Percorrido Histórico da Lingua Galega: Orixes, Esplendor e Resiliencia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,13 KB

Orixes e Evolución do Galego

As Raíces Latinas e Prerromanas

O galego é unha lingua latina que conserva no seu léxico pegadas dos idiomas falados polos pobos que ocuparon Galicia antes dos romanos e daqueles outros que se estableceron posteriormente ou cos que se mantivo contacto cultural. O galego é o resultado da evolución do latín. En tempos do Imperio Romano falábase en Gallaecia un latín con características peculiares, derivadas da súa situación periférica. O seu afastamento de Roma e a mala comunicación co resto do imperio dificultaba a chegada das innovacións foráneas e a explotación das propias.

Nacemento do Galego e Primeiros Testemuños Escritos

Coa desaparición do Imperio, estas condicións empeoraron e traducíronse en diferenzas derivadas do latín nas distintas partes do extinto imperio. Nace o galego. Isto prodúcese de maneira progresiva e imperceptible, por iso é imposible dar unha data precisa a partir da cal a lingua falada xa pode considerarse galego. A finais do século VIII, o latín da Igrexa é tan distante da fala do pobo que xa se pode falar de dous sistemas diferentes: latín e galego. O Foro do Burgo de Castro Caldelas é o primeiro texto escrito en galego.

O Galego na Idade Media e os Séculos Escuros

Esplendor Literario Medieval

O latín era a lingua culta na Idade Media, pero desde o século XII o galego empeza a empregarse en textos escritos. O galego convértese na lingua oral común e tamén na escrita, sobre todo en usos literarios, administrativos e relixiosos. Nos séculos VIII-XII, Galicia, baixo a influencia dos reinos de Asturias e León, mantén certa dependencia, pero o galego vai gañando terreo en mosteiros e na cultura.

Desde o século XII, Galicia vive unha etapa de esplendor, co galego como lingua literaria lírica, especialmente a través dos trobadores.

A Prosa Medieval e a Penetración do Castelán

A difusión de xéneros como os relatos de milagres en Europa, destacando as Cantigas de Santa María de Afonso X, mostra a grande presenza do galego na prosa medieval: traducións e textos relixiosos, científicos e administrativos. A partir da metade do século XIII, o castelán comeza a penetrar nos documentos oficiais.

Os Séculos Escuros: Decadencia e Resistencia

Os Séculos Escuros (XVI-XVIII) marcan a decadencia do galego en usos formais por causas políticas e sociais. Durante este período, só subsiste como lingua oral e informal. Algúns autores ilustrados no século XVIII, como frei Martín Sarmiento, defenderon a recuperación do idioma.

A Recuperación do Galego: Do Rexurdimento á Oficialidade

O Rexurdimento: Renacemento Literario

No século XIX iníciase a recuperación do galego como lingua literaria co movemento do Rexurdimento. A publicación de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro marca o inicio simbólico deste período. A literatura galega comeza a diversificarse en máis xéneros, aínda que cun uso aínda limitado a temas históricos e costumistas. Aparecen tamén as primeiras gramáticas e dicionarios galegos.

O Século XX: Institucionalización e Desafíos

No século XX, o galego acada o status de lingua oficial e establece unha norma ortográfica. Antes da Guerra Civil, hai un forte desenvolvemento literario e institucional:

  • Creación da Real Academia Galega.
  • Actividade de grupos como a Xeración Nós e as Irmandades da Fala.

A elite cultural mantén o galego con vida, pero cun uso reducido na Administración e na Igrexa.

A Oficialidade e o Impacto da Guerra Civil

Durante este período, o movemento nacionalista galego alcanzou un considerable desenvolvemento, e unha das súas reivindicacións era a devolución a Galicia dos seus dereitos idiomáticos. Isto atopou a súa formulación legal no Estatuto de Autonomía, plebiscitado en xuño de 1936, que no seu artigo 40 establecía que «serán idiomas oficiais en Galicia o castelán e o galego». Este é o primeiro recoñecemento legal da oficialidade do galego en toda a historia. A Guerra Civil malogrou esta conquista. Entre as moitas consecuencias negativas da Guerra Civil, hai algunhas que afectan moi directamente á recuperación do idioma:

  1. Impediu a entrada en vigor do Estatuto, no que se establecía a cooficialidade do galego.
  2. Truncou o traballo dos homes que loitaron pola recuperación idiomática.

O Galego no Franquismo e a Actualidade

Represión e Resistencia Lingüística

O triunfo do réxime de Franco supuxo a supresión das liberdades e a implantación dunha nova orde xurídica que exaltaba a unidade política en España e reprimía calquera manifestación de diferencialismo que non fose de natureza folclórica. É importante salientar que os gobernos totalitarios, aínda que restrinxan o uso de linguas minoritarias, non adoitan promulgar decretos que as prohiban explicitamente, senón que as marxinaban por outras vías.

Entradas relacionadas: