Perspectivas Filosóficas sobre o Ser Humano: Mente, Corpo e Comportamento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,6 KB

A Alma e a Razón

Dualismo Antropolóxico: Enténdese que o ser humano está dividido en dúas partes: alma e corpo. A orixe disto está en Platón, inflúe no cristianismo e continúa ata Descartes.

  • Alma: Inmortal, pertence ao mundo das ideas, inmaterial e eterno.
  • Corpo: Material, pertence ao mundo sensible, material e un cárcere para a alma.

O Mito do Carro Alado de Platón

Platón compara a alma cun carro alado que é conducido por un cocheiro ou auriga que leva dous cabalos: un branco e obediente, e outro negro e desobediente.

  • O cocheiro ou auriga representa a parte racional da alma, e ten como función controlar os cabalos para que o carro non se desequilibre.
  • O cabalo negro representa a parte concupiscible da alma, que se corresponde coas paixóns e desexos innobres.

O mito afirma que para que a alma, psique ou mente estea equilibrada, a parte racional (cocheiro) ten que controlar as outras partes. O condutor terá que controlar o carro para que non se desequilibre.

Transmigración de Almas

As almas van de corpo en corpo ata que se purifican e chegan ao mundo das ideas. Isto deféndeo Agostiño de Hipona.

Racionalismo Cartesiano: Descartes

No seu dualismo, o ser humano está composto por:

  1. Substancia Pensante: Equivale á alma, o Eu, o suxeito. É inmaterial e dirixe a substancia extensa, o corpo.
  2. Substancia Extensa: Equivale ao corpo, é material. Para Descartes, o corpo é igual que unha máquina e ten que ser dirixido pola alma.

Tipos de Falacias e Exemplos

  • Do Espantallo: Ridiculiza os argumentos do opoñente ata cambiar o sentido das súas palabras ou atacar unha afirmación que nunca formulou.
    Exemplo: Das un donativo para os refuxiados, acaso estás a favor da guerra?
  • Ad Hominem: Atácase a persoa que defende o argumento en lugar do argumento en si.
    Exemplo: Pretendes mellorar a democracia ti que estiveches metido na corrupción?
  • Ad Baculum: Recorre á forza ou á ameaza para persuadir.
    Exemplo: Eu, se fose ti, aceptaría a nova política da empresa. Dígocho como xefe.
  • Ad Verecundiam: Se é o sostido por algunha autoridade, o argumento non se cuestiona.
    Exemplo: O estado non pode intervir no mercado, o di Adam Smith.
  • Ad Misericordiam: Apelamos á pena no canto dun fundamento do argumento.
    Exemplo: Profesora, non pode suspenderme porque perdería a miña bolsa de estudos.
  • Ad Populum: Argumento que pretende ser verdadeiro porque é compartido pola maioría.
    Exemplo: Esa persoa cáelle mal a todo o mundo, algo faría.
  • Falsa Analoxía: Establece unha comparación forzada.
    Exemplo: Un grupo é como unha caixa de mazás. Se non se elimina a podre, podrecen todas.
  • Confusión na Condición: Confúndese a condición necesaria coa suficiente.
    Exemplo: Pero se asistín a todas as clases... É imposible que suspenda!
  • Ad Ignorantiam: Algo é verdadeiro ou falso porque non se pode demostrar o contrario.
    Exemplo: Non hai probas de que Deus non exista, daquela, existe.
  • Naturalista: Que algo suceda implica que deba suceder.
    Exemplo: Isto sempre foi así.

O Corpo: Sensibilidade e Emocións

  • David Hume: Defende que as nosas emocións son contidos da nosa mente que controlan as nosas decisións e ditan o que a razón debe facer.
  • Daniel Goleman: Defende que, ademais da intelixencia racional, tamén hai unha intelixencia emocional que consiste na capacidade de xestionar emocións.

O Corpo: Vontade e Desexo

Pirámide de Maslow

  1. Necesidades fisiolóxicas (alimento, saúde)
  2. Necesidades de seguridade (seguridade física, economía)
  3. Necesidades sociais (afecto, amizade, parella)
  4. Necesidades de recoñecemento (confianza, éxito)
  5. Necesidades de autorrealización (valores, creatividade, motivación)

Nietzsche

Critica todas as concepcións anteriores. Defende un ateísmo no que non hai Deus nin alma.

Freud

Descobre o inconsciente e sinala que o comportamento humano se explica máis a través del que da razón. Divide a personalidade en tres partes:

  • Supereu: É unha parte da personalidade que abarca os ideais e as normas aprendidas na propia cultura.
  • Id: Parte da personalidade que intenta satisfacer de forma inmediata os impulsos e instintos de supervivencia, sexuais e de agresión.
  • Eu: Parte da personalidade que trata de resolver o conflito entre o Id e o Supereu de forma segura.

O Corpo como Base Natural: Monismo e Neurociencia

Desde a Grecia clásica, o pensamento materialista considera que somos corpo, polo que as emocións, o desexo, a conciencia, etc., poden reducirse a algo material (Demócrito de Abdera, S. V a.C.).

Actualmente, a neurociencia consegue explicar en parte ese funcionamento. Estes estudos avanzaron moito grazas a técnicas de neuroimaxe que permiten ver os procesos cerebrais (por exemplo, a toma de decisións localizouse na área prefrontal do córtex cerebral). Antonio Damasio sitúa a mente no cerebro e no sistema nervioso.

Tipos de Determinismo

  • Determinismo Científico: A conduta está determinada polo instinto e polo resultado das accións: é o condutismo de B.F. Skinner, no século XX; ou ben pola nosa xenética, postura representada por C.R. Dawkins ou E.O. Wilson.

A Liberdade e os seus Tipos

  • Liberdade Interna: É a capacidade de decidir entre varios comportamentos, pensamentos e teorías, mostrando unha forte autonomía persoal e evitando deixarse arrastrar por opinións alleas.
  • Liberdade Externa: É a ausencia de barreiras físicas que impiden a un ser vivo trasladarse dun lugar a outro ou realizar algunha actividade. Consiste, polo tanto, en carecer de restricións que impiden realizar o que un desexe.

Entradas relacionadas: