Perífrases Temporais e Modais en Galego: Expresión de Futuridade e Obrigación
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 43,9 KB
PERÍFRASES TEMPORAIS (expresan futuridade e inminencia)
-Estar a/para + infinitivo
PERÍFRASES MODAIS (expresan obrigación, hipótese ou dúbida)-Haber que + infinitivo
-Haber (de) + infinitivo
-Ter que + infinitivo
-Ter (de) + infinitivo
-Deber (de) + infinitivo
PERÍFRASE PASIVA-Ser + participio (de verbo transitivo)
PERÍFRASES ASPECTUAISIncoativas (expresan un proceso no seu comezo)-Comezar a + infinitivo Comezou a chover.-Empezar a + infinitivo Empezaron a falar.-Botar(se) a + infinitivo Boteime a rir.-Poñer(se) a + infinitivo Puxémonos a chorar.-Dar en + infinitivo Deu en berrar coma un tolo.-Romper a + infinitivo Rompeu a chorar.-Pegar a + infinitivo Pegou a correr.-Saltar a + infinitivo Saltou a dicir que non era certo.-Brincar a + infinitivo Brincou a dicir que non era certo.Reiterativas (expresan a reiteración dunha idea verbal)-Volver (a) + infinitivo Volveu dicir o mesmo.-Voltar (a) + infinitivo Voltou dicir o mesmo.-Ter + participio Tiño dito moitas veces.Terminativas (acción que se achega ao seu termo)-Chegar a + infinitivo O reo chegou a confesalo todo.-Vir (a) + infinitivo Ao final veuse a saber a verdade.-Acabar por + infinitivo Acabou por comprar os dous vestidos.-Vir + xerundio Entón, veñen sendo medias parentes túas.Imperfectivas (acción contemplada na súa duración)-Levar + xerundio Leva chovendo desde setembro.-Levar a + infinitivo Levamos a traballar dúas horas.-Estar. + xerundio Están facendo una autoestrada.-Estar a + infinitivo Están a facer unha autoestrada.-Seguir + xerundio Segue chovendo.-Seguir a + infinitivo Seque a chover.-Andar + xerundio Andan contando mentiras.-Andar a + infinitivo Andan a traballar na rúa.-Ir + xerundio Vai envolvendo os regalos.-Vir + xerundio (Tamén pode ser terminativa) Vide entrando por orde de lista. Aquel home viña sendo teu.-Ser a + infinitivo Todos eran a dicir que non había clase.Perfectivas (acción como proceso concluído)-Acabar de + infinitivo Acabou de chover.-Rematar de + infinitivo Remata de falar.-Vir de + infinitivo Vén de comprar o peixe.-Deixar(se) de + infinitivo Deixa de protestar.-Dar + participio Non o dá feito.-Levar + participio Lévao dito tantas veces...-Ter + participio Tiño dito tantas veces...-Estar + participio O partido está gañado.-Ir + participio O automóbil vai vencido para a dereita.
EDUARDO PONDAL Ponteceso 1835- A Coruña 1917
Comparte amizade cos galeguistas Murguía e Carré. Asiste ás tertulias da Cova Céltica, defensores da orixe celta de Galicia. Alí considéranoo o «bardo» (poeta e guía espiritual das sociedades celtas).
QUEIXUME DOS PINOS 1886
Consta de 91 poemas. No primeiro «o bo bergantián» de camiño de Ponteceso, escoita os queixumes dos piñeiros. A continuación nos seguintes poemas aparece a tradución deses queixumes en boca do bardo, revelador das mensaxes do cosmos. Nos poemas finais, o bo bergantián aclara o significado das mensaxes do bardo.
TEMÁTICA:
- Poesía cívico-patriótica.
Pondal pretendía a exaltación de Galicia.
Relaciónase coa idea de que Galicia ten orixes célticas. Converte ese no poeta do celtismo e recrea unha mitoloxía onde cobra especial importancia Breogán.
Pondal vese a si mesmo como un guía dirixindo ao pobo sometido e pretende facelo coñecer o seu heroico pasado celta a fin de que procure a súa redención e a liberación colectiva.
- Poesía lírica: temas:
Natureza: en estado puro, atemporal, sen presenza humana(gándaras, fragas onde habitan cervos, corvos…) mulle
1-muller idealizada que inspira sentimentos platónicos.
2-Como presa do home e obxecto para a paixón.
A variedade lingüística´ é un fenómeno que se observa na gran cantidade de linguas que se falan no mundo, pero tamén no interior de cada idioma ( variación intralingüística) A Variación intralingüística: Manifestanse en catro planos: -variación diacrónica: ao longo da historia: ➢ Galego antigo ou medieval (S. XII-XV). ➢ Galego medio(Séculos Escuros S.XVI-XVIII) ➢ Galego moderno (do Rexurdimento ata hoxe.) - Variación xeográfica ou diatópica: diferenzas lingüísticas de cada zona do territorio ocupado por unha lingua. - Variación diastrática : diferenzas lingüísticas propias dos estratos sociais, económicos, etc ao que pertencen os falantes. Desenvólvese nos chamados Niveis de lingua: destreza lingüística que depende da extracción social, cultural e da educación que posúe o falante. ➔ Nivel culto: ➔ Nivel medio: ➔ Nivel popular ➔ Nivel vulgar. - Variación diafásica ou situacional. Son os rexistros e dependen da situación en que se usa a lingua e o tipo de comunicación. Dáse nun mesmo falante. ✗ Rexistro formal. ✗ Rexistro coloquial
LUSOFONÍA
É unha entidade que engloba os falantes de portugués ao redor de todo o mundo. Na actualidade son máis de 250 millóns de persoas. O galego asóciase coa lusofonía porque son linguas vinculadas entre si. O mundo da lusofonía aportalle ao galego importantes actividades de dinamización cultural,social e económica.
LINGUAS HEXEMÓNICAS,LINGUAS MINORIZADAS EL LINGUAS MINORITARIAS.
• Linguas hexemónicas: gozan de gran prestixio social, poder político e económico. Cantas máis funcións sociais cumpre unha lingua, maior prestixio social terá. • Linguas minorizadas: Son as que , sendo as linguas propias dun territorio, están sometidas a condicións polas que ven restrinxidos as súas funcións sociais( de identidade, familiar, local, laboral, cultural, e institucional) que son desenvolvidas total ou parcialmente por unha lingua foránea. O proceso de minorización lingüística non é natural, é o resultado da historia e de políticas de asimilación e uniformización que se deben interpretar en termos de dominación e de poder. • As linguas minoritarias son as faladas por un número pequeno de falantes. Non ten nada que ver con minorizadas .
BILINGÜISMO E DIGLOSIABilingüismo: capacidade que ten unha persoa para expresarse en dúas linguas. As dúas teñen consideración social igual. Diglosia: dúas linguas , pero unha a empregamos para as funcións menos prestixiosas e a hexemónica é empregada para os usos máis prestixiosos. ( o que sucede co galego)
Causas do conflito lingüísticoA coexistencia de dúas linguas un mesmo territorio adoita producirse por diversas razóns de carácter histórico: -Procesos de expansión e de unificación política. -Presión cultural e económica. -Movementos migratorios.
No caso do galego, foi o primeiro factor o que provocou unha situación de dominio por parte de Castela sobre Galicia traducíndose nunha conxuntura de opresión lingüística. É nesta altura cando a coexistencia entre galego e castelán adquire adimensión de conflito e se produce o fenómeno da diglosia. O castelán comezou a substituír o galego nos usos cultos (literatura, etc.) e instalouse como lingua oficial as actividades burocráticas. Fóronse establecendo diferenzas xerárquicas e de prestixio social por razóns de lingua. Neste contexto, o emprego do castelán sería una condición indispensable que posibilitase o ascenso social.
Alternativas do conflicto lingüístico