Poesía e narrativa galega entre 1936 e 1976: xeracións e movementos literarios

Español6,9 KB

Poesía e narrativa galega entre 1936 e 1976

O fin da guerra supón unha ruptura histórica e cultural en Galicia, e no exilio continúa o labor a prol de Galicia. En Galiza, o galeguismo sobrevive na clandestinidade. Aparece Galaxia e inícase en 1950 a recuperación das letras: vólvense publicar libros en galego. Neste renacer, establécense tres xeracións ou promocións poéticas.

Xeración do 36

Constituída por poetas que naceron entre 1910 e 1920, que viviron a guerra civil e se formaron na República. Cultivaron tendencias poéticas como o hilozoísmo, o neotrobadorismo, o paisaxismo, o clasicismo, o intimismo radical e aportaron o socialrealismo (denuncia das inxustizas da sociedade), que é a maior achega dos poetas desta xeración.

  • Díaz Castro dominou case todas as linguas europeas. Publicou Nimbos, no que se inclúe o poema "Penélope", metáfora de Galicia.
  • Carballo Calero foi autor dunha das primeiras historias da nosa literatura, e escritor de poesía, narrativa e teatro. Publicou Anxo da terra, caracterizada polo clasicismo, o contido e o intelectualismo.
  • María Mariño viviu afastada do mundo cultural durante anos nas montañas do Courel, mergullada nun intimismo radical e filosófico que recorda a Rosalía. Palabra no tempo.
  • Celso Emilio Ferreiro amosa as temáticas do intimismo, o socialrealismo e a sátira. Con Longa noite de pedra inicia a poética do compromiso no socialrealismo, debido ás circunstancias políticas do momento. Viaxe ao país dos ananos recolle a súa experiencia venezolana e critica aos dirixentes dos centros galegos, amosándonos unha visión degradada da emigración e desprezando a sociedade contemporánea (consumismo, militarismo, falta de solidariedade).

Promoción de Enlace

Inclúense os poetas nados nos anos 1920 e 1930 que acceden á cultura nos anos 40, nun ambiente de penuria e de illamento internacional, polo que carecen de información sobre o nacionalismo galego e do acceso aos grandes feitos doutrinais contemporáneos.

  • Antón Tovar caracterízase pola sinxeleza expresiva e a musicalidade da súa poesía. Trata temas pesimistas da vida, como o paso do tempo, a soidade e a infancia perdida, con obras como Non.
  • Tamén destaca Luz Pozo Garza con Códice Calixtino.

Xeración das Festas Minervais

Nados entre 1930 e 1940, tratan temas da superación das tendencias poéticas de preguerra e as referencias á realidade social en que viven (socialrealismo). Esta xeración non coñeceu a guerra civil, aínda que se desenvolve dentro dos seus resultados e é educada no réxime fascista. Evolucionaron desde o existencialismo (formaron parte da Escola da Tebra) até o socialrealismo.

  • Uxío Novoneyra recibe influencias da lírica paisaxística cunha personalidade propia, segundo a crítica. A paisaxe é contemplada como algo místico, un todo no que o home desaparece. Obra: Os eidos.
  • Manuel María dedicouse a escribir sobre Galicia de maneira reivindicativa, co seu tempo. Na liña paisaxística cargada de sentimento destacamos a obra Terra Chá.
  • Por último, Méndez Ferrín foi influenciado polo nacionalismo galego moderno e destacou coa obra Con pólvora e magnolias, que supuxo o fin da poesía socialrealista.

A Nova Narrativa Galega

Grupo de escritores e escritoras nados entre 1930 e 1940, que comezan a escribir a finais dos anos 50 e na década dos 60. Incorporan ás nosas letras novos modelos culturais e novos procedementos técnicos, nos que se asimilan os modelos literarios dos narradores europeos e americanos máis importantes do século XX e tamén do francés. Este movemento inicíase en 1954 coa publicación do libro de relatos de Gonzalo R. Mourullo, Nace unha árbore.

Trazos da NNG

  • Intención de aplicar nos seus textos novas formas narrativas, e manifestan vontade de ruptura co que se viña facendo na literatura galega anterior.
  • Crear unha literatura artificial como recurso para fuxir do mundo hostil que os rodeaba, cheo de carencias.
  • Compromiso total coa lingua galega, mantendo unha práctica monolingüe en galego e unha actividade galeguista.

Esta xeración tivo catro acontecementos clave: a celebración das Festas Minervais, a colaboración periodística no xornal La Noche de Santiago, a creación da colección Illa Nova da editorial Galaxia e a fundación do grupo Brais Pinto (loita política de carácter anarcoide e de pensamento nacionalista).

Características literarias comúns

  • Creación de mundos literarios artificiais, evitando a descrición realista do agro galego.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desequilibrados e violentos.
  • Tratamento intensivo do tema do absurdo existencial (sentimento de anguria no lector) e tratamento do tema sexual con liberdade.
  • Presenza reiterada da violencia e fusión do real co fantástico ou sobrenatural.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.
  • Emprego dos mesmos recursos técnicos: monólogo interior, diferentes voces narradoras nun mesmo relato e alternancia de planos temporais.

Autores principais

  • Suárez-Llanos: Como calquera outro día, que transcorre en dous espazos e tempos distintos.
  • Gonzalo R. Mourullo: Memorias de Tains e 7 cartas a diferentes destinatarios, onde os personaxes actúan movidos por un destino tráxico que crea un clima de angustia.
  • Méndez Ferrín: Percival e outras historias; O crepúsculo e as formigas, onde as persoas camiñan como formigas en fila cara a un destino tráxico; e Arrabaldo do Norte, que emprega a técnica obxectalista para describir un home perdido nun arrabalde urbano.
  • María Xosé Queizán: figura destacada do feminismo e do nacionalismo galegos, con A orella no buraco, unha ruptura da secuencia temporal a través da cal amosa tres situacións autobiográficas da protagonista.
  • Carlos Casares: inicia un retorno ao país concreto sen deixar de incorporar os novos procedementos narrativos. Vento ferido emprega as innovacións técnicas da nova narrativa, e Cambio en tres mestura experimentalismo e realismo crítico.
  • Xohana Torres: Adiós, María, que amosa o enfrontamento entre o mundo rural e o urbano a través das experiencias dunha rapaza. Obra que pon fin ao movemento en 1971.

Descargar

PDF Word HTML