A Poesía das Irmandades da Fala
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 9,04 KB
A Poesía das Irmandades da Fala
Contexto Histórico e Social
En 1930, a poboación galega chegou a 2,3 millóns de habitantes, a pesar da emigración das décadas precedentes. Comezou un proceso de concentración en espazos urbanos e un progresivo despoboamento da Galiza interior.
A economía era atrasada e dependente, caracterizada pola explotación de materias primas e a escasísima industrialización, así como pola constante fuga de capitais e recursos humanos e a precariedade nas vías de comunicación.
Na agricultura, iníciase unha certa renovación grazas á mecanización e un tímido desenvolvemento na industria.
En canto ao tema político, destaca a aparición do agrarismo, que é un movemento de masas campesiñas que loita pola redención ou abolición dos foros e pola mellora das condicións de vida no agro. Destacan Solidaridad Gallega e a Liga de Acción Gallega liderada por Basilio Álvarez.
O proletariado é numericamente pequeno, pouco homoxéneo e está disperso en pequenas empresas. Destaca a creación de sindicatos como a UGT e a CNT-CRG.
As Irmandades da Fala
No ano 1916 fúndase na Coruña a primeira Irmandade da Fala (derivada do espírito nacionalista galego moderno), dirixida por Antón Villar Ponte. Axiña xorden outras Irmandades en moitas vilas e cidades. Os dous núcleos máis importantes foron A Coruña e Ourense. Esta nova asociación crea como voceiro un boletín chamado A Nosa Terra.
As Irmandades da Fala foron o elemento que fixo reaccionar á sociedade galega. En poucos anos conseguiron un aumento no número de falantes de galego culto. Esta actividade que emprenderon significou:
- A existencia dun novo discurso reivindicador e dignificador do idioma, procura a coherencia total entre a teoría e a práctica lingüística.
- Un avanzo no progreso de estandarización e creación dun rexistro culto.
- Unha enorme forza, cuantitativa e cualitativa, no emprego literario do galego.
- A ruptura das pautas diglósicas, ao empregar a lingua en novos ámbitos: usos eclesiásticos, propaganda política e comercial, conferencias, radio, escola...
- O inicio da recuperación da auténtica toponimia galega.
- A creación de editoriais dedicadas á potenciación e diversificación do libro en galego como Nós.
- A fundación de compañías teatrais, cadros de declamación e coros músico-vocais que rescatan e dignifican o baile galego.
- A creación de publicacións periódicas monolingües como A Nosa Terra.
- A posta en marcha de entidades científico-culturais como o Seminario de Estudos Galegos.
A implicación das Irmandades da Fala no ensino deu como resultado a primeira revista infantil na nosa lingua: As roladas e a creación na Coruña das Escolas de Insiño Galego. Ademais, houbo iniciativas excepcionais no ámbito da Igrexa.
Fúndase o Partido Galeguista en 1931 que canaliza as reivindicacións lingüísticas das Irmandades que recolle como obxectivos do seu programa a galeguización do ensino e a cooficialidade do galego e o español. Tamén participa decisivamente no proceso de elaboración do primeiro Estatuto de Autonomía de Galiza (aprobado en 1936) no que se proclamaba por primeira vez a oficialidade do galego e o dereito ao seu uso na escola (a pesar de que a guerra e o triunfo franquista posterior impediron a súa aplicación).
A Literatura Galega e as Irmandades
Ao principiar o século XX, a literatura galega vivía un momento problemático pois a calidade dos textos era inferior á do Rexurdimento e a prensa en galego desaparecera; por último, a narrativa e o teatro seguían sendo xéneros de escasos resultados.
Neste contexto, as Irmandades dinamizaron o panorama literario pois:
- Apostaron pola renovación estética, formal e temática.
- Promoveron o cultivo do galego mediante concursos, xornais e editoriais como Céltiga, Lar e Nós.
- Traduciron por primeira vez obras da literatura universal.
- Diversificaron os xéneros, dotando dunha maior pluralidade o panorama creativo.
- Potenciaron a escrita de obras dramáticas e favoreceron a constitución de diversas compañías teatrais e coros populares.
Antonio Noriega Varela
É autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da súa vida: na primeira edición Montañesas pero a partir da terceira: Do ermo. Coñecido como “Poeta da montaña”, entra en contacto co grupo Nós na segunda década do século e co Saudosismo portugués. Dúas tendencias:
- O ruralismo costumista decimonónico. Correspóndese coa primeira parte da obra e a temática redúcese ao descritivismo paisaxístico e a glosar a ruda vida dos campesiños da montaña luguesa.
- A influencia modernista e saudosista. A partir de certo momento os seus poemas revelan a lectura de Rubén Darío e de Teixeira (creador do Saudosismo). Convertendo a súa poesía en unha culta e refinada aínda que segue tendo como tema a paisaxe. Convértese en poeta das cousas pequenas, franciscanismo.
Ramón Cabanillas
Cabanillas está considerado un dos poetas máis importantes da historia da literatura galega. Encádrase na xeración das Irmandades. Como escritor alcanza especial fecundidade nos anos vinte e participa nas principais empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos a publicacións como A Nosa Terra, Rexurdimento. De feito, as Irmandades fixeron da súa obra un auténtico estandarte ao cualificalo como “Poeta de Raza”.
A súa obra é rica e plural. Nela incorpora rexistros e temáticas pouco frecuentadas até entón na poesía galega, ao tempo que renova o discurso poético mediante un novo tratamento en que se combinan sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da lingua. A súa estética constitúe unha síntese de dúas clases de elementos básicos:
- Elementos tradicionais: a literatura clásica greco-latina (Horacio); o romanticismo tardío europeo, o folclore popular galego e os mestres do Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal).
- Elementos novos procedentes do Modernismo hispanoamericano (Rubén Darío), do Saudosismo portugués e do Simbolismo e Postsimbolismo da segunda metade do século XIX.
Do Modernismo adopta os versos alexandrinos; o gusto pola sensualidade; a musicalidade; o preciosismo verbal e os efectos coloristas. Ademais do gusto polos motivos folclóricos e o emprego dun léxico mariñeiro/rural.
Cabanillas é un poeta comprometido, afastado do l’art pour l’art (facer algo artístico sen conectarse coa realidade).
Aínda que é un poeta tardío, a súa lonxevidade e fecundidade literaria fan que ao longo da súa época experimente unha evolución, tanto no aspecto formal como nas preferencias temáticas.
Etapa de formación ou pregaleguista (1910-1915)
Publica No desterro e Vento mareiro onde se aprecia unha asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados métricos e estilísticos do Modernismo. En canto á temática, os poemas expresan a nostalxia do desterrado e un reducido número de composicións que mostran a voz dun poeta civil (denuncia a situación do galego).
Etapa galeguista (1916-1920)
A esta etapa pertence a obra Da terra asoballada. Cabanillas asume o papel de poeta civil e Galiza pasa a ser suxeito da súa poesía, asumindo tamén o ideario das Irmandades: o papel fundamental do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés, Portugal como prolongación cultural de Galiza (empregando a oposición máis Galiza e menos Castela).
Etapa místico-seudosista (1921-1930)
Cabanillas leva a cabo unha reconstrucción mitificadora do pasado nacional (busca mitos e personaxes mitolóxicos que guíen a Galiza) e encóntraos na época celta, época medieval e na crise do século XV.
Na noite estrelecida está composto por tres longos poemas narrativos ou sagas: “A espada de Escalibor”, “O cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”. Emprende unha galeguización da materia de Bretaña situando a espada Escalibor na illa de Sálvora, narrando como o cabaleiro de Sant-Grial ven a Galiza a buscalo e este aparece na montaña do Cebeiro.
No tocante á versificación, vota man de metros antes inusuais na súa obra como o alexandrino (nunca empregado antes na literatura galega) alternándoo con outras estrofas populares ou con romances.
Tamén destaca a súa obra teatral O bendito San Amaro de forma narrativa o autor desenvolve a lenda deste santo e A rosa de cen follas.
Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959)
A partir de 1931 Cabanillas enmudece como poeta e volve a rexurdir na recuperación cultural galega de posguerra con Antífona da cantiga, Versos de alleas terras e versos idos e Samos.