Poesía e prosa galega de vangarda: movementos, autores e obras clave (1920s–1930s)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 11,81 KB

A poesía galega de vangarda

As vangardas nacen a principios do século XX cun obxectivo claro: rebelarse contra o convencional, rexeitar todo o anterior e establecer unha orde nova.

Os descubrimentos científicos (a teoría da relatividade de Einstein) e os novos coñecementos nos ámbitos do pensamento e da psicoloxía (Nietzsche, Freud) cambiaron a visión da realidade e influíron nos movementos de vangarda.

4.1. As vangardas europeas

  • Variedade de correntes estéticas denominadas «ismos».
  • Os principios estéticos exposíanse en manifestos que avogaban pola ruptura coa tradición anterior e proclamaban a liberdade do autor, evitando calquera norma: cubismo, futurismo, surrealismo, creacionismo…

4.2. As vangardas en Galicia

Os novecentistas (grupo de mozos nacidos arredor de 1900) introducen as vangardas en Galicia. Tamén son coñecidos como Xeración de 1925 (formouse arredor dese ano) e Xeración de vangarda ou do 22 (en 1922 Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro publican o manifesto «Mais Alá!»).

Os novecentistas publicaban as súas composicións en revistas como A Nosa Terra e Nós, e en outras publicacións propiamente vangardistas: Alfar (A Coruña), Ronsel e Yunque (Lugo), Resol (Santiago de Compostela), Cristal (Pontevedra) e Papel de Color e Galiza (Mondoñedo).

Os ismos galegos son unha mestura de tradición e modernidade. Distínguense dúas tendencias vangardistas no dominio literario galego: a manzada e a plena.

Liñas da vangarda galega

Manzada
  • Segue liñas poéticas xa existentes.
  • Compóñena o hilozoísmo (Luis Amado Carballo) e o neotrobadorismo (Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro).
Plena
  • Rómpese coa tradición anterior.
  • Destacan o creacionismo (Manuel Antonio) e o ultraísmo e o surrealismo (Cunqueiro).

1.3. Manuel Antonio

Manuel Antonio é a figura máis innovadora e avanzada das vangardas e simboliza a completa modernización da nosa literatura.

Defendeu con vehemencia o monolingüismo en galego e levouno á práctica.

O manifesto «Mais Alá» (1922)

  • Texto de oito páxinas, principal marco teórico da vangarda.
  • Manuel Antonio, co debuxante Álvaro Cebreiro, asume neste manifesto un compromiso co país.
  • Busca unha Galicia liberada de tradicionalismos e de ruralismos, capaz de explorar novos vieiros de modernidade.
  • Critica aos contemporáneos que reproducen os modelos decimonónicos e empregan o castelán.
  • Proclama o individualismo: Manuel Antonio non ve necesidade de adscribirse a ningún movemento artístico concreto.
  • Fai unha chamada á mocidade galega para explorar novos horizontes.

De catro a catro (1928)

  • Obra principal de Manuel Antonio. Escrito durante unha das súas viaxes a bordo do paquebote Constantino Candeira.
  • 19 poemas que inician a vangarda plena polo seu carácter innovador e rupturista, tanto na forma coma no contido:
    • Disposición tipográfica innovadora.
    • Ausencia de ritmo e rima.
    • Inexistencia de lóxica gramatical (ruptura sintáctica deliberada).
    • Metáforas inusuais.
    • Falta de espazo e de tempo tradicionais.
  • Estrutura circular: saída, navegación, recalada e regreso; isto reflíctese tamén no propio título.
  • Simbolismo: a viaxe marítima convértese nunha viaxe interior. Os elementos naturais son o reflexo do estado anímico da voz poética.

Luís Amado Carballo

Considerado o mestre do hilozoísmo. A partir del formouse a escola hilozoísta (Xulio Sigüenza, Manuel Luís Acuña, Florencio Delgado Gurriarán...).

Obras: Proel e O galo.

Realiza unha fotografía do instante (elementos da natureza descritos con riqueza sensorial). Tamén introduce a ironía e o humor nas imaxes e abundantes sinestesias. Na métrica opta pola tradición: versos de arte menor con rima asonante.

Fermín Bouza Brey

Non todas as súas composicións se encadran na corrente neotrobadoresca.

Obras:

  • Nao selleira. Toma das cantigas e da literatura popular as estruturas formais (refrán e paralelismo), a ambientación (marinas ou barcarolas) e o léxico. Nos temas introduce a imaxinaría das vangardas (a paisaxe, a soidade e o amor) e, na métrica, combina verso libre e regularidade métrica.
  • Seitura. Céntrase na exploración do mundo exterior (a natureza) e do mundo interior (a infancia, a relixiosidade e a misión da poesía).

Álvaro Cunqueiro

Ademais de ser poeta destacou como narrador, dramaturgo e xornalista.

Na poesía cultiva varias tendencias vangardistas:

  • Neotrobadorismo: Cantiga nova que se chama riveira. Procura o valor fónico e lúdico das estruturas paralelísticas xunto con imaxes vangardistas. Usa un léxico medievalizante.
  • Cubismo: Mar ao norte. O mar é o tema central, un mar abstracto e hermético ao estilo de Manuel Antonio.
  • Surrealismo: Poemas do si e non. Temas de amor e erotismo desde unha perspectiva de grande abstracción. Predomina o verso libre, rompense a orde sintáctica e son frecuentes as imaxes irracionais.

A prosa do primeiro terzo do século XX

Entre 1916 e 1936 nace e consolídase a narrativa contemporánea en galego. Isto foi posible grazas a dous factores:

  • A aparición dun espazo político e cultural de carácter galeguista, impulsado polas Irmandades da Fala.
  • A creación de editoriais que favoreceron o acceso ao libro escrito en galego.

Na narrativa deste primeiro terzo do século conviven catro grupos: os continuadores do XIX (Francisca Herrera Garrido, M. García Barros), os narradores das Irmandades (Xosé Lesta Meis, Xaime Quintanilla), os novecentistas (Rafael Dieste, Fermín Bouza Brey, Luis Amado Carballo) e o grupo Nós. Seguen o vieiro galeguista das irmandades e Galicia pasa a ser o núcleo do seu discurso intelectual e político.

Algunhas das características comúns que definen o grupo son a procedencia social acomodada, similar evolución ideolóxica e vocación pedagóxica.

5.1. Autores máis destacados do Grupo Nós

Vicente Risco

Foi director da revista literaria La Centuria e da revista Nós e un dos principais teorizadores do nacionalismo galego.

A súa obra literaria abarca diferentes xéneros: narrativa, ensaio e teatro, alén dos seus traballos como investigador, crítico literario e poeta ocasional. A súa narrativa é didáctica e posúe unha gran carga ideolóxica.

Obras narrativas destacadas:

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros. Relato humorístico sobre o mundo de ultratumba. Mostra o interese de Risco polo esoterismo e o ocultismo e rompe cos temas enxebristas de tradición folclórica.
  • O porco de pé. Novela de carácter satírico e burlesco. A través do personaxe de don Celidonio, un home vulgar e inculto, satiriza unha burguesía que só vive para o diñeiro e búrla dos intelectuais acomodados, como o doutor Alveiros.

Outras: A Coutada; Os europeos en Abrantes e Dedalus en Compostela. Narracións breves: O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán.

Ramón Otero Pedrayo

O seu mundo literario baséase no coñecemento directo da vida campesiña e da fidalguía rural, así como no seu compromiso co galeguismo.

Cultivou case todos os xéneros literarios, destacando na produción de novelas.

Novelas histórico-culturalistas:

  • A romeira de Xelmírez. Novela histórica ambientada no século XI. Conta a viaxe do arcebispo Xelmírez a Roma para entrevistarse co papa Pascual II.
  • Fra Vernero. Trata sobre a vida de Zacharias Werner, poeta, dramaturgo e predicador alemán que viviu entre os séculos XVIII e XIX.

Novelas e contos histórico-realistas:

  • Os camiños da vida. Relato sobre a desaparición da sociedade rural tradicional galega, dominada polos fidalgos e polo clero. Describe a decadencia de dúas familias nobres do século XIX (símbolo do traspaso do poder da fidalguía rural á nova burguesía urbana).
  • Outras: O purgatorio de don Ramiro; Contos do camiño e da rúa; Pantelas, home libre; O mesón dos ermos e O señorito da Reboraina.

Novelas psicolóxicas:

  • Arredor de si. Retrato xeracional do Grupo Nós; a través do protagonista Adrián Solovio (representación do propio Otero), narra o proceso de concienciación galeguista experimentado por el e polos seus compañeiros do grupo.
  • Outras: Escrito na néboa; Vidas non paralelas e Devalar.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Temas que definen a narrativa de Castelao:

  • Humanismo e compromiso cos máis débiles.
  • Crítica da marginación económica de Galicia.
  • Protagonismo das clases populares.
  • Defensa da lingua galega.

Obras narrativas principais:

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto. Relato fantástico formado por un conxunto de escenas de carácter crítico e humorístico en que un esqueleto conta as súas vivencias.
  • Gousas. Conxunto de 45 narracións líricas, todas elas (menos unha) acompañadas dunha ilustración que apoia o contido.
  • Retrincas. Cinco relatos de carácter autobiográfico en que Castelao evoca vivencias da nenez e a mocidade. A afectividade, a nostalgia e o realismo impregnan os relatos.
  • Os dous de sempre. A única novela de Castelao. Estruturada arredor de dous personaxes.

Cousas (1926)

  • Síntese narrativa e expresividade plástica.
  • Descríbense dramas humanos das clases populares: a emigración, a miseria dos labregos, as traxedias do mar, a soidade dos vellos...
  • Formato único: precisión, humor, tenrura e compromiso cos débiles son os elementos que fan da «cousa» o tipo narrativo propio de Castelao.

5.2. Autores novecentistas

Son un grupo de escritores que naceron a comezos do século XX.

O narrador máis destacado do grupo foi Rafael Dieste:

  • Cultivou materias tan dispares como as matemáticas, a pintura, a filosofía, a linguística e a literatura.
  • Entre 1929 e 1933 levou a cabo un labor de difusión do teatro por vilas e aldeas (teatro do Guiñol das Misións Pedagóxicas).
  • A súa produción narrativa en galego redúcese a un só libro de relatos: Dos arquivos do trasno.

Características da súa narrativa en Dos arquivos do trasno:

  • A unidade emotiva lográbase intensificando a presencia do acontecemento.
  • O final pode ter ou non relación co que a acción narrativa parecía esixir.
  • Temas: realidade e fantasía configuran os dous planos en que se desenvolve a obra (presenza do sobrenatural no mundo popular).
  • Técnica narrativa: brevidade dos relatos, intensidade (presenza mínima de personaxes, máxima precisión lingüística e atinado manexo do ritmo expositivo) e mestura do popular e do culto.
  • Recursos do relato oral: apelacións ao auditorio, autoxustificación do narrador, referencias de espazo e de tempo pouco precisas.
  • Recursos de raíz culta: descrición con trazos impresionistas, ruptura do plano temporal, adxectivación rica e medida, disposición fragmentaria do material narrativo, comezos in media res e tendencia a finais abertos.

Entradas relacionadas: