A Poesía da Xeración 1936: Autores, Correntes e Legado na Literatura Galega

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,49 KB

A Xeración 1936

Escritores nacidos entre 1910 e 1920 e formados no marco da 2ª República.

Direccións Poéticas e Autores

  • Imaxinismo (baseado na 1ª imaxe poética e iniciado en Galicia, terá notable éxito nos poetas desta xeración. Entre eles, Emilio Pita deixa sentir a influencia de Lorca.)
  • Neotrobadorismo (Xorde no período de preguerra e caracterízase pola reelaboración das formas trovadorescas galego-portuguesas. Destacan aquí Xosé María Álvarez Blázquez e Álvaro Cunqueiro.)
  • Clasicismo (Algúns poetas como Ricardo Carballo, Xosé Díaz, Xosé Mª Álvarez Blázquez... farán un aproveitamento diferente ao de Pondal de certas formas e metros clásicos en poemas de ton intimista.)
  • Intimismo Radical (Esta corrente non terá moitos continuadores, pero terá agora a Mª Mariño, unha continuadora de Rosalía.)
  • Ruralismo (Esta liña ten como referentes a Noriega Varela e Xosé Crecente Vega. Na Xeración do 36, os poetas Aquilino Iglesias e Xosé Mª Díaz Castro saberán ennobecela con resonancias virxilianas.)
  • Socialrealismo (Trátase da maior achega dos poetas desta xeración. A liña de denuncia cívica será retomada por poetas como Luís Seoane, Celso Emilio Ferreiro...).

Aquilino Iglesias

Autor nacido nunha etapa ponte entre a Xeración do 25 e a do 36. Desenvolve un importante labor poético que continuará no período da posguerra. Pasa polas aulas do Seminario de Mondoñedo, onde adquire unha sólida formación humanística. Exerce como catedrático de Latín e traduce para o galego textos clásicos grecolatinos. Grande interese pola lexicografía galega.

Obras destacadas

  • Señardá (Colección de sonetos de notable perfección formal.)
  • Corazón ao vento (Manifesta certa vontade renovadora que se manifesta na procura de novas formas rítmicas.)
  • Cómaros verdes (É o primeiro título poético importante da literatura galega de posguerra. Atópanse poemas nos que continúa afastándose dos moldes formais clásicos; o mellor da poesía aparece baixo o rigor das formas clásicas. A influencia de Amado Carballo segue presente. Tamén atopamos poemas neotrobadorescos, outros cunha notable influencia de Lorca, etc. A paisaxe convértese no núcleo temático.)
  • De día a día (Liñas líricas e influencias de Horacio e Virxilio.)
  • Lanzá de soidade (Está conformada por 45 poemas dos que todos menos o 1º e o último son sonetos.)
  • Nenias (Cantos fúnebres en lembranza de poetas galegos.)

Álvaro Cunqueiro

Probablemente sexa a súa obra en prosa a que máis fama lle dá; sen embargo, tamén ten algunha obra poética.

Obras poéticas

  • Mar ao norde (Poemario de corte vangardista e temática marítima, achégase a posicións próximas ás de Manuel Antonio e reacciona contra o contexto literario dominante á vez que reivindica a pureza. O resultado é un conxunto de breves poemas, bastante abstractos.)
  • Poemas de si e non (Continúa a liña vangardista da obra anterior, agora con temática erótica. Incorpora novos aspectos formais entre os que se detecta unha certa influencia do surrealismo.)
  • Cántiga nova que se chama riveira (Achégase ao neotrobadorismo.)
  • Dona do corpo delgado (O ton lírico do poeta xira cara ao elexíaco, a melancolía, e unha visión pesimista do mundo. Inspirados na nosa lírica medieval, rinde unha homenaxe aos poetas franceses François Villon e Pierre Ronsard.)
  • Herba de aquí e acolá (Dous apartados: “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. No 1º realiza un percorrido intertextual a través da recreación de personaxes históricos e literarios. En “Vellas sombras e novos cantos” atópanse os versos máis tristes e melancólicos.)

Cunqueiro na Literatura Galega

A ruptura vangardista, a dimensión lúdica, a ironía; a sensualidade, o vitalismo, a melancolía (que predomina na súa última etapa), xunto co xogo de intertextualidade e o cultismo constitúen algunhas características.

Os Poetas do Exilio

Algunhas coincidencias circunstanciais, temáticas e estilísticas que se dan entre os poetas do exilio permítenos falar dun grupo poético constituído por: Emilio Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela.

Luís Seoane

Luís Seoane escribiu catro libros de poemas en galego:

  • Fardel de eisilado
  • Na brétema Sant-Iago
  • As cicatrices
  • Maior abandonamento

Celso Emilio Ferreiro

É un dos poetas máis destacados da Xeración do 36. Máximo representante da poesía social en Galicia. Fillo dun membro das Irmandades da Fala, o galeguismo será un dos principios educativos nos que se forme desde pequeno. A súa afección pola creación poética maniféstase desde moi cedo.

Traxectoria e Contexto

Na década que precede ao estalido da Guerra Civil coñece aos membros do Cenáculo Ourensán (os poetas galegos de preguerra), principia o seu labor literario e funda con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas de Celanova. Fixo a guerra na fronte de Asturias, recrutado pola facción insurrecta do exército. A denuncia dunha veciña levouno ao cárcere, no mosteiro de Celanova. Desa experiencia nacería o poema Longa noite de pedra. Comeza a estudar dereito e diplómase en Maxisterio.

É funcionario de Facenda en Pontevedra; alí participa en diversas empresas culturais, entre as que salienta a dirección da colección de poesía Benito Soto (pirata sanguinaria adaptada á historia da piratería galega). Nos anos 50 e primeiros do 60 vive en Vigo e desempeña diversas actividades profesionais e literarias: codirixe a revista literaria Alba, colabora nas revistas Litoral e Papeles de Son Armadans e no Faro de Vigo, publica tamén na revista Vieiros.

En 1966 emigra a Venezuela. Con todo, a súa experiencia americana produciralle unha fonda decepción persoal, ao non atopar o ambiente que esperaba entre a colonia de emigrantes galegos na capital venezolana. Testemuño disto queda nalgunha das súas obras poéticas: Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldecir.

En 1973 instálase en Madrid, alí exerce como xornalista, e acepta dirixir a Cátedra de Lingua e Literatura do Ateneo Científico, Literario e Artístico. Finalmente morre en Vigo en 1979.

Obra

É unha poesía social e realista. A súa obra trátase dunha serie de poemas feitos en colaboración con Xosé Velo, publicados en follas soltas e distribuídos por correo baixo o título Cartafol de poesía. En 1951 publica Musa alemá.

Principais Títulos

  • O soño sulagado (O seu 1º libro orixinal en galego. Nel presenta as súas principais vías poéticas: intimismo confesional e crítica social. O tema recorrente é a saudade polo paraíso perdido, que se identifica coa súa infancia en Celanova. Atopamos algúns dos mellores poemas.)
  • Longa noite de pedra (Obra necesaria por diversas razóns e imprescindible para comprender a verdadeira concepción da poesía que ten este autor.)
  • Viaxe ao país dos ananos (Segundo un sector ben documentado da crítica, o cume da arte de Celso Emilio, aínda que a el lle custou non poucas inimizades.)
  • Cantigas de escarnio e maldecir (Publicada baixo o pseudónimo de Arístides Silveira, comeza a desenvolver unha liña caracterizada pola invectiva individualizada.)
  • Terra de ningures (Obra de liña neopopulista na que volve a predominar o desasosego persoal e social.)
  • Paco Pixiñas (Ton satírico.)
  • Antipoemas (Abunda na sátira ideolóxica e moral.)
  • Cimenterio privado (Segue a liña anterior.)
  • Onde o mundo chámase Celanova (Reúne as liñas poéticas que este cultivou preferentemente ao longo da súa obra: a saudosa e a sarcástica. Cómpre destacar a presenza dalgúns poemas amorosos, que teñen como referente a súa muller.)

Celso Emilio na Literatura Galega

É un dos nomes importantes da literatura galega do S. XX. A súa influencia traspasa os límites da historia. Os seus textos, máis que os de ningún outro escritor contemporáneo.

Entradas relacionadas: