A Poesía Galega do Século XX: Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,58 KB

A Poesía Galega do Século XX: Figuras Clave e Renovación

Celso Emilio Ferreiro: A Voz da Poesía Social

Celso Emilio Ferreiro é considerado o máximo representante en Galicia da poesía social. Rematada a guerra, instálase en Pontevedra, onde dirixe a colección de poesía Benito Soto.

O Soño Sulagado e a Escola da Tebra

A súa primeira obra é O soño sulagado. Nesta obra aparece unha voz persoal que ten en común coa chamada Escola da Tebra certos aspectos temáticos: intimismo, desacougo, extravío existencial, pero tamén alusións ao amor á súa nai e á súa muller, Moraima.

Longa Noite de Pedra: Símbolo da Ditadura

A publicación de Longa noite de pedra supuxo un grande acontecemento na poesía galega do século XX pola resonancia que tivo. O título do poema inicial e do propio libro foi interpretado como un símbolo da situación de España durante a ditadura: a longa noite de pedra da opresión, insolidariedade e falta de liberdade.

Conflúen nesta obra dúas liñas temáticas fundamentais: unha liña social, cívica, comunitaria de denuncia crítica, e outra, lírico-intimista, integrada por composicións nas que o poeta canta os paraísos perdidos e volve a vista atrás para invocar a infancia e a mocidade, cando as inxustizas aínda non eran coñecidas.

Longa noite de pedra supuxo a recuperación da poesía social tras a Guerra Civil. O poemario parte dun primeiro poema escrito durante o encarceramento e leva por título o mesmo ca obra, alegoría do longo período de represión franquista.

Exilio e Poesía Satírica

En 1966, emigrou a Venezuela en busca dunha Galicia máis libre e concienciada, e volveu defraudado. Contra esa realidade escribiu o libro Viaxe ao país dos ananos, enfocado dende o sarcasmo e a ironía. Froito da mesma experiencia persoal que motivou esa obra, son os seus libros de poesía satírica: Cantigas de escarnio e maldicir e Paco Pixiñas.

En Onde o mundo se chama Celanova predominan os poemas dedicados á súa muller, Moraima, e tamén a saudade provocada pola lembranza da súa vila natal.

Características Estilísticas da Obra de Ferreiro

  • Símbolos: positivos (a luz, a auga) e negativos (espada, prisión).
  • Recursos retóricos: repeticións e enumeracións, hipérbole, encabalgamentos.
  • Elementos temáticos: tópicos literarios e vocabulario abstracto.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Innovación e Ruptura

Xosé Luís Méndez Ferrín, nun comezo, en obras como Voce na néboa, cultivou a poesía existencial, de ton íntimo que reflicte unha visión pesimista e angustiada da vida e do futuro de Galicia, seguindo os parámetros da Escola da Tebra.

Continúa con poesía socialrealista en Antoloxía popular (publicada baixo o heterónimo de Heriberto Bens) ou en Sirventés pola destrución de Occitania.

Con Pólvora e Magnolias: A Renovación Poética

Pero en 1976 publica Con pólvora e magnolias, Premio Nacional da Crítica, obra que supuxo a renovación da poesía galega estancada no realismo crítico dos imitadores de Celso Emilio Ferreiro. Nesta obra alíanse a poesía revolucionaria co lirismo persoal e mais o luxo estético.

Os poemas discorren en versos libres, con resonancias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o surrealismo, o movemento beat, a lírica de Cunqueiro...

O ton xeral é nostálxico, mostrando a imposibilidade de recuperación do tempo e o triunfo da decadencia. Esta obra, de grande influencia noutros poetas máis novos, marca un distanciamento coa liña social-realista e propón novos temas, así como unha importante renovación formal: uso non convencional da sintaxe, maior riqueza léxica, numerosas referencias que abranguen a pintura, o cine, a música contemporánea...

Entradas relacionadas: