A Poesía Galega do Século XX e Comezos do XXI
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 34,64 KB
A Poesía das Irmandades da Fala
Aparecen dúas liñas temático-estilísticas:
- A que consideraba que a cultura galega debía permanecer fiel á tradición decimonónica rexionalista. Destaca Noriega Varela.
- O afán por producir unha literatura á altura dos tempos: incorporando novidades chegadas de Europa e demostrando que a literatura galega merecía un posto máis alto. Destaca Ramón Cabanillas.
Antonio Noriega Varela
Estudou en Mondoñedo, foi desprazado a Ourense e entrará en contacto coa literatura portuguesa.
Obra:
- Autor dun único libro: “Montañesas”, que logo aparecerá co título “Do ermo”.
- Sinalamos dous aspectos:
- Poesía costumista: mantéñese na liña do realismo, centrada na vida campesiña ou festeira.
- Lirismo da natureza: a expresión máis singular atopámola nun conxunto de poemas ós que lles cae o título “Do ermo”; neles aparecen sós o poeta e a natureza. A actitude dominante é a tenrura polas cousas humildes. Aliméntase a súa lírica de humildade franciscana. Nesta liña podemos incluír os sonetos con influencia dos poetas portugueses que adoitan insistir na liña franciscana.
- Lingua: utiliza un galego popular e nos sonetos introduce neoloxismos.
Ramón Cabanillas
Obra:
- Poesía lírica:
- “No desterro”
- “Vento mareiro”: influencia modernista, manifestada na métrica (versos alexandrinos) e nalgunhas referencias exóticas.
- “Da terra asoballada”
- “A rosa de cen follas”: intimista (amor).
- “Da miña zanfona”: variada.
- “Versos de alleas terras e tempos idos”: tradución de clásicos e contemporáneos.
- Poesía narrativa:
- “Na noite estrelecida”: temas da materia de Bretaña que converte a Galicia en modelo descritivo das paisaxes.
- “O bendito San Amaro”
- “Samos”
- Lingua: sensibilidade lingüística e lingua popular da súa zona de procedencia.
Os Movimentos de Vanguardia
Características, autores e obras.
- Nados arredor de 1900
- Xeración seguinte á das Irmandades da Fala e do Grupo Nós.
- Renovación das letras galegas.
- Coñecidos co nome de Novecentistas, Vangardistas ou Xeración do 25.
- Relacionados cos membros da Xeración Nós.
- Tiveron un papel decisivo na formación do PG (Partido Galeguista).
- Os poetas vangardistas danse a coñecer en revistas como “Alfar” ou “Cristal”.
5 Ismos Galegos:
Neotrobadorismo
- Iniciador: Fermín Bouza Brey (iniciou a escola neotrobadoresca).
- Cultivador: Álvaro Cunqueiro:
- “Cantiga nova que se chama Riveira”
- “A dona do corpo delgado”
- Caracterízase por unha perfección formal, con procedementos estilísticos propios da lírica dos cancioneiros (paralelismo, refrán, leixaprén).
- Xosé María Álvarez Blázquez púxolle fin coa publicación do seu “Cancioneiro de Monfero”
Hilozoísmo
- Incide na personalización da paisaxe, presenta unha métrica sinxela baseada nas formas populares.
- Fundador: Luís Amado Carballo:
- “Proel”
- “O galo”
- Outros autores: Blanco Amor:
- Preguerra: “Romances galegos”, “Poema en catro tempos”
- Posguerra: “Cancioneiro”
Creacionismo
- Creador: Vicente Huidobro
- A imaxe como recurso case exclusivo; o poeta pretende crear unha realidade autónoma.
- Maniféstase na obra de Manuel Antonio:
- Procurou a orixinalidade e universalidade escribindo en galego.
- “De catro a catro”:
- Pasou bastante inadvertida para a crítica contemporánea.
- Características:
- Sen apenas referencias explícitas en Galicia.
- De difícil lectura e escura interpretación.
- Tendencia á abstracción.
- Afastada das estructuras rítmicas tradicionais.
- Sistema de imaxes poéticas.
- Modelo culto de lingua supradialectal.
- Léxico de termos da navegación.
- Consta de 19 poemas:
- En 4 fala do mar desta terra, os demais xa vistos desde o mar.
- Concibida como o diario dunha travesía.
- No centro da temática creacionista está o mar, e a soidade do poeta.
- Manifesto “¡Mais Alá!”:
- Arremete contra os vellos da poesía: os novos en idade quedaron ancorados nunha poética do pasado.
- Ataca os escritores que sendo galegos escriben en castelán.
- É un manifesto político.
Surrealismo ou Superrealismo
- Creador: Álvaro Cunqueiro:
- “Poemas do si e non”
- “Mar ao norde”
- Seguidor: Luís Pimentel:
- “Barco sen luces” no que destaca o surrealismo humanista.
Neovirxilianismo
- Visión poética da paisaxe da cal tenta captar os seus matices fuxitivos: luces, flores, orballo.
- Admírase a natureza, que se nos ofrece núa, case sempre privada de presenza humana ou de conflitos anímicos.
- Toman como modelo a Noriega Varela.
- Vangardistas: son 3
- Crecente Vega
- Aquilino Iglesias:
- “Señardá”
- “Corazón ao vento”
- “Cómaros verdes”
- Díaz Castro:
- “Nimbos”
Conclusión: Manuel Antonio é o máximo representante das nosas vangardas. Non creou escola, sen embargo, novas xeracións tomárono como modelo.
A Prosa do Primeiro Terzo do XX. As Irmandades e o Grupo Nós
Podemos destacar 3 promocións: narrativa, ensaio e xornalismo.
A.- Os Epílogos do Rexurdimento
Antón Villar Ponte, Lois Porteiro Garea e Xoán Vicente Viqueira representan o ensaio político onde fan propaganda do galeguismo.
As institucións nacionalistas agrupadas nas Irmandades tamén se preocuparon por crear canles de expresión adecuadas para iniciar o proceso de modernización da narrativa galega: a revista Nós, a colección editorial Céltiga, Editorial Lar…
B.- O Grupo Nós
- Grupo promotor (Cenáculo Ourensán): Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas.
- Castelao en estreita relación.
C.- A Achega dos “Novos” Relacionados coas Vangardas
Rafael Dieste.
1.- A Revista Nós
Esta revista é a que lle dá nome ó grupo, e os seus redactores foron Otero Pedrayo, Risco, Castelao, Cuevillas e Antón Losada Diéguez.
1.1.- O Grupo Nós
En sentido estrito forman o Grupo Nós, tamén chamado Cenáculo Ourensán, Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas, xa que presentan características en común:
- Os 3 nacen en Ourense e no penúltimo decenio do s.XIX.
- Teñen unha cultura cosmopolita.
- Cada un deles ten una obra autobiográfica onde falan da evolución do grupo: búsqueda por culturas alleas, de forma individual, ata que se percatan de que o que buscaban está en Galicia, converténdose ó galeguismo e traballando de forma conxunta. Estas 3 obras son:
- “Nós, os inadaptados” de Risco (ensaio)
- “Arredor de si” de Otero Pedrayo (novela)
- “Dos nosos tempos” de Cuevillas (ensaio)
- Teñen una función didáctica (pretenden ensinar).
Incluiremos a Castelao neste grupo por ser un colaborador do Grupo Nós.
1.2.- Autores
Vicente Risco: Obra Narrativa
- “Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros”: vida de ultratumba e cultura exipcia.
- “O lobo da xente”: lenda popular.
- “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”: lenda popular.
- “A coutada”: diálogo filosófico.
- “Os europeos en Abrantes”: sátira contra as persoas e a sociedade de Ourense.
- “O porco de pé”: cume da súa narrativa, representa a vulgaridade e materialismo dunha familia da nova burguesía en contraposición ó intelectualismo. É unha sátira contra as estructuras sociais; ten unha estética expresionista.
Ensaio (3 etapas):
- Pregaleguista: “Nós, os inadaptados”.
- Nacionalista: “Teoría do nacionalismo galego”.
- Postnacionalista: “Mitteleuropa”, impresións que recolle nunha viaxe por Europa; e “Leria”.
Ramón Otero Pedrayo
Toda a súa obra narrativa ten como protagonista a Galicia (excepto “Fra Vernero”) e ademais a Galicia do seu tempo (excepto “A romaría de Xelmírez”).
Realista:
- “Os camiños da vida”: a súa primeira novela, divídese en 3 partes: “Os señores da terra”, “A maorazga” e “O estudiante”.
- “Pantelas, home libre”
- “Contos do camiño e da rúa”
- “O mesón dos ermos”
Culturalista:
- “Arredor de si”: retrata a súa xeración a través do protagonista, Adrián Solovio.
- “Escrito na néboa”
- “Fra Vernero”
- “A romaría de Xelmírez”
- “Devalar”
Ensaio:
- Temas históricos: “Ensaio histórico sobre a cultura galega” e “Síntese histórica do s.XVII en Galicia”.
- Viaxes: “Peregrinaxes” e “Polos vieiros da saudade”.
- Lembranzas: “O libro dos amigos” e “O espello no serán”.
Florentino Cuevillas: Obra Narrativa
- “Dos nosos tempos”: referida á evolución intelectual do Grupo Nós.
- “Prosas galegas” (autobiográfica).
Castelao: Obra Narrativa
Aínda que Castelao non pertence estritamente ó Grupo Nós, incluímolo nesta etapa porque participou na revista Nós (como deseñador gráfico).
- “Un ollo de vidro”
- “Cousas”: destaca a súa innovación. Trata asuntos de temática variada e narra historias ou acontecementos; esta estrutura está presente en toda a obra narrativa de Castelao.
- “Retrincos”: colección de 5 contos:
- “O segredo” e “O inglés”: contan dúas anécdotas que lle ocorren de neno na Pampa arxentina.
- “Peito de lobo”: cando era estudante.
- “O retrato”: da súa etapa de médico.
- “Sabela”: o Castelao máis adulto.
- “Os dous de sempre”: única novela de Castelao, consta de 40 capítulos. Consiste nunha sucesión de relatos protagonizados por Pedriño e Rañolas.
Rafael Dieste
Obra narrativa:
- “Dos arquivos do trasno”: 20 relatos cun final aberto e sorprendente.
Obra ensaística:
- “Sempre en Galiza”: 14 pequenos textos divididos en 4 libros. Moi interesante dende o punto de vista literario.
Teatro do 1º Terzo do S.XX
A partir da aparición das Irmandades da Fala asistimos ó intento de levar a cabo un verdadeiro proxecto de teatro nacional e popular en Galicia. 3 grupos:
1.- Os Autores do “Movemento Inaugural”
Nacemento do Conservatorio Nacional de Arte Galega no seo das Irmandades en 1919. Finalidades:
- Representar obras que se desenvolvesen en ambientes de clase media ou alta para demostrar que o galego era válido para todos os rexistros.
- Temáticas que puidesen interesar ás minorías cultas.
- Ofertar teatro de calidade.
- Levar ó escenario obras largas.
- Preferencia pola estética naturalista.
Destacamos dúas figuras:
Cabanillas: Autor de 2 pezas teatrais: “A man da Santiña” (comedia con final feliz); e “O Mariscal” escrita en colaboración con Villar Ponte e trátase dunha traxedia en verso que xira arredor da figura do nobre Pardo de Cela.
A. Villar Ponte: A súa máis destacada contribución foi: “Os evanxeos da risa absoluta”.
2.- O Teatro do Grupo Nós
Risco, Castelao e Otero Pedrayo deixáronnos obras que son produto de calidade e interesantes para o público culto.
Risco: “O bufón de El-rei” (drama de carácter tráxico).
Otero Pedrayo:
- “A lagarada” (farsa tráxica na que se mesturan as escenas realistas con outras de carácter fantástico).
- “Teatro de máscaras” (conxunto de 16 pezas breves).
- “O desengano do priorio” (peza humorística que ten como asunto a implantación da industria dos cadaleiros no Ribeiro).
Castelao: “Os vellos non deben de namorarse” é a peza máis emblemática na historia da dramaturxia en lingua galega. O motivo do vello namorado repítese 3 veces en versións diferentes nos 3 lances de que consta a obra, cada un dos lances presenta uns elementos que teñen o seu paralelo nos outros:
- Vello namorado dunha moza.
- Mozo rival do vello.
- Morte (aparece como personaxe) personificada.
- Coro.
- Remata cun epílogo onde os vellos se encontran no cemiterio despois de mortos e coñecen noticias das súas mozas respectivas.
3.- Os Autores Relacionados coas Vangardas (Xeración do 22)
- Conxunto de autores con dúas características comúns:
- Autores novos.
- Relación próxima coas vangardas.
- Son os autores máis inclinados ó experimentalismo.
Xaime Quintanilla:
- “Donosiña”
- “Alén”: ambientada en Nova York.
Rafael Dieste: Autor dun dos textos máis significativos na historia da nosa dramaturxia, “A fiestra valdeira”, é unha comedia de carácter simbólico. O personaxe principal, Don Miguel, e un cadro no que este aparece retratado ollando a través dunha fiestra a un fondo mariñeiro constitúen o cadro da acción.
Tendencias da Lírica na Segunda Metade do Século XX
A guerra civil marca un antes e un despois na historia de todos os países e culturas que integran a España contemporánea. Durante os anos que dura a guerra aparecen algunhas obras en galego. Na primeira posguerra a literatura autóctona garda un obrigado silencio en Galicia. A creación en 1950 da Editorial Galaxia marca a recuperación da literatura en galego, o punto culminante dunha serie de sucesos positivos para a nosa lingua:
- “Cómaros verdes” de Aquilino Iglesia.
- Colección de poesía Benito Soto.
- Nacemento de pequenas empresas editoriais.
- Publicación dun suplemento chamado “La Noche”.
- Publicación de algunhas revistas literarias bilingües, como “Alba”.
Grupos e Tendencias Poéticas
En Galicia, a mingua da produción editorial entre 1936 e 1950 provoca a creación de 3 grupos simultáneos: a Xeración de 1936, a promoción de enlace e a Xeración dos 50 ou das Festas Minervais.
Xeración de 1936
Escritores nados entre 1910 e 1920 e formados no marco da 2ª República. Xa publicaran antes da guerra e un sector deles constituirá o grupo poético desde o exilio.
Aquilino Iglesia:
- “Señardá”
- “Corazón ó vento”
- “Cómaros verdes”: primeiro título importante da literatura galega de posguerra. Poemas que se afastan dos moldes formais clásicos. A paisaxe é o núcleo temático máis importante da obra, recorre a ela cun afán descritivo e sérvelle de pretexto lírico.
- “De día a día”
- “Lanza de soledá”
- “Nenías”
Álvaro Cunqueiro: “Dona do corpo delgado” (neotrobadorismo), “Herba aquí e acolá”.
Os poetas do exilio: Emilio Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela.
Celso Emilio Ferreiro: A temática da súa obra ten dous núcleos: o intimismo e a crítica social. Obras:
- “O soño sulagado” (vanguardista).
- “Longa noite de pedra”: consagrará a CEF como poeta social e con ela acadará un éxito formidable. A mensaxe que transmite é unha denuncia contra a opresión e o poder. Obra necesaria e imprescindible para comprender a verdadeira concepción da poesía que ten este autor.
- “Viaxe ao país dos ananos”: obra satírica que contén o cume da arte de CEF.
- “Cantigas de escarnio e maldecir”: (obra satírica).
- “Terra de ningures”, “Antipoemas”, “Onde o mundo chámase Celanova”.
A Promoción de Enlace
Nados entre 1920 e 1930, autodidactas; o seu acceso á cultura prodúcese nos anos 40, nun ambiente de extrema penuria e de illamento internacional. Toman os seus modelos da literatura española e escollen o castelán como medio de expresión. Actúan a xeito de bisagra entre a Xeración do 36 e a Xeración do 50.
Antón Tovar: “Arredores”, “Non”.
Luz Pozo Garza: “Códice Calixtino”, “Prometo a flor de loto”.
Manuel Cuña Novás: “Frauta na noite”, “Fabulario novo”.
Xeración dos 50 ou das Festas Minervais
Nacidos entre 1930 e 1940, non coñeceron a Guerra Civil. Teñen como referentes a Editorial Galaxia e Celso Emilio Ferreiro como autor prestixioso. Levan a cabo unha ruptura coa tradición literaria galega. Entre os feitos colectivos que acometen destacan:
- Restauración das Festas Minervais Compostelás.
- Colaboración no diario La Noche.
- Creación da colección literaria “Illa Nova”.
- Fundación da Editorial e do Grupo “Brais Pinto” en Madrid.
- Aparición do nacionalismo revolucionario.
- Fundan a Escola da Tebra: constitúe unha adaptación do surrealismo ó espazo cultural da lingua galega.
Manuel María: “Muiñeiro de brétemas”, “Morrendo a cada intre”, “Terra Chá”.
Uxío Novoneyra: “Os eidos”, “Os eidos. Libro do Courel”.
Xosé Luís Méndez Ferrín:
- “Voce na néboa”.
- “Con pólvora e magnolias”: obra que contribúe a renovar o ambiente da poesía galega contemporánea. É unha das que dá paso a unha nova etapa na historia da literatura galega. Temas: a nostalxia, o amor, relacionado co paso do tempo e co tema da morte. Destaca pola combinación de fórmulas estéticas vangardistas e polo simbolismo.
- Na mesma atrevida liña publica “O fin dun canto”, “Erótica” e “Estirpe”.
Tendencias da Narrativa Galega de Posguerra
Grupo de narradores caracterizados pola súa individualidade:
Ánxel Fole
- “Á lus do candil”, “Terra brava”: as dúas se desenvolven en terras do Courel e do Incio. Están narradas ó xeito dos contos orais.
- “Contos da néboa”: precedida por un prólogo no que o autor expresa as súas ideas sobre diversos temas.
- “Historias que ninguén cre”.
Lingua e estilo: Fole ten a intención de retratar unha Galicia misteriosa a través de crenzas populares ou lendas. Este desexo de ser fiel á realidade lévao ó emprego dunha prosa áxil e enxebre.
Álvaro Cunqueiro
- Libros de semblanzas: “Escola de menciñeiros”, “Xente de aquí e de acolá”, “Os outros feirantes”. Obras que conteñen breves semblanzas de tipos populares galegos. Retrata personaxes insólitos e curiosos.
- Narrativa longa:
- “Merlín e familia”: sucesión de historias relacionadas pola presenza do personaxe principal, o mago Merlín. Felipe de Amancia, paxe do mago Merlín, narra a historia.
- “As crónicas do Sochantre”.
- “Se o vello Sinbad volvese ás illas”: Sinbad, un mariñeiro vello, aparece como un vello soñador, fracasado e que sente a obriga de inventar historias diariamente diante de amigos e veciños para manter o prestixio.
Lingua e estilo: Para Cunqueiro o idioma galego é fundamental e para nós a súa obra constitúe un factor importante na recuperación do mesmo despois da Guerra Civil. Lingua literaria de base popular con trazos arcaizantes. O estilo é claro e elegante, elaborado e poético.
Eduardo Blanco Amor
A acción da súa obra desenvólvese sempre no mesmo marco espacial. Escritas en primeira persoa e con temas como o mundo da infancia ou o mundo da violencia e marxinación. Obras:
- “A esmorga”: é unha das mellores novelas da nosa literatura. Comeza cun pequeno paratexto no que un narrador-autor explica en 1ª persoa como chegou a coñecer a historia que vai contar. Esta comprende 5 capítulos nos que se transcriben as declaracións realizadas por un dos protagonistas, Cibrán Canedo “O Castizo”, ante un xuíz do cal nunca se rexistran as preguntas, que se poden inferir a través das respostas do acusado. Así, O Castizo fará de narrador dos acontecementos que lle ocorreron a el e máis ós seus compañeiros “O Bocas” e “O Milhomes”. Ó final da novela aparece de novo o narrador-autor para informar da morte de Cibrán.
- “Os biosbardos”: conxunto de 7 narracións curtas protagonizadas e contadas en primeira persoa por outros tantos rapaces nas que o autor nos presenta a Auria de principios de século da súa infancia.
- “Xente ao lonxe”: crónica da familia Villar.
Lingua e estilo: o galego que emprega o autor ó longo da súa obra narrativa é unha lingua que arrinca da fala popular para axeitala ás necesidades expresivas a través dun proceso de recreación e estilización.
Xosé Neira Vilas
As súas obras caracterízanse pola constante presenza do mundo rural galego de posguerra.
- Protagonista infantil: “Memorias dun neno labrego”, “Cartas a Lelo”, “Aqueles anos do Moncho”.
- Protagonista adulto: “Xente no rodicio”, “A muller de ferro”, “Querido Tomás”.
- Tema da emigración: “Camiño bretemoso”, “Historia de emigrantes”, “Remuíño de sombras”.
Libros para nenos: “O cabaliño de buxo”, “Marela Taravela”.
A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras Representativas
Nova Narrativa Galega denomínase un conxunto de textos literarios que viron a luz entre 1954 e 1980. Trátase dun grupo delimitado e claro de obras (17) cunhas características estéticas e biográficas dos seus autores (9) determinadas.
Os escritores deste movemento teñen unha procedencia social pequeno-burguesa e moitos deles participaron nas mesmas actividades (Festas Minervais, o diario La Noche...).
Moitas das obras máis representativas desta corrente foron publicadas na colección Illa Nova da Editorial Galaxia.
Entre os autores destacan:
- Gonzalo Rodríguez Mourullo: “Memoria de Tains”, “Nasce unha árbore” (inaugura a NNG).
- X.L. Méndez Ferrín: “Percival e outras historias”, “Arrabaldo do Norte”, “Retorno a Tagen Ata”.
- Camilo Gonsar: “Como calquera outro día”, “Cara a Times Square” (pecha o movemento).
- Anxel Vázquez Diéguez: “As ponlas baixas”.
- Xohán Casal: “O camiño de abaixo” (13 relatos marcados pola soidade).
- María Xosé Queizán: “A orella no buraco”.
- Xohana Torres: “Adiós, María”.
- Carlos Casares: “Vento ferido”, “Cambio en tres” (pecha o movemento).
- Lois Diéguez: “A torre de Babel”.
Caracterización
Características xerais:
- Expresión do absurdo da existencia nun mundo sen sentido.
- Intimismo e introspección.
- Recorrencia a un mundo simbólico.
- Obxectivismo.
Punto de vista e narrador:
- Multiperspectivismo.
- Predominio do monólogo interior.
Espazo e tempo:
- Ambientes urbanos, sórdidos.
- Xustaposición de planos temporais, sen orde cronolóxica.
Personaxes:
- Sen caracterización psicolóxica, anónimos.
- Violentos, agresivos.
O Teatro Galego Entre 1936 e 1976. A Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia
Cara a fins dos anos 40, os coros e agrupacións folclóricas abandonaron as representacións de carácter costumista e ata mediados dos 60 a actividade teatral será moi reducida.
Nos 50 distinguimos dúas liñas esenciais:
- Continuación do teatro de preguerra.
- Creación de fórmulas que enlazan os intentos de renovación antes da Guerra co esforzo das promocións do teatro independente.
Ricardo Carballo Calero: “O fillo”, “A farsa das zocas”, “O auto do prisioneiro”.
Jenaro Mariñas del Valle: “A serpe”, “Ramo cativo” (ambas do teatro popular), “A revolta”, “Loucura e morte do peregrino” (ambas do teatro social).
Álvaro Cunqueiro: “O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, “A noite vai como un río”.
Nos 60 hai unha serie de feitos que van constituír a xeira do “Teatro Independente”. Por un lado, este teatro funcionou como unha actividade cultural enfrontada á ditadura e, por outro, como unha verdadeira renovación estética e temática no teatro galego.
Manuel María: “Barriga Verde”, “Auto do taberneiro”, “Farsa do Bululú”.
En 1973 teñen lugar en Ribadavia a I Mostra e o I Certame Abrente de Teatro Galego. Participan sete grupos e os premios foron para “Zardigot” de Euloxio Ruibal, e “Farsa do Bululú” de Manuel María.
Desde 1973 ata 1980 as mostras celebradas en Ribadavia significaron unha verdadeira inxección de vitalidade para o teatro galego. Arredor destas mostras aparece o grupo Abrente, o primeiro conxunto de dramaturgos galegos ós que, xunto co seu interese por explorar novas tendencias, hai que atribuírlles unha concepción profesional do teatro galego.
MANUEL LOURENZO:
- Teatro mítico: “Electra”
- Experimental e crítica: drámatica urxente:“Magnetismo”,”A estratexia do narco”
- Ciclo histórico: “Xoana”
EULOXIO RODRIGEZ RUIBAL: Tres etapas
- Parábolas técnicas propias da linguaxe cinematogáfica que constitúen unha manifestación contra a violencia e a opresión “Zardigot”.
- Cómicas: “Azos de esguello” e “Unha macana de dote”
- Tráxicas: “Maremia”
ROBERTO VIDAL BOLAÑO: ”Cochos”, “Ledaíñas pola morte do meco” e “Saxo tenor”
TEMA 9: A LITERATURA NO EXILIO ENTRE 1936 E 1976
Por múltiples consecuencias o centro da actividade trasladouse a México e Bos Aires. Nesta última cidade os exiliados entraron en contacto con outros que emigraron antes das sublevación militar e comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións. Destacar o traballo de Castelao que se converteu en guieiro da liberdade de Galicia, destes anos son “Os vellos non deben namorarse”, “Sempre en Galiza” e “As cruces de pedra na Galiza”.
1.-POESÍA
Os seus autores pertencen a chamada xeración do 36
- EMILIO PITA: A súa primeira publicación no exilio “Jacobusland”. Mais tarde “Cantigas de nenos”, “Os relembros. As cantigas” e “O ronsel verdegal”. Na súa poesía alíanse musicalidade e elementos naturais con reiteracións no vocabulario.
- LUIS SEOANE: Fundou con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio de Formas de Galicia. A súa obra iniciase con “Fardel de exiliado” epopea anónima da emigración galega. Posteriormente publica “Na brétema, Sant-Iago”, “As cicatrices” e “A maior abondamento”
- LORENZO VARELA: Redactor na revista Romance e mais tarde da revista Taller. Publica “Catro poemas para catro gravados” coñecida co título “María Pita e tres retratos medievais”.”Lonxe” a súa mellor obra, trátase dun libro dominado pola angustia do desterro , tinguido pola saudade , nunha visión case onírica do afastamento de Galicia.
2.- NARRATIVA
- RAMÓN VALENZUELA OTERO: “O naranxo“, ”Non gardei por ninguén”novela que desenvólvese nos anos da guerra civil e “Era tempo de apandar” que mantén a temática da anterior.
- SILVIO SANTIAGO: “Vilardevós” con intención crítica social, na cal exalta o popular e “O silencio redimido” novela autobiográfica na que relata a época da súa condena.
3.-TEATRO
- MANUEL VARELA BUXÁN: A súa primeira obra “Se o sei... non volvo á casa” tivo gran éxito. Mais tarde escribiu “Pola nosa culpa”, “Taberna sen dono”, ”O ferreiro de Satán e Taberna sen dono” e “O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos”. O seu teatro é un teatro popular, de liña cómica e sentimental con ambientación no mundo rural.
TEMA 10:A POESÍA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI
A partir de mediados dos 70 asistimos a unha apertura sen precedentes na historia das nosas letras canto á diversidade de temática, cunha eclosión de voces e tendencias que se vai prolongar ata comezos do XXI.
Características:
- Reflexión sobre a propia linguaxe poética.
- Apertura temática, primeiro con actitude cosmopolita e logo regreso a temáticas sociais.
- Movemento en canto a presenza do “eu” poético.
- Incorporación de elementos procedentes das artes musicais e plásticas.
- Presenza de mulleres escritoras.
Este período pódese analizar en tres movementos:
1.- PRIMEIRA FASE: Revisión do canon poético socialrealista e inicio do cambio de rumbo. A partir dos anos 80, abandono da poesía comprometida e búscase novas pautas estéticas. Dúas obras que marcan este cambio: “Con pólvora e magnolias” de Xosé Luís Méndez Ferrín e “Herba aquí e acolá” de Álvaro Cunqueiro.
2.-APROMOCIÓN DOS 80: Grupo de autores que participan en revistas de expresión poética, en premios literarios ou colaboran en volumes colectivos. Características comúns:
- Formalismo: rexistro culto, preocupación pola forma...
- Establecemento do “eu” poético.
- Apertura temática: desacougo vital, problemática social e política...
- Aceptación do exemplo de Méndez Ferrín de “Con pólvora e magnolias” e de Álvaro Cunqueiro con “Herba aquí e acolá”
Principais tendencias e autores:
- Estética formalista ou culturalista:
- XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO: “O lume branco”
- XESÚS MANUEL LÓPEZ VALCÁRCEL: “En voz baixa”
- CLAUDIO RODRIGUEZ FER: “Vulva”
- RAMIRO FONTE: “Adeus Norte”
- MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO: “Trópico de lúas”
- MANUEL FORCADELA: “O regreso das ninfas”
- ROMÁN RAÑA
- A poesía da experiencia: linguaxe fluída , experiencias intimas e cotiás...
- MANUEL RIVAS: “Costa da Morte blues”
- CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS: “Mar do fin da terra”
- O experimentalismo:
- VICENTE ARAGUAS: “Xuvia”
- VICTOR VAQUEIRO: “Traxectorias”
- A recuperación da voz feminina:
- PILAR PALLARÉS
- XELA ARIAS: “Darío a diario”
- ANA ROMANÍ: ”Palabra de mar”
3.- A DECADA DOS 90 E OS INICIOS DO XXI: Características comúns:
- Presenza de voces femininas.
- Agrúpanse en colectivos poéticos.
- Procura de novos formatos para a difusión da poesía.
- Novas coleccións de comunicación poética e aumentan os certames literarios.
- Preocupación pola linguaxe.
- Ó carón dos temas clásicos deixarán ver o seu compromiso social e lingüístico en temas de actualidade.
Poetas e tendencias:
- Poesía de transición
- GONZALO NAVAZA: “A torre da derrotA”
- MIRO VILLAR
- Poesía provocadora e contestataria:
- MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: “Elas”
- YOLANDA CASTAÑO: “O libro da egoísta”
- OLGA NOVO: “A teta o sol”
- CHUS PATO -Poesía do íntimo e o cotián:
- FRAN ALONSO
- ESTEVO CREUS