Perífrases Verbais e Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,74 KB

Perífrases Verbais

  • Ir + infinitivo: Pode expresar autoridade, intencionalidade ou idea de movemento.
  • Ter + que + infinitivo: Expresa obrigatoriedade.
  • Poder + infinitivo: Expresa probabilidade.
  • Estar + xerundio / Estar + a + infinitivo: Ten valor xerundial (acción en curso).
  • Andar + xerundio / Andar + a + infinitivo: Indica un movemento continuado.
  • Botar(se) + a + infinitivo: Indica o comezo dunha acción.
  • Estar + a/para + infinitivo: Indica unha acción a piques de suceder.

Lírica Medieval Galego-Portuguesa

A Cantiga de Amor

Influída pola poesía cortés e pola forma da canzón, que nace no sur de Francia. Significa unha transposición do sistema feudal ao amor.

Características da Cantiga de Amor

  • Suxeito lírico masculino.
  • Emprega a palabra senhor.
  • Poemas de 3 ou 4 cobras (estrofas) e versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos.
  • Fronte á canzón provenzal, a dona está idealizada.
  • Desenvólvese o concepto de coita de amor.
  • Sempre é un amor non correspondido.

Cantigas de Escarnio e Maldicir

Orixe nunha antiga poesía autóctona co influxo do serventés provenzal.

Tipos de Cantigas

  • Escarnio: Emprega equivocatio (dobre sentido).
  • Maldicir: Usa palabras directas, soeces e malsoantes.

Temática e Características

A temática inclúe sátira sexual, social, xograresca, política, moral e literaria.

  • Gran variedade temática e riqueza léxica.
  • O obxectivo principal é a sátira.
  • Estrutura narrativa máis desenvolvida.
  • Presenza de elementos obscenos e equivocatio.

Evolución Histórica do Galego-Portugués

Fase Común e Separación

Fase común do galego e do portugués ata o século XIV. Posteriormente, aumenta o prestixio do portugués como lingua oficial fronte á marxinación do galego.

Periodización

  • Ata 1350: O galego é a lingua da cultura e da administración. Lingua normatizada e esplendor literario (lírica galego-portuguesa). Hai mostras de conflito lingüístico con Fernando III.
  • Desde 1350: O galego cede ao castelán o terreo da administración. Caracterízase por unha gran variabilidade lingüística e inestabilidade gráfica.

Galego Medio (Séculos XVI-XVIII)

A partir do século XVI, o castelán pasa a ser a única lingua oficial e lingua de cultura xunto ao latín. O galego, lingua da maior parte da poboación, perde a presenza entre as clases dominantes e queda relegado a usos coloquiais.

Séculos XVI e XVII

Co Renacemento e a imprenta, mantense o prestixio doutras linguas mentres o galego só se conserva en usos orais e en rexistros populares. É relevante o factor desgaleguizador da Igrexa.

Século XVIII

Cambio na consideración do galego por parte dos ilustrados: reivindicación do seu uso no ensino, na Igrexa e na administración. Inícianse os primeiros estudos lexicográficos. Proceso de vulgarización e castelanización.

Galego Moderno: O Rexurdimento

Dignificación social e recoñecemento cultural do idioma galego. Recuperación da escrita.

  • 1808-1840: Recuperación da escrita.
  • 1840-1863: Os provincialistas reclaman a escolarización en galego.
  • 1863-1900 (Rexurdimento Pleno): Publicación de gramáticas e dicionarios e de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Xorde a prensa en galego.

Entradas relacionadas: