Pintura Barroca Española: Grandes Mestres do Século de Ouro

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 4,73 KB

A Pintura Barroca Española no Século de Ouro

A arte barroca desenvólvese dende principios do século XVII ata mediados do XVIII sendo, como o Renacemento, a súa orixe a Península Itálica.

O século XVII representa para España unha etapa de decadencia económica, política e militar; sen embargo, é unha época de esplendor cultural: o chamado Século de Ouro.

Características xerais da pintura española

A pintura deste período presenta as seguintes particularidades:

  • Escasez de temas: a maioría son temas relixiosos contrarreformistas.
  • Xéneros: o bodegón e o retrato tamén van ter un papel importante.
  • Composición: predomina a denominada "diagonal barroca".
  • Elementos formais: gran importancia da cor, da luz e da perspectiva.
  • Evolución lumínica: na primeira etapa de todos os pintores predomina a luz tenebrista (influencia de Caravaggio); despois buscan unha luz máis real para representar a atmosfera e aclaran os tons da paleta.
  • Perspectiva: evolución da perspectiva lineal cara á perspectiva aérea.

Temos que diferenciar tres escolas principais:

1. Escola Valenciana

José Ribera

A súa pintura está marcada por un naturalismo a ultranza, o uso de persoas comúns como modelos e o estudo anatómico e lumínico levado ás súas últimas consecuencias (San Andrés). O seu realismo pode chegar a ser desgarrador, presentando a fealdade e incluso as rarezas (O Patizambo). Sufrirá unha evolución, abandonando pouco a pouco o tenebrismo, en parte pola influencia de Velázquez e Rubens (El sueño de Jacob).

2. Escola Andaluza

Zurbarán

A maior parte da súa produción é de tipo relixioso. Terá unha especial relación cos cartuxos, para os que realizará as súas mellores obras (San Hugo no refectorio dos cartuxos). Tamén será coñecido polos seus bodegóns. Estas naturezas mortas poden aparecer como obras en si mesmas ou como obras dentro da obra (Bodegón con cacharros).

Dende o punto de vista técnico, a súa pintura é a da sinxeleza. As composicións e as personaxes trátanse con simplicidade, de forma que os volumes adquiren un carácter case xeométrico. Destaca pola súa mestría á hora de representar os tecidos, cos que outorga un volume excepcional á súa obra (San Francisco de pé, contemplando unha caveira).

Murillo

Representa a cara doce da Contrarreforma. Murillo vai adoptar un estilo amable e luminoso, alonxado do tenebrismo. Esta suavidade no estilo vai verse reflectida no rostro dos seus personaxes, en especial nas virxes, de xesto doce e amable, así como nas escenas da Sagrada Familia. A temática das súas obras é principalmente relixiosa, sendo famosas as súas representacións da Inmaculada (Inmaculada do Escorial).

Xunto a estas obras de carácter relixioso, tamén hai que destacar outras de tipo costumista, especialmente os seus cadros de nenos da rúa (Neno espulgándose).

3. Escola Madrileña

Velázquez

Velázquez é o pintor barroco español máis importante e unha das máximas figuras da pintura universal. Comeza en Sevilla, onde realiza as súas primeiras obras, clasicamente ligadas ao tenebrismo (O augador de Sevilla). Con só 24 anos é nomeado pintor de cámara de Felipe IV, ao que estará unido ata o final dos seus días; isto permítelle estudar as coleccións reais e viaxar a Italia, onde completará a súa formación.

Fruto de toda esta bagaxe será a conformación dun conxunto de características que se poden resumir en:

  • Amplitude de xéneros: relixiosos, paisaxes e mitolóxicos (A fragua de Vulcano).
  • Retratista: os seus retratos son un auténtico estudo físico e psicolóxico do representado (Retrato do papa Inocencio X).
  • Técnica: pintura ao óleo, inicialmente cun debuxo preciso para dar paso, posteriormente, a un trazo máis libre e solto, a base de grandes manchas e a indefinición de liñas.
  • Perspectiva aérea: uso maxistral que queda patente en obras como A rendición de Breda e As Meninas.
  • Captación do movemento: que queda maxistralmente plasmado na rueca da súa obra As Fiandeiras.

Entradas relacionadas: