Poesía galega: Ruptura, Xeracións e Século XXI

Español2,4 KB

A ruptura co socialrealismo

A ruptura co socialrealismo, no ano 1976, deuse un cambio de rumbo na poesía galega, dominada até daquela pola corrente do socialrealismo, na que predomina o contido sobre a forma. O cambio veu dado polos libros Seraogna e Con pólvora e magnolias, que ofrecían unha alta calidade formal, en aberta ruptura coa poesía anterior.

A Xeración dos 80

Desde o ano 1975 producíronse relevantes novidades na poesía galega. Unha delas foi a aparición de colectivos poéticos, case sempre formados por poetas mozos. Os máis salientables foron Rompente e Cravo Fondo. Máis adiante apareceu na Coruña o colectivo De Amor e Desamor. Numerosos críticos teñen falado dunha nova «idade de ouro».

Foron anos nos que a aparición de revistas poéticas, a convocatoria de premios literarios e, sobre todo, a creación de editoriais que sostiveron coleccións poéticas, propiciaron que se desen a coñecer moitos autores.

Teñen en común algúns trazos:

  • Culturalismo e interculturalismo.
  • Temáticas predominantes: erotismo e sensualidade.
  • Un gran rigor no uso da lingua poética.
  • Coidado especial da métrica e da estrofa.

A Xeración dos 90

Nesta época deuse unha eclosión de numerosas voces novas e de colectivos. Os máis coñecidos foron Ronseltz, o Batallón Literario da Costa da Morte ou Sete Naos, con moita repercusión polos seus numerosos recitais. Foi importante a aparición de editoriais poéticas.

Un dos fenómenos máis salientables foi a aparición de voces femininas, como Ana Romaní ou Chus Pato.

Trazos comúns:

  • Linguaxe directa e coloquial, sen descoidar a forma.
  • Verso libre e poesía próxima á vida cotiá.
  • Sexualidade tratada de forma explícita.
  • Incorpórase o ludismo.
  • Temas como o amor, a vida e a morte, así como o ecoloxismo, o antimilitarismo ou o feminismo.
  • Autores de poemas minimalistas.

Século XXI

Estes autores déronse a coñecer grazas a internet. Todos, en certa medida, son continuadores da Xeración dos 90 e seguen catro correntes:

  • Linguaxe limpa.
  • Obras de poesía-pensamento.
  • Poesía militante e comprometida.
  • Busca de desacralizar a poesía.

Descargar

PDF Word HTML