A Poesía e a Narrativa Galega no Período das Irmandades da Fala

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 19,16 KB

tMA

TEMA 1 A POESÍA NO PERIÓDO DAS IRMANDADES DA FALA: NORIEGA VARELA E RAMÓN CABANILLAS

  1. CONTEXTO HISTÓRICO

A comezos do S. XX, Galicia seguía sendo un territorio moi rural e cun forte atraso económico. Desigualdade social: por un lado a fidalguía que controlaba a propiedade da terra e por outro o campesiñado, empobrecido, que continuaba coa emigración a América (seguindo a tendencia do século anterior). Sen embargo no primeiro terzo do século producíronse importantes cambios políticos, sociais e culturáis. Destacamos os seguintes:

  • A segunda República (1931-1936): comeza unha etapa de intensa actividade política e cultural. Esta etapa correspóndese co desenvolvemento do nacionalismo e cun extraordinario crecemento literario.
  • O movemento agrarista que ten como obxectivo acabar co sistema foral e modernizar a agricultura.
  • A decadencia da fidalguía, pola desaparición do sistema foral, e o nacemento da burguésía cunha mentalidade nova, preocupada por levar a cabo en Galicia un desenrolo industrial: naval, comercial, conserveira, etc.
  • A migración do medio rural ás zonas urbanas, cambiando a agricultura e a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos. Destacamos as áreas de Vigo e A Coruña.
  1. CONTEXTO LITERARIO

Non sería posible a literatura neste período sen falar de certos acontecementos que tiveron lugar nestas primeiras décadas do S. XX. A creación da Academia da Lingua Galega (1906), As Irmandades da Fala (1916) e O Seminario de Estudos Galegos (1923)

  • Real Academia da Lingua (1906):
    o seu obxectivo é o de coordinar os estudos e a evolución da lingua galega, elaborar unha gramática e un dicionario.

  • Irmandades da Fala (1916):
    son asociacións formadas por intelectuais, escritores e políticos. A primeira Irmandade creouse no 1916 e a partir dela formáronse outras nas cidades e principais vilas de Galicia. Os seus obxectivos resumímolos así:
  1. Promover a cultura galega e a utilización do galego en todos os ámbitos: literatura, medios de comunicación e publicacións de todo tipo.
  2. Creareditoriais (Lar, Céltiga, Nós) así como revistas literarias e culturáis (A Nosa Terra, Ronsel, ..). Co obxectivo de dinamizará a cultura galega e incrementará a actividade literaria en galego e en todos o xéneros: poesía, .
  3. Obxectivos políticos: centralizarán o que será a base do nacionalismo galego.
  • Seminario de Estudos Galegos (1923


    ), para estudar a lingua, cultura e historia de Galicia en todas as facetas: xeografía, historia, arte, ciencias, etc.

3. AUTORES

  1. Noriega Varela (Mondoñedo 1869- Viveiro 1947)


É o representante máis vello dos escritores deste período. Poeta que enlaza a poesía do Rexurdimento (S.XIX) coa poesía do S. XX.  Na  súa obra sinalamos dúas correntes literarias:

1. Poesía costumista


: Realismo costumista, moi influenciadas pola poesía popular de tradición oral. Describe paisaxes, costumes  e tradicións populares dos labregos (festas, romarías,….) Utiliza un galego popular con presenza de  castelanismos, dialectalismos, propios da súa zona (Mariña Lucense)

2.Poesía lírica


: Atopámola nun conxunto de poemas que forman o libro “Do Ermo”. O poeta adopta un ton íntimo e emotivo para describir a paisaxe e a vida montañesa. Xa non reproduce a lingua popular dos labregos da montaña, senón que introduce formas cultas, na maior parte dos casos, tomados do portugués.

2. Ramón Cabanillas: (Cambados 1876- 1959)

É o renovador da poesía galega; moi influenciado pola corrente modernista que se estaba a desenrolar en Europa.Na súa poesía distinguimos dúas liñas poéticas: Poesía Lírica e poesía narrativa.

  1. Poesía lírica


    : Presente nos libros de poemas;  “No Desterró”, “Ventó mareiro”, ”Da terra asoballada” e “A rosa de cen follas”. Distinguimos tres liñas temáticas:
  • Poesía costumista:


    composicións que describen paisaxes, ambientes rurais e escenas pintorescas. Composicións máis formáis de carácter modernista, (obsérvase nos  versos, métrica e recursos literarios)

  • Poesía intimista

    : manifestá os seus sentimentos amorosos, lembranzas do seu pasado e a súa identificación coa natureza.

  • Poesía cívica

    : poemas nos que  expresa os seus ideáis de denuncia social,(defensa dos campesiños fronte a opresión da fidalguía e dos caciquismo) e defensa do nacionalismo galego, (defensa de Galicia fronte ao asoballamento do poder central)
  1. Poesía narrativa


    : Recrea lendas míticas celtas pertencentes á materia de Bretaña que nos falan dun pasado glorioso e mítico (a época dos cabaleiros da táboa redonda e do reí Arturo). Cabanillas sitúa a estés personaxes en Galicia, cun claro obxectivo de realcionalo coa ideoloxía nacionalista galega.

Destaca a obra:“Na noite estrelecida”.
Poemario que contén tres partes.

  •  “A espada Excalibur,” preséntanos ao Reí Arturo accedendo ao trono despois de desenterrar a espada Excalibur. A acción sitúase na illa de Sálvora.

  • O Cabaleiro Do Santo Grial”, describe  a partida dos cabaleiros da táboa redonda na procura do Santo Grial. O cabaleiro Galahaz atopa no Cebreiro (Ancares) o cáliz utilizado por Xesús na última cea.
  • O Soño Do Reí Artur”, narra a morte do reí Arturo e o seu descanso nunha furna. Un soño prolongado para espertar nun tempo futuro. Connotacións nacionalistas.

TEMA 2:  A XERACIÓN NÓS: Vicente RISCO, RAMÓN OTERO PEDRAYO, CASTELAO, RAFÁEL DIESTE


72/90

 No ano 1920 comezou a publicarse a revista NÓS, que deu nome a unha xeración de intelectuais e escritores. Destacamos a Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste.
As carácterísticas comúns destes autores son:

  1. A súa procedencia social acomodada, a alta formación intelectual e a mesma ideoloxía política; asumen o nacionalismo como orientación política. Lideraron o partido galeguista.
  2. Son polifacéticos; escriben poesía, teatro, ensaio e prosa.
  3. Queren que a cultura galega se faga universal e relacionala con outras culturas do mundo.
  4. Modernizan a prosa e a narrativa adoitando as tendencias literarias que se facían en Europa. Unha narrativa que traspase as fronteiras de Galicia; sen perder a súa singularidade. Pódese dicir que foron os renovadores da prosa galega contemporánea. Carácterísticas:
  • Superar a temática costumista, ruralista e humorística que caracterizaba a narrativa do S. XIX.
  • Editar en formato libro a través de editoriais creadas por eles.
  • Escribir exclusivamente en galego. Renovando a lingua, nun intento por crear un galego literario culto.

AUTORES

  1. Vicente RISCO (1884-1963


    )

A obra literaria de Risco abarca diferentes xéneros: narrativa, teatro e ensaio, ademáis dos seus traballos como investigador e  crítico literario.

OBRA NARRATIVA:


 predomina o relato curto. Abandona o ruralismo e incorpora ambientacións urbanas. Utiliza a ironía, a sátira e o humor e  incorpora técnicas narrativas modernas. Destacan as seguintes obras

  • O porco de pé”: novela curta de carácter satírico na que a través do protagonista, Don Celidonio, satiriza e critica á clase burguesa que só vive pendente do diñeiro e do materialismo. Tamén se burla dos intelectuais acomodados.
  • O lobo da xente” e “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”: dúas narracións breves inspiradas na cultura popular galega. A primeira inspirada na tradición popular do home lobo e a segunda no mundo dos celtas e dos mouros.
  • “Os europeos de Abrantes”: sátira crítica sobre personaxes reais da cidade de Ourense.

ENSAIO:


emprega este xénero para desenvolver a súa ideoloxía galeguista. Os temas que trata son políticos, filosóficos e etnográficos. Destacan as seguintes obras.

  • Teoría do nacionalismo galego”; expón o seu ideario nacionalista. Define Galicia a partir das ideas da terra, raza e lingua.
  • NÓS os inadaptados” explica a evolución ideolóxica dos membros do grupo NÓS
  • Mitteleuropa”, recolle as impresións da súa viaxe por Centro Europa. Manifestá o seu desagrado ante os avances políticos do nazismo e do marxismo.
  1. RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976


    )

Intelectual de sólida formación cultural. Foi o principal escritor do grupo NÓS. Mantívose fiel ao galeguismo, incluso durante o período franquista. Escribiu en todos os xéneros, pero destaca sobre todo como narrador.

As principais novelas son

  • A romaría de Xelmírez”; novela histórica ambientada no S.XII. O protagonista é o arcebispo Xelmírez, que aparece retratado como un héroe galego.
  • Os camiños da vida”, conta a historia de dúas familias nobres (fidalgas), do S.XIX. No relato fai unha evolución da sociedade galega nesa época. A través de dúas familias fidalgas amosa a decadencia da fidalguía rural e o ascenso da burguésía urbana.
  • Arredor de si”. A través do protagonista, Adrián Salovio, expón a evolución ideolóxica dos membros da xeración NÓS; que vai dende un antigaleguismo, na etapa de xuventude, ata unha concienciación galeguista, na etapa de madurez.

ENSAIO


: escribe sobre aspectos moi diversos, aínda que destacan os temas xeográficos e históricos. Títulos coma, “Guía de Galicia” e “Ensaio histórico sobre a cultura galega”, entre outras.

  1. DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (1886-1950


    ):

Autor polifacético: poeta, narrador, teatro e artista plástico.

NARRATIVA

Escribe narrativa curta, influenciado polo contó popular, pero dun xeito culto e moderno. As principais carácterísticas da súa obra son:

  • Crítica social: denuncia as inxustizas que sofren os máis débiles (nenos, anciáns,…), defensa das clases populares humildes, (labregos e mariñeiros)
  • Defensa da democracia fronte ao fascismo e imperialismo.
  • Humor ácido a través da ironía e da retranca.
  •  Mostrá os defectos da sociedade galega do seu tempo.
  •  Critica a marxinación económica de Galicia e defendé a cultura e lingua galegas.

Destacamos as seguintes obras:


  • Un ollo de vidro”: un esqueleto, que foi enterrado cun ollo de vidro, é o personaxe principal. A través do ollo fai unha crítica de distintos aspectos da sociedade do seu tempo. No relato utiliza a ironía e o humor negro.
  • “Cousas”, son 45 narracións breves, cada unha delas acompañada dun debuxo feito polo propio autor.
    Distintos temas que amosan a realidade galega do seu tempo: a emigración, a pobreza, a soidade,… son relatadas de forma crúa e realista.
  • Retrincos”,  conxunto de 5 relatos de carácter autobiográfico.
  • Os dous de sempre”, é a única novela longa de Castelao. A través de dous personaxes presenta dúas formas de entender a vida. Pedriño: sen vontade, perezoso e conformista, e Rañolas: intelixente, loitador e inconformista.

ENSAIO

Sempre en Galiza” (1944) É un longo tratado que recolle o pensamento político nacionalista. Neste libro, fai unha análise de Galicia como nacíón: a lingua, a cultura, a economía, o territorio, etc. Critica o centralismo de España e defendé un estado federal.

 “As cruces de pedra na Bretaña

.

(1930) e “As cruces de pedra na Galiza” (1950). Ambos son estudos sobre a arte popular en Galicia e na Bretaña francesa. O texto vai acompañado de numerosas ilustracións do autor.

OBRA GRÁFICA

Foi un importante artista plástico; debuxante, caricaturista e pintor. Os debuxos e estampas de Castelao complementan a súa obra literaria, neles emprega a ironía e o humor para denunciar as inxustizas sociais, a avaricia, o caciquismo,… Destacan o “álbum, NÓS” e “Cousas da vida” 

Despois da Guerra Civil (1936-1939) publica outros álbums:  “Atila en Galicia” e  “Galicia mártir”  son series de  debuxos nos que denuncia a barbarie da Guerra Civil e da España franquista.

  1. RAFAEL DIESTE (1899-1981)


 “Dos arquivos do trasno”;  libro de relatos no que expón as súas ideas do que debe ser o contó:

1. Mesturar elementos reais e fantásticos

2. Temas como a morte, o misterio, sitúaos nun ambiente máxico e irreal

3. Historias breves que van creando unha intriga ata o final. O lector está enganchado ata as últimas liñas do relato; momento en que se produce o desenlace.

Os relatos están ambientados en vilas mariñeiras e na zona rural.. Os personaxes son populares; mariñeiros, emigrantes, nenos, vellos,…Personaxes que viven nunha comunidade, que observa e xulga os seus 4

4

actos.

Entradas relacionadas: