Poesía Galega de Posguerra: Xeracións, Tendencias e Autores Clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,47 KB
Poesía Galega de Posguerra: Unha Visión Abrangente das Súas Xeracións e Tendencias
A primeira obra poética relevante publicada vai ser Cómaros verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño. A partir de aquí comeza unha lenta recuperación, impulsada por editoriais como Monterrey ou Bibliófilos Gallegos, e sobre todo Galaxia (1950). Así, a partir da década dos cincuenta reiníciase timidamente a publicación de poesía en galego.
Aos autores que se formaran (e mesmo publicaran) antes da guerra súmanse novas voces:
- As da Xeración Poética do 36, nados entre 1910 e 1920, formados na cultura republicana dos anos 30 e que vivirán na fase final desa formación o drama da Guerra Civil.
- As da Promoción de Enlace, nados entre 1920 e 1930, formados nos anos máis duros da posguerra (pobreza económica e cultural), influenciados polos poetas surrealistas da Generación del 27 española, polas vangardas galegas e a Xeración do 36.
- E as da Xeración dos 50 ou das Festas Minervais, nados arredor de 1930-1940, mostran un radicalismo vital que determina un estrito monolingüismo, influenciado polo ambiente no que medraron e a liña galeguista restaurada por Galaxia; danse a coñecer nas Festas Minervais (certames poéticos restaurados entre 1953 e 1964 na Universidade) e colaboran no suplemento cultural do xornal compostelán La Noche.
Principais Tendencias da Poesía de Posguerra
- Continuísmo coas liñas estéticas anteriores ao 36, tematicamente descomprometidas como: hilozoísmo, neotrobadorismo, ruralismo.
- O existencialismo da Escola da Tebra a través dunha poesía angustiada e pesimista. A angustia existencial, o espanto, a dor de vivir... marcan a súa temática. Os libros Muiñeiro de brétemas de Manuel María (1950) e Fabulario novo de Manuel Cuña Novás (1952) marcan a aparición desta tendencia, de amplo cultivo, especialmente na Promoción de Enlace e na das Festas Minervais.
- A poesía social-realista, amplamente cultivada por autores das diferentes xeracións. Aquela na que o poeta comprometido coa colectividade se fai eco da voz colectiva. Temas como a denuncia da opresión e a solidariedade cos humildes. Destacan Documentos persoaes de Manuel María e Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
- O culturalismo, que recupera a intertextualidade con outras culturas, reinterpretando mitos e poetizando, ao mesmo tempo, o cotián e o íntimo (Iglesia Alvariño e A. Cunqueiro).
A Xeración do 36
- Están marcados pola guerra e pola posguerra na súa experiencia persoal e familiar.
- Inician a súa produción e o seu compromiso coa realidade galega baixo o maxisterio dos homes do Grupo Nós e das vangardas.
- Seguen variadas tendencias: neotrobadorismo, paisaxismo, poesía cívica, intimismo...
Autores Destacados da Xeración do 36
- Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros verdes canta o amor e as paisaxes coa ansia de recuperar a infancia.
- Xosé Mª Díaz Castro: Nimbos, temática: a concepción tráxica da vida, o amor e o norte de Galicia.
- Álvaro Cunqueiro: Herba aquí e acolá (estética: culturalismo).
- Celso Emilio Ferreiro: máximo representante da poesía social.
- Liña Social: temas como o antibelicismo, a liberdade, a solidariedade cos que sofren.
- Liña Satírica: ironía, sarcasmo, burla, humor. Ex: Cemiterio privado.
- Liña Intimista: dor, angustia existencial (Escola da Tebra). Ex: Onde o mundo se chama Celanova.
A Promoción de Enlace
- Son poetas nados entre 1920 e 1930.
- Formados nos anos máis duros da posguerra (pobreza económica e cultural).
- Recibiron primeiro a influencia da cultura castelá, polo que comezaron escribindo neste idioma, ao estar illados das correntes europeas e da literatura galega no exilio.
- Vense influenciados polos poetas surrealistas da Xeración do 27 española, polas vangardas galegas e a Xeración do 36.
- A súa poesía caracterízase pola temática existencial e angustiada, así como polo compromiso social.
Autores da Promoción de Enlace
- Antón Tovar: temática intimista de carácter existencial, na que nos revela unha visión tráxica e resignada da realidade e da propia vida. Ex: Calados esconxuros.
- Luz Pozo Garza: amor, desamor, o norte. Ex: Concerto de outono, Códice Calixtino.
A Xeración dos 50
- Nacen arredor de 1930-1940.
- Seguen a liña galeguista restaurada por Galaxia.
- Danse a coñecer a través dos certames poéticos das Festas Minervais.
- Dúas liñas poéticas sucesivas: social-realismo e Escola da Tebra.
Autores da Xeración dos 50
- Uxío Novoneyra:
- Liña Paisaxística: Os eidos.
- Liña Cívica: Viet Nam canto.
- Xosé Luís Méndez Ferrín: temática angustiada e intimista da Escola da Tebra (Poesía enteira de Heriberto Bens); temática política e histórica (Con pólvora e magnolias, libro máis influente na orientación da poesía galega).
- Xohana Torres: Estacións ao mar, con fondo compromiso con Galicia.
- Manuel María (temas):
- O existencialismo da Escola da Tebra en Muiñeiro de brétemas.
- A poesía paisaxística, centrada na Terra Chá, de tintes sociais, clásicos ou intimistas (Terra Chá).
- A poesía comprometida, combativa, na que ecoa a ironía e a sátira (Documentos persoaes, Aldraxe contra a xistra...).
- A poesía intimista e de corte existencial (relacionada coa Escola da Tebra), mesmo con trazos de poesía relixiosa (Morrendo a cada intre, Poemas ao Outono...).
- Antón Avilés de Taramancos: Cantos caucanos, As torres no ar.
- Bernardino Graña.