A Poesía Galega do Rexurdimento: Curros Enríquez e Eduardo Pondal
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 11,98 KB
Curros Enríquez: Obra e Legado
O Divino Sainete (1888)
Longo poema de carácter satírico-burlesco, con versos octosílabos de rima consoante. Segue o modelo da Divina Comedia de Dante Alighieri (1265-1321). A súa estrutura está composta por unha introdución e 8 cantos.
Motivo: En 1877, o papa León XIII convoca un xubileo con indulxencias plenas para as persoas que peregrinen a Roma.
ob a ebbsbradil an shnafabi to al/iasornb omeisorpor9
Temática
- Sátira anticlerical: Ataque aos eclesiásticos, papa incluído. Critica o negocio das peregrinacións.
- Sátira literaria: Denuncia do mal trato aos escritores pola sociedade e aos propios escritores.
esponois,
- Sátira de costumes: Ataques despiadados aos vicios humanos.
- Sátira social: Denuncia da situación da sociedade galega (labregos).
Argumento
Curros atopa en Madrid a Añón, quen preside a marcha da Santa Compaña. Os dous, con motivo do Xubileo de León XIII, deciden peregrinar a Roma nun tren de 7 vagóns.
Cada vagón leva o nome dun vicio humano e alí encóntrase:
- 1º: (A preguiza) Atopan ao xuíz Mella e ao bispo Rodrigo, que o condenaran por dous poemas de Aires da miña terra.
ого
- 2º: (A envexa) Emilia Pardo Bazán, desprezo por Rosalía e a literatura galega.
- 3º: (A gula) Frades devorando a Rosalía, Curros e Murguía.
- 4º: (A ira) Carlistas vencidos.
- 5º: (A luxuria) Beatas luxuriosas.
- 6º: (A avaricia) Prestamistas e un libreiro.
- 7º: Riquezas que levan como agasallos para o papa.
En Roma, o papa invítaos a xantar e Curros propónlle a renuncia ás riquezas da Igrexa. O papa acepta. Pero Añón non o cre e retorna á Santa Compaña.
Finalidade
(Carga contra a Igrexa, inimigos e autores)
- Crítica ás institucións de goberno e á Igrexa.
- Defensa do Rexurdimento e da autonomía da literatura galega.
- Sátira de inimigos persoais.
Principais Liñas da Poesía de Curros
Curros Enríquez defende as ideas de progreso, democracia, liberdade, república e galeguismo.
A ideoloxía de Curros está asentada en catro bases:
- Progresismo democrático: Defende as liberdades e dereitos individuais, canta os elementos do progreso e ataca a pena de morte e os abusos que cometen os poderosos.
- Compromiso social: Curros cre que ten a misión ética de denunciar a inxustiza e poñerse ao lado dos que sofren, dos maltratados, dos perseguidos, para ser a voz dos que non teñen voz.
- Anticlericalismo: Curros atacará a Igrexa Católica, o Papa, os xesuítas e os frades e clérigos de ideoloxía carlista.
- Galeguismo: Na súa etapa final, Curros combaterá a emigración a América.
Lingua e Estilo
Curros baseou o seu galego na fala popular, buscando unha lingua depurada de castelanismos (máis coidada que Rosalía, menos culta que Pondal).
A súa poesía ten unha intención didáctica e moralizante; a súa linguaxe procura a sinxeleza e a eficacia comunicativa. Curros utiliza recursos como a anáfora e o paralelismo.
Obra Poética
Tiña a literatura como ferramenta para loitar contra as inxustizas. Os ataques públicos nos poemas anticlericais deron a coñecer a Curros e fixeron que a súa obra tivese boa acollida. Porén, tamén o levaron a verse envolto en procesos xudiciais.
- A súa primeira obra publicada en galego foi Cántiga (1869).
- En 1873, publica Ben chegado.
- En 1877, preséntase ao Certame Literario de Ourense, que obrigaba a presentar un poema sobre costumes, tradicións e tipos populares. Obtén o primeiro premio con Unha boda en Einibó, A Virxe de Cristal e O queixeiro.
Aires da miña terra (1880)
Conta con 17 poemas na primeira edición e irá medrando ata chegar aos 36 na edición de 1886. Presenta a seguinte estrutura:
Introdución
- Conciencia da súa soidade como poeta en galego.
- Defende o idioma universal, papel que deberá cumprir o galego.
- Defensa do galego como lingua do pobo e como "o cristo das linguas".
Encomenda
- Esperanza.
- Propósito de seguir servindo a causa patriótica.
- Defensa do civismo e da sociedade contra as inxustizas.
099
Tres grandes apartados da poesía
- Sociais: Ós mozos, Mirando ó chau, O maio... Denuncia o caciquismo, os abusos do poder (aos labregos) e defende aspectos do seu ideario progresista.
- Intimistas: Teñen orixe nun acontecemento persoal e familiar: Ben chegado (nacemento do seu 1º fillo); ¡Ai! (morte do seu 2º fillo); Na morte da miña nai e a soidade.
- Costumistas: Os tres cos que gañou o Certame Literario de Ourense (1877).
Conta cunha rima asonante nos versos pares, quedando soltos os impares, e conta con arte maior.
Eduardo Pondal: Temas e Obras
Principais Liñas Temáticas
Ossianismo
Influenciado por Macpherson, creador da figura do bardo Ossián para espallar os seus poemas creados a partir da tradición oral escocesa sobre mitos de heroes celtas:
- Utilizou a toponimia, empregando os nomes dos heroes celtas.
- Figura do bardo de Ossián, pero en Galicia.
Bardismo
Atribúese o papel de guieiro dos galegos, creando un esplendoroso pasado celta para devolverlles o orgullo perdido. Trazos do bardo:
- O poeta identifícase co bardo (sacerdote-poeta-adiviño celta, transmisor da sabedoría da tribo, destinado a inculcar o orgullo) e coas aves (símbolo de liberdade). É un guía polo seu aspecto, vestimenta, actitude, barba (patriótico), e pola súa tendencia á melancolía e soidade.
- Portador de dignidade.
Celtismo
- Considera a raza celta como verdadeira raíz da nosa nación.
- Considera as diferenzas culturais da península por ser descendente dos celtas, o que ademais os emparentaba coas nacións atlánticas.
- Era a figura máis senlleira da Cova Céltica (libraría).
- Ante a necesidade de crear unha mitoloxía inexistente, usou a toponimia galega (bergantiñán para nomear a heroes) e recorreu a mitoloxías análogas celtas e greco-latinas.
Helenismo
Forma de tradición culta que recrea a tradición popular a través dos mitos con métricas clásicas. Pondal adopta influencias helénicas para fornecer o galego dunha poesía culta. Trazos da cultura helénica:
- Presenza de palabras gregas.
- Caracterización militar dos heroes (visión militarista).
- Uso dun ton poético próximo á arenga militar.
- Alusión a criaturas míticas helénicas.
Iberismo
Pondal soña coa futura unión ibérica, con Galiza facendo o papel de ponte entre hispanos e lusitanos. A lingua é a bandeira de redención galega, ademais do vínculo de unión con Portugal. A fala galega é a "fala de Breogán", o "verbo de Camões", a mesma entre galegos e portugueses. Pondal manifesta o ideario federalista.
Simbolismo e Paisaxe
A natureza ocupa un papel moi relevante, onde a través dela fala o bardo, moitas veces ligada á memoria do pasado histórico. Unhas veces aparece personificada, outras reveladora e outras con valor de símbolo:
- Árbore: raíz (pasado colectivo), tronco (presente), copa (futuro, idade dourada).
- Vento: sacode as árbores e emite sons que o bardo interpreta.
- Aves: transuntos do bardo, ansia espiritual.
- Fraga: fogar do bardo.
Misoxinia
Abórdase a relación entre o bardo e as mulleres. Aparecen como presa de caza ou froito á disposición do home. A relación amorosa preséntase como un combate (vencedor e vencida).
Adxectivos como "feminino"... (asociados ás ideas de brandura, suavidade, pequenez, submisión ou covardía) son considerados negativos.
Obras máis Destacadas
Queixumes dos Pinos (1886)
91 poemas; 89 en galego e 2 bilingües, cunha estrutura circular:
- Inicio: canto dun "Bo bergantiñán".
- Desenvolvemento: "servidume da patria".
- Peche: o bergantiñán alude á "Escravitude dos eidos".
Temática (reducida, repetitiva)
- Evocación do pasado celta glorioso.
- Exhortación aos galegos para loitaren pola dignidade no presente.
- Incomprensión ao bardo.
- Morte digna e heroica.
- Posesión sexual violenta da muller.
- Reivindicación do galego.
- O paso do tempo.
Estilo
- Depuración de castelanismos.
- Uso frecuente da metonimia e recursos estilísticos da literatura culta: paralelismos, hipérbato, hipérbole, símil...
- Mestura de elementos propios da fala de Bergantiños con cultismos, topónimos e antropónimos celtas.
- Escasa presenza do diminutivo: -iño/-a.
- Valor simbólico dos elementos da natureza.
Os Pinos: As primeiras estrofas foron elixidas polos emigrados en Cuba como letra para un himno. Na actualidade é o himno galego oficial.
Os Eoas
Na súa xuventude, Pondal comeza a escribir estrofas para un monumental traballo literario que, debido á súa ansia de perfección, nunca logrou acabalo: Os Eoas.
Eoas significa en grego "fillos do sol". Así lles chamaban os indíxenas americanos aos españois que desembarcaran nas súas terras.
Fontes
- Extracto do diario de Colón e do Frei Bartolomé de las Casas.
- Os Lusíadas de Camões.
Argumento: Extenso poema epopeico que relata a grande aventura de Colón.
Problemas de Edición
- Tema obsoleto, demasiado parecido coa obra de Camões.
- O imperialismo español opoñíase ao galeguismo pondaliano.
- Enorme extensión do poema e uso dunha lingua culta (difícil comprensión).
Lingua e Estilo de Pondal
Foi o escritor galego do século XIX que máis se esforzou por crear un rexistro culto, refinado e literario para o idioma. Introduce cultismos (gregos e latinos), evita vulgarismos e castelanismos.
Caracterízase pola escasa utilización dos diminutivos e abundante uso de:
- Adxectivos opostos (masculino/feminino).
- Epítetos (garrido, lanzal, esquivo...) e frases feitas.
- Elementos naturais como símbolos: aves (liberdade, tristura, paso do tempo); piñeiros (pasado histórico celta e memoria colectiva).
- Topónimos e antropónimos celtas e clásicos.
- Cultismos (grego e latín) e paralelismos.