega

A Xeración do 25 e a Renovación Estética

Os movementos artísticos renovadores, coñecidos como "ismos", xorden en Europa nas primeiras décadas do século XX. Rompen coa tradición e buscan unha renovación estética. Algúns trazos comúns son:

  • Ruptura coa tradición
  • Procura da orixinalidade
  • Defensa da liberdade absoluta na creación artística
  • Cosmopolitismo
  • Carácter de experimentación e aventura
  • Redaccións e manifestos que expoñen as concepcións ideolóxicas e estéticas de cada ismo
  • A obra pretende ter entidade en si mesma e non ser un calco da realidade
  • Deshumanización da arte
  • Carácter políglota da literatura

Os movementos de vangarda máis importantes son: cubismo, futurismo, expresionismo, dadaísmo, creacionismo e surrealismo.

Vangarda na Literatura Galega

Na literatura galega, a Xeración do 25 representa o vangardismo. Cultiva fundamentalmente o xénero lírico, incorporando á poesía galega todas as novidades de vangarda e levando a cabo unha renovación. Crearon o Seminario de Estudos Galegos e participaron na creación do Partido Galeguista.

Movementos de Vanguardia na Literatura Galega

Hilozoísmo

Os poemas son unha sucesión de imaxes plásticas e sensuais encadeadas, personificando a paisaxe. O iniciador foi Luís Amado Carballo. É unha liña poética rupturista, que asume a tradición paisaxística do século XIX, pero combínaa con recursos metafóricos propios das vangardas no tratamento do tema: visión animista da paisaxe.

Neotrovadorismo

Xorde do descubrimento dos Cancioneiros Medievais. O iniciador foi Fermín Bouza-Brey. Esta poesía caracterízase por unha perfección formal clasicista, que recupera procedementos estilísticos propios da lírica dos cancioneiros.

Vangardismo

Representado polo creacionismo de Manuel Antonio e o surrealismo de Álvaro Cunqueiro no seu poemario "Poemas do si e do non".

Manuel Antonio rompe coa tradición anterior e procura a orixinalidade, evitando o localismo. Pretende a universalidade escribindo en galego. Inclínase polo creacionismo, onde o poeta crea unha realidade autónoma. A técnica creacionista xira arredor da imaxe como recurso case exclusivo. Ten influencias de distintos ismos.

Trazos vanguardistas na súa poesía:

  • Estranxeirismos
  • Linguaxe extrapoética
  • Tecnicismos
  • Caligramas
  • Ausencia de signos de puntuación, de rimas e de regularidade métrica

No centro da temática está o mar e o eu do poeta. A profunda vivencia do mar e a súa soidade é o que humaniza a súa poesía, elaborada coa técnica vanguardista deshumanizada. Os seus poemas son a expresión dunha vivencia íntima. A súa orixinalidade distíngueo doutros poetas vanguardistas.

Poemarios: Sempre e máis despois, Foulas, Viladomar, De catro a catro.

Entradas relacionadas: