Pobos Prerromanos da Península Ibérica: Íberos, Celtas e Celtíberos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,29 KB

Os Pobos Prerromanos da Península Ibérica

Durante o primeiro milenio a.C., a Península Ibérica dividiuse en dúas grandes áreas culturais: a cultura celta e a cultura íbera. Na área de contacto entre ambos os pobos xurdiu unha cultura con características mixtas que se denomina celtíbera.

Os Íberos: Sur e Costa Mediterránea

Os íberos asentáronse no sur da Península e na costa mediterránea. Eran un conxunto de pobos con moitas características comúns, pero que nunca estableceron ningunha forma de unidade política entre eles. Tiveron, iso si, unha entidade cultural común moi destacable que se desenvolveu especialmente entre os séculos VII e II a.C.

Orixe e Economía Íbera

A cultura ibérica formouse polo impacto dos pobos colonizadores (fenicios e gregos) sobre o substrato indíxena. A súa economía baseábase fundamentalmente na agricultura e a gandería. Ademais, os íberos desenvolveron unha importante actividade comercial e estableceron relacións con gregos, fenicios e cartaxineses, chegando a acuñar moeda.

Organización Política e Arte

A súa organización política estaba bastante desenvolvida debido á influencia do modelo de cidade-estado, traído por fenicios e gregos. Cada estado podía comprender varias cidades cos seus territorios circundantes. O modelo político máis frecuente era a monarquía.

O desenvolvemento cultural ibero foi destacable. Os principais elementos culturais son a escritura, a relixión e a arte, que estivo moi influída polo de gregos e cartaxineses. Era unha arte figurativa na que predominaba a funcionalidade relixiosa ou funeraria.

Especialmente significativa foi a escultura, representando figuras humanas e de animais (reais ou imaxinarios). Pezas destacadas son, por exemplo:

  • A Dama de Elxe
  • A Dama de Baza
  • A Bicha de Balazote

Os Celtas: Meseta Norte e Noroeste

Os celtas foron un pobo indoeuropeo que chegou á Península a comezos do primeiro milenio a.C. Procedían do centro de Europa e ocuparon a Meseta Norte e o noroeste da Península.

  • Achegaron numerosos avances técnicos, como o uso da metalurxia do ferro.
  • Os seus asentamentos máis representativos foron os castros.
  • A principal actividade dos pobos celtas foi a gandería, aínda que tamén existiron poboados de agricultores.
  • A súa sociedade organizábase en tribos, falaban linguas indoeuropeas e non coñecían a escritura.

A Cultura Castrexa do Noroeste

O elemento máis significativo do noroeste peninsular son os castros ou poboados fortificados. Estes poboados, dun número elevado, localízanse tanto no interior (sobre outeiros) como na costa (moitas veces asentados en penínsulas).

A cultura castrexa desenvolveuse entre os séculos VI-V a.C. e o I d.C., a partir dunha base indíxena sometida a influencias culturais atlánticas, mediterráneas e centroeuropeas célticas.

Características dos Castros
  • No seu interior están as construcións domésticas, realizadas en pedra e nas que domina a planta redondeada.
  • Estes pobos eran agrícolas e gandeiros e desenvolveron a metalurxia e a ourivería.

Non formaron unha unidade política, senón que varios castros dun territorio, que compartían lazos tribais e familiares, formaban grupos máis ou menos homoxéneos e independentes. Tras a conquista romana, os trazos básicos da cultura castrexa perviven e evolucionan dando lugar á cultura galaicorromana.

Os Celtíberos: A Zona de Confluencia

Na zona de confluencia entre celtas e íberos (Sistema Ibérico, leste da Meseta e Sistema Central) xurdiu unha cultura con características peculiares. Mesturaban elementos de ambos, aínda que predominou o factor celta.

Os celtíberos destacaron por ser:

  • Extraordinarios guerreiros, dotados dunha excelente tecnoloxía armamentística.
  • A aristocracia guerreira constituíuse no grupo dominante.

Tanto cartaxineses como romanos incorporáronos aos seus exércitos, recoñecendo a súa valía militar.

Entradas relacionadas: