A Poesía nas Irmandades da Fala: Cabanillas e Noriega Varela

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,35 KB

A poesía na época das Irmandades da Fala

Despois do Rexurdimento, na literatura galega abriuse unha nova etapa marcada pola continuidade temática e formal dos seguidores de Rosalía, Pondal e Curros. Nas primeiras décadas do século XX xorden dous movementos sociais e ideolóxicos: a aparición da ideoloxía agrarista e a creación das Irmandades da Fala. Arredor das Irmandades da Fala aglutináronse os principais autores desta época asumindo o seu ideario galeguista. As dúas figuras máis importantes deste período foron Ramón Cabanillas e Noriega Varela.

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas foi un dos escritores máis fecundos da literatura galega. O seu xénero preferido foi a poesía, pero tamén cultivou o teatro, a prosa poética, o estudo da literatura popular e a tradución. Algunhas das súas producións líricas foron: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, Na noite estrelecida e Camiños no tempo. Cabanillas escribiu dúas pezas teatrais: A man de Santiña e O Mariscal. Tamén escribiu algúns libretos de teatro lírico. En prosa destacan os seus discursos de ingreso nas Academias (galega e castelá). Do seu labor como tradutor deixounos Versos de alleas terras e de tempos idos.

En canto á estética de Cabanillas, prodúcese unha confluencia de rexistros de moi variada índole: a obra dos poetas clásicos greco-latinos, os grandes mestres do Rexurdimento, Rosalía, Curros e Pondal, a tradición folclórica galega, o romanticismo europeo tardío, o simbolismo e o postsimbolismo, o modernismo hispano de Rubén Darío e o saudosismo portugués. Todos estes elementos conforman unha obra rica e plural, con rexistros e temas innovadores na literatura galega.

Cabanillas foi un poeta serodio. Publicou a súa primeira obra cando xa contaba con 37 anos, pero a súa facilidade para escribir fixo que deixase un número moi importante de obras. Na súa traxectoria poética distínguense catro etapas:

  • Etapa de formación: Cabanillas empezou a escribir poesía en castelán antes de emigrar a Cuba. Na etapa da emigración publicou os seus dous primeiros libros No desterro e Vento mareiro cunha gran similitude formal e temática.
  • Etapa galeguista: A esta etapa corresponden a obra Da terra asoballada e a peza teatral A man de Santiña. Cabanillas asume a voz de poeta civil que loita polos intereses de Galicia influído pola constitución das Irmandades da Fala.
  • Etapa mitolóxica: Cabanillas escribe unha poesía empeñada en reconstruír o pasado mítico de Galicia. As obras máis representativas desta etapa son Na noite estrelecida e o drama O Mariscal.
  • Etapa de posguerra: Nos difíciles anos de posguerra, é de salientar a publicación de Camiños no tempo.

Na poesía de Cabanillas distínguense dúas grandes modalidades: a poesía lírica e a poesía narrativa. Na poesía lírica aparecen composicións de tipo intimista (temas como o amor e a natureza), cívica (recolle postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala) e a costumista (trata de costumes rurais). Na poesía narrativa recrea un pasado cheo de esplendor e un futuro esperanzador para Galicia.

En canto á lingua e á métrica, Cabanillas, igual que outros escritores da época, na súa lingua aparecen castelanismos. Utilizou metros e estrofas nunca utilizados na poesía galega, ten un dominio absoluto da métrica e do ritmo. O verso que máis utiliza da arte menor é o octosílabo e da arte maior o hendecasílabo.

Noriega Varela

Noriega Varela foi autor dun único libro de poemas que sufriu un proceso de continua reelaboración. O título inicial da súa obra foi Montañesas pero, a partir da terceira edición pasou a titularse Do ermo. Na poesía de Noriega distínguense dúas liñas superpostas que van evolucionando ao longo da súa vida: a que se corresponde coa primeira etapa de carácter costumista e ruralista, a segunda etapa de carácter máis culto e refinado e o franciscanismo que manifesta a profunda relixiosidade do autor.

Outros autores

Outros autores destacados desta época son Taibo García, Álvarez Limeses, López Abente e Crecente Vega.

Entradas relacionadas: