Plan Estratéxico de Xuventude en Galicia: Oportunidades e Iniciativas para o Desenvolvemento Xuvenil
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 14,77 KB
Estrutura para un Plan de Acción Xuvenil
Para a súa elaboración, abordaremos distintos puntos clave:
- Contar cunha portada chamativa e un índice ben estruturado e claro, para que sirva de axuda ao lector/a.
- Presentar o ámbito determinado en relación co sector da xuventude:
- Características e demandas da xuventude á que nos diriximos.
- Obxectivos do plan estratéxico.
- Describir as medidas, recursos e programas existentes relacionados co ámbito, os cales deben aparecer no plan estratéxico.
- Isto conterá: descrición das persoas destinatarias, requisitos, entidades e organismos de referencia de cada programa (contacto, páxina web...).
- Iniciativas segundo o ámbito: local, autonómico, estatal...
- Realización de conclusións.
Nota: É importante que en cada programa que vaiamos engadindo, incluamos a ligazón á páxina web, se a ten, para que sexa máis cómodo e preferible a crear unha bibliografía con todo ao final.
É fundamental ter en conta a orixinalidade e creatividade para evitar que resulte tediosa.
Ámbitos de Actuación para a Xuventude
- Educación, Información e Formación
- Emprego, Creatividade e Espírito Emprendedor
- Vivenda, Mobilidade e Turismo
- Saúde e Deporte
- Participación, Asociacionismo e Voluntariado
- Dinamización Lingüística
- Igualdade
- Medio Ambiente
Educación
- Impulso da Formación Profesional Dual como fórmula para mellorar a inserción laboral futura dos mozos e mozas na FP Dual.
- Favorecer a mobilidade internacional dos universitarios co obxectivo de mellorar a súa formación: axudas da UE, bolsas da Universidade SUG.
- Posta en marcha de programas e accións que melloren o dominio das linguas estranxeiras entre a mocidade. Ex: STEMweek (campamento científico-tecnolóxico en inglés). Buscaranse descontos vinculados ao Carné Xove.
Emprego
- Promover accións formativas para persoas desempregadas co fin de mellorar a súa capacitación profesional.
- Convocatoria de axudas para sacar o carné de conducir de tipo B e C, un dos requisitos habituais en moitos traballos.
- Xerar emprego entre a mocidade no eido dos oficios artesanais.
- Programa Garantía Xuvenil: iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas ao mercado de traballo. Cada mozo/a pode recibir unha oferta nun período de catro meses a partir da súa inscrición.
- Servizos de orientación e asesoramento: Provisión de servizos de orientación e asesoramento profesional para axudar os mozos e mozas na toma de decisións.
- Bolsas de emprego e prácticas laborais: Facilitar bolsas de emprego e oportunidades de prácticas laborais para axudar os mozos e mozas a adquirir experiencia laboral e a integrarse no mercado laboral.
- Programas de emprendemento e apoio ao autoemprego.
- Subvencións e axudas económicas: Ofrecer subvencións e axudas económicas para fomentar a participación dos mozos e mozas en actividades culturais, deportivas, educativas e sociais.
Creatividade e Espírito Emprendedor
- Creación dos Premios ao Talento Mozo para distinguir e visibilizar proxectos e carreiras de éxito. Programa Talento Mozo.
- Organización de obradoiros e charlas con mozas e mozos galegos influentes e talentosos que sirvan de orientación para outros. Programa Talento Mozo.
- Desenvolvemento de dinámicas motivacionais, favorecendo así unha relación horizontal entre os relatores e o público.
Saúde e Deporte
- Consolidar os centros Quérote+ como un servizo de información e asesoramento especializado en diversas temáticas que afectan á xuventude. Ámbitos que aborda o servizo: sexualidade, convivencia, consumos... Público e confidencial.
- Diferentes programas de centros educativos que fomentan a prevención de adiccións: Nutriescolas, Clases sen Fume, Xente con Don, Apuntámonos a Non Beber e proxectos de vida activa e deportiva.
- Programa de fomento da actividade física.
- Campañas de prevención das infeccións de transmisión sexual.
- CIMUS: Centro de Investigación no Ámbito da Saúde.
- Programa Alume: recuperación das persoas con trastornos mentais.
- Curso DEI: Intelixencia Emocional.
Iniciativas en Saúde Segundo o Ámbito
- AUTONÓMICO:
- Axudas do programa Iniciativa Xove, coa promoción de hábitos saudables.
- Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable.
- ESTATAL:
- Plan de Acción de Saúde Mental 2022-2024, incorporando a prevención do suicidio.
- A nova Lei do Aborto.
- Programa de Cooperación sobre o Benestar Emocional no Ámbito Educativo.
- Estratexia Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite.
- EUROPEO:
- Programa EU4Health (2022).
- LOCAL: Ponteareas crea a súa propia Mesa Intersectorial de Saúde.
Iniciativas en Deporte Segundo o Ámbito
- AUTONÓMICO:
- Foro de Deporte Federado e Xornadas de Formación (impartidas pola Secretaría Xeral para o Deporte).
- Bono Deporte.
- Programa Xogade.
- Plan Recupera.
- ESTATAL:
- Plan de Acción Xuventude 2022-2024.
- Fundación Deporte Xove.
- Plan de Fomento do Sector do Deporte.
- EUROPEO:
- Erasmus+.
- Semana Europea do Deporte.
- Premios Altius, #BeInclusive e #BeActive.
- European Sport Inclusion Network.
- LOCAL: Actividades coordinadas pola USC, que conta con reservas para distintos deportes.
Vivenda
- Programa de axudas para a adquisición ou alugamento dunha vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes. Con isto tamén se pretende asentar poboación no rural que asegure un relevo xeracional nestas zonas.
- Desenvolvemento da Oficina de Emancipación Xuvenil como un recurso de información e asesoramento.
- Tamén se organizarán obradoiros e charlas que fomenten a adquisición de habilidades e destrezas para axudar ao mozo ou moza no seu proceso de emancipación.
- Servizos municipais de asesoría sobre vivenda xuvenil.
- Bolsa de Vivenda de Aluguer de Barcelona, que ofrece ás persoas de entre 18 e 35 anos a posibilidade de acceder a un piso de aluguer a un prezo máis alcanzable.
Participación e Asociacionismo
- Impulso dos Espazos Xoves como zonas que promovan a participación xuvenil plena, ademais de seguir exercendo como un lugar de encontro entre os mozos e mozas.
- Posta en marcha do programa ‘Foro Xove’, a través do que se fomente o diálogo coa mocidade galega de xeito habitual e periódico, inspirado na iniciativa europea 'Diálogo da Xuventude'.
- Desenvolvemento durante o verán dun programa de ocio e educación non formal nos concellos co fin de ampliar as accións destinadas á xuventude.
- Apoio ás asociacións xuvenís e aos grupos informais de mozos e mozas para que poidan desenvolver os seus proxectos, a través de programas como Iniciativa Xove.
- Ampliar a participación de mozos e mozas na Campaña de Verán e diversificar as súas actividades. Consolidación dos campamentos de verán como un recurso de educación non formal e ocio educativo.
- Consellos de Xuventude: utilizando as figuras xurídicas propias, coas funcións de interlocución e fomento da participación coas mínimas garantías de estabilidade e independencia dos poderes públicos. Neste momento conviven dous modelos de Consellos de Xuventude:
- Consellos independentes con capacidade para executar os seus propios programas, como o Consejo de la Juventud de España.
- Consellos consultivos sen capacidade de execución de programas, como o Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.
Voluntariado
- Promoción do voluntariado xuvenil a través de axudas a entidades e concellos: Mantemento da convocatoria de subvencións para financiar proxectos que fomenten a participación de voluntarios mozos e mozas nunhas determinadas áreas de actuación: actividades relacionadas co Camiño de Santiago, coa recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas...
- Impulso da participación dos mozos e mozas en programas de voluntariado de ámbito social que promovan os lazos interxeracionais.
- Desenvolvemento de actuacións de voluntariado ambiental en espazos naturais protexidos a través do proxecto europeo Life Evergreen with Volunteer (LEWO).
- Ampliar a oferta de campos de voluntariado. Consolidar Galicia como comunidade autónoma de referencia na organización de campos de voluntariado durante o verán e ampliar a oferta de prazas para os galegos e galegas en campos de voluntariado fóra da época estival.
- Corpo Europeo de Solidariedade: iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que os mozos e mozas traballen como voluntarios ou colaboren en proxectos nos seus propios países ou no estranxeiro, que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa. Para inscribirte debes ter 17 anos, pero non poderás empezar o proxecto ata que cumpras os 18. Poderán participar persoas de ata 30 anos.
Información e Formación
- Programa Correspondentes Xuvenís: co fin de achegar a información de interese á xuventude. A través desta iniciativa, mozos e mozas dos institutos de Galicia exercen de transmisores de información dos diferentes programas da Dirección Xeral de Xuventude, así como doutra información de interese, entre os seus compañeiros e compañeiras.
- Presenza de dinamizadores xuvenís polo territorio como recurso de proximidade na transmisión de información.
- Posta en marcha dun Plan anual de formación en ámbitos de interese para a mocidade galega e para os axentes que traballan coa xuventude: educación non formal, voluntariado, participación xuvenil, emancipación, etc.
- Impulso do programa Carné Xove con ampliación de vantaxes, co fin de convertelo en instrumento de referencia para a xuventude galega á hora de acceder a servizos (culturais, de transporte, de ocio, etc.), vixente ata os 31 anos.
- Fomentar a coordinación e o traballo en rede dos diferentes axentes que compoñen a Rede Galega de Información Xuvenil.
- As Escolas de Tempo Libre: centros de formación específicos de educación non formal no eido do tempo libre. Están reguladas polo Decreto 50/2000. A formación que se imparte é: Monitor/a de Tempo Libre; Director/a de Tempo Libre; Director/a de Campos de Traballo. Todas as Escolas de Tempo Libre de Galicia teñen que estar inscritas obrigatoriamente no Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Comunidade Autónoma Galega.
Mobilidade e Turismo
- Reforzo dos programas que favorecen a mobilidade internacional de persoas novas e melloran o seu acceso ao mercado de traballo.
- Programa Galeuropa: os mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil poden realizar prácticas formativas non laborais en entidades ou empresas de países europeos.
- Erasmus+.
- ‘A Xuventude no Mundo’, que promoven o intercambio intercultural e enriquecen o currículo persoal e profesional do mozo ou moza.
- Estreitar os lazos de comunicación e colaboración entre a mocidade galega e a do norte de Portugal, co desenvolvemento de proxectos como 'A Eurocidade Chaves-Verín’ e ‘LIDERA'.
- Ampliación do uso da tarxeta 'Xente Nova' a todos os autobuses interurbanos ata os 21 anos, actualmente.
- Promoción dos diferentes carnés que facilitan a mobilidade da xuventude no estranxeiro.
- Ampliar o coñecemento entre a mocidade galega das oportunidades que ofrece o Carné de Alberguista, o Carné de Estudante Internacional (ISIC) e o Carné Xove Internacional (IYTC).
- #DiscoverEU: esta iniciativa reparte billetes gratuítos de Interrail para viaxar por Europa.
Dinamización Lingüística
- Desenvolvemento de programas de dinamización lingüística da lingua galega durante o tempo de lecer.
- Programas: FalaRedes, Nadal en Rede, Redecinema (unha iniciativa de cinema de verán en lingua galega) ou O Galego Campa.
- Ampliación do coñecemento e estudo da lingua galega fóra da comunidade. A Xunta seguirá estreitando lazos no Bierzo, Sanabria e tamén en Londres, a través da oferta da materia de lingua galega no Instituto Español Vicente Cañada Blanch.
- Introducir o galego no rap.
Igualdade
- Posta en marcha de obradoiros e dinámicas vinculadas coa prevención da violencia de xénero nos Espazos Xoves e residencias para traballar coa prevención da violencia de xénero, identificando e combatendo condutas machistas, de control ou acoso. Empregaranse: graffitis, obradoiros de rap ou ciclos de cinema.
- Programa EMEGA.
- CIM: para mulleres empadroadas en Santiago.
- Asociación ACADAR. Obxectivos: Promover a integración das mulleres con discapacidade na sociedade. Destinatarias: Mulleres con discapacidade.
- Rede de apoio ás nais; Axudas de necesidades básicas na infancia.
- Territorio de Mulleres: habilitar un espazo de confluencia.
- Lésbicas Creando: Benestar e empoderamento das identidades nas marxes.
Iniciativas en Igualdade Segundo o Ámbito
- ESTATAL: O Instituto da Muller, organismo do Ministerio de Igualdade.
- EUROPEO: Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero (EIGE).
- LOCAL: Centro de Información á Muller.
Medio Ambiente
- Consolidar a educación ambiental desde os centros: realización de proxectos, oferta de materias de libre configuración autonómica, visitas aos diferentes Parques Naturais...
- Fomento da participación responsable dos mozos e mozas na protección do medio natural fronte aos incendios forestais: Programa.