A Poesía Galega na Diáspora: Autores e Temas do Exilio

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,14 KB

A poesía galega na diáspora

A poesía foi o xénero máis utilizado no exilio, cunhas liñas temáticas que estaban vetadas na Galicia franquista ou sobre os problemas do desterro.

Luís Seoane: Un intelectual polifacético

Foi un intelectual de actividade variada. Ilustrou os primeiros libros de Cunqueiro. Ademais, participou na oposición á ditadura de Primo de Rivera, ingresando no Partido Galeguista e conseguindo fuxir ao inicio da guerra.

En Bos Aires, a onde fuxiu, comezou unha actividade en favor da democracia e a cultura galega, destacando:

  • Traballo en diferentes xornais e revistas.
  • A publicación dos poemarios Na brétema e Sant-iago.
  • A fundación de editoriais como “Citania”.

En 1963, Seoane regresou a Galicia para expoñer a súa obra pictórica e colaborou co nacionalismo de esquerdas. Creou Sargadelos con Isaac Díaz Pardo.

A poesía de Seoane foi pouco coñecida e valorada, por ter publicado en Arxentina e pola súa ideoloxía nacionalista e de filosofía marxista. Tamén publicou A maior abondamento.

A súa poesía ten os seguintes trazos:

  • Estilo realista, case xornalístico, sobrio e sen metáforas.
  • Temática social, como a emigración, vista como unha epopea desde a perspectiva dos emigrantes. Tiña tamén unha visión mítico-reivindicativa de Galicia, desde os celtas e os irmandiños.
  • Dominio do verso longo, cunha despreocupación pola ornamentación.
  • Escaseza de poemas persoais, onde fale o eu de Seoane.

Lorenzo Varela: Poesía do exilio e da memoria

Era un fillo de emigrantes que combateu na guerra polo bando republicano e, ao terminar esta, exiliouse en Bos Aires, colaborando en iniciativas culturais.

Publicou Catro poemas pra catro gravados, con gravados de Seoane, que trata catro figuras da Galicia medieval (María Pita, María Balteira, Roi Xordo e o bispo Adaúlfo). Tamén publicou Lonxe, que trata sobre a saudade da terra e a Guerra Civil.

Emilio Pita: Nostalxia e denuncia

Emigrou a Arxentina onde animou iniciativas culturais galeguistas. Publicou Jacobusland e Cantigas de nenos, cuxa temática céntrase na nostalxia por Galicia, na condición de emigrante, na denuncia da opresión franquista e nas vivencias persoais.

Florencio Delgado Gurriarán: Evocacións e paisaxes

Exiliouse en México despois da guerra, publicando Galicia infinda, con evocacións da terra natal e descricións das paisaxes mexicanas, en clave hilozoísta.

Ernesto Guerra da Cal: Vangarda e neotrobadorismo

Foi profesor e catedrático da Universidade de Nova York. Empregaba imaxes orixinais e vangardistas, con ecos neotrobadorescos.

Eduardo Blanco Amor: Un cancioneiro heteroxéneo

Editou na posguerra en Bos Aires o seu Cancioneiro, un libro heteroxéneo. Os temas eran o drama da soidade e o desengano amoroso. Mestura poemas breves e longos, arte menor e arte maior, de exaltación nacionalista e poemas amorosos...

Entradas relacionadas: