Perífrases, Curros, Pondal e Adverbios: Resumo de Literatura Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,95 KB

Perífrases Verbais en Galego

Perífrases temporais: ir + infinitivo / Haber (de) + infinitivo / Estar a (ou, para) + infinitivo

Perífrases modais de obriga: haber (de) + infinitivo / haber (en forma impersonal) que + infinitivo / ter que + infinitivo.

Perífrases modais de probabilidade ou dúbida: Haber (de) + infinitivo / Deber (de) + infinitivo

Perífrases aspectuais imperfectivas: Estar + xerundio / Estar a + infinitivo / Andar + xerundio / Andar a + infinitivo / Levar + xerundio / Levar a infinitivo / Vir + xerundio / Seguir + xerundio / Seguir a + infinitivo

Perífrases aspectuais perfectivas: Acabar de + infinitivo / Dar + participio / Levar + participio

Perífrases aspectuais reiterativas: Ter + participio / Volver (a) + infinitivo.

Perífrases aspectuais incoativas: Botar (se) a + infinitivo / Poñer (se/por se a) + infinitivo / Comezar a + infinitivo / Dar en + infinitivo

Perífrases aspectuais terminativas: Chegar a + infinitivo / Acabar por + infinitivo

Curros Enríquez (1851-1908)

Celanova / A Habana. Conflictos co pai. Dereito. Escribe "Cantigas". 1º poema en galego (1871). Gaña en Ourense coas composicións "A virxe do cristal", "O gueiteiro", "Unha voda en Einibó". Escribe en Galicia "Aires da miña Terra" (1880). Pelexa co bispo de Ourense. 1894: creación en Cuba da RA Galega.

"Aires da miña terra": 21 poemas con 3 temas:

  • P. Social ou cívica: comprometido cos problemas do pobo e denuncialos, críticas á igrexa, os fidalgos e caciques, obrigan os labregos a emigrar. Denuncia a pena de morte, o imperialismo...
  • P. Costumista: presente nos poemas premiados, mestúranse coa reivindicación, pouco presente na súa obra.
  • P. Lírica: trata acontecementos familiares (morte nai/fillo) e noutros visión pesimista da existencia.

O divino Sainete: longo poema narrativo de temática satírica e social, modelo da "Divina comedia de Dante". Peregrinación a Roma para gañar o xubileo. F. Añón: tren 7 vagóns.

Sátira anticlerical, social e literaria.

Eduardo Pondal (1835-1917)

Ponteceso / A Coruña. Médico. Amigo de Murguía e Carré. "A cova céltica": grupo de intelectuais interesados e defensores da orixe celta de Galicia. Alí é considerado un bardo (guía espiritual celta). "A campana de Anllóns": poema incluído no álbum "de la caridad" (1862). "Queixumes dos pinos" (1886): reelabora un poemario bilingüe chamado "Rumores de los pino". "Os Eoas": poema épico do descubrimento de América por Colón, inédito ata 1992.

"Queixumes": 91 poemas. O 1º poema "O bo bergantiñán". Dúas liñas temáticas:

  • P. Cívico-patriótica: exaltación de Galicia, raíces celtas, Breogán protagonista. Pondal vese coma un bardo. Un pasado + (idade de ouro), un presente (perda das sinais e identidade da lingua) - e un futuro + (esperanza e triunfo).
  • P. Lírica: temas da natureza (sen presenza humana) e a muller (romántica e outra popular obxecto de paixón para o home). Léxico baseado na sonoridade das palabras con cultismos gregos, abondosa adxectivación, rica simboloxía e recursos como símiles e epítetos.

Adverbios

Simples: (un lexema ou raíz: "lonxe").

Compostos: (2 ou + formas que se soldaron: "pasadomañá").

Locución adverbial: (dúas ou + palabras que manteñen a separación gráfica, funcionan coma un todo. Ex: "de tempo en tempo").

Clasificación semántica: lugar ("aquí"), tempo ("antano"), modo ("mellor"), cantidade ("demasiado"), afirmación ("abofé"), negación ("non"), dúbida ("ao mellor"), interrogativos de lugar (onde?), i. de tempo (cando?) e de modo (como?), de cantidade (canto?).

Entradas relacionadas: