Percepción Sensorial e Atención: Como o Cerebro Interpreta o Mundo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Psicología y Sociología

Escrito el en español con un tamaño de 5,67 KB

Receptores Sensoriais: As Portas da Percepción

Os receptores sensoriais son estruturas especializadas que captan información do ambiente e do propio organismo. Poden clasificarse en:

  1. Exteroceptores: Captan información do exterior.
  2. Interoceptores: Captan información do interior do organismo.
  3. Propioceptores: Situados nos músculos e articulacións, permiten o movemento e a conciencia da posición corporal.
  4. Nociceptores: Son os receptores da dor.

Segundo o estímulo que captan, pódense clasificar en:

  • Fotoreceptores: Visión (luz).
  • Mecanorreceptores: Audición (son), tacto (presión), equilibrio.
  • Termorreceptores: Temperatura (frío e calor).
  • Quimiorreceptores: Gusto e olfacto (substancias químicas).

Limiares Sensoriais: A Medida da Percepción

  • O limiar mínimo é a intensidade mínima necesaria para que o receptor perciba o estímulo.
  • O limiar máximo é a maior cantidade de estímulo que o receptor pode captar.
  • O limiar diferencial é a diferenza entre dous estímulos necesaria para que produzan sensacións diferentes.

A Lei de Weber afirma que o limiar diferencial é directamente proporcional á magnitude do estímulo inicial.

Ilusións e Fenómenos Perceptivos

As ilusións son discrepancias entre o que percibimos e a realidade. Son fomentadas pola existencia dun punto cego (zona do nervio óptico onde non hai fotorreceptores e o ollo non ve) e a persistencia retiniana (efectos Phi e Beta).

O fenómeno Phi é unha ilusión na que dúas luces que se acenden e apagan rapidamente parecen moverse. Axudou a entender como percibimos o movemento en cousas que non se moven, como no cine.

Proceso de Recepción de Estímulos: Do Estímulo á Sensación

O proceso de recepción e interpretación dos estímulos segue varias etapas:

  1. Excitación: Dun receptor por efecto dun estímulo.
  2. Transdución: A enerxía do estímulo convértese en impulso nervioso.
  3. Transmisión: O impulso nervioso viaxa de neurona en neurona.
  4. Recepción: Do impulso polo cerebro, que o interpreta.

A resposta producida polo cerebro denomínase sensación.

A percepción é a experiencia obtida a partir da organización e interpretación das sensacións que obtemos ao final do proceso.

A Teoría Cognitiva e os Trastornos da Percepción

A Teoría Cognitiva consiste en interpretar as cousas en función da experiencia previa. Debemos asimilar a información nova.

Cando a percepción nos confunde, teñen lugar:

  1. As ilusións, que son discrepancias entre o que observamos e a realidade obxectiva que estamos percibindo.
  2. Os transtornos, como a agnosia, que son problemas neurolóxicos para percibir.
  3. As alucinacións, que son percepcións reais sen estimulación dos receptores (sen obxecto). Poden ser:
    • Oníricas: Durante o sono.
    • Fisiolóxicas: Prodúcense por unha lesión entre a cortiza cerebral e os receptores.
    • Orgánicas: Lesión causada por infección ou intoxicación.
    • Psiquiátricas: Propias de enfermidades como a esquizofrenia ou a psicose.

A subpercepción é a percepción de estímulos próximos ao limiar mínimo (non por debaixo del, xa que nese caso a percepción sería imposible).

A Atención: Foco e Procesamento Consciente

A atención é o mecanismo que nos permite distinguir e xerarquizar os estímulos do ambiente e elixir cales procesar conscientemente.

Factores da Atención

  • Obxectivos (esóxenos ou extrínsecos): Intensidade do estímulo, tamaño e contrastes.
  • Subxectivos (endóxenos ou intrínsecos): Interese, motivación, emocións.

Evolución da Atención

A capacidade de atención evoluciona coa persoa:

  • 2 anos: Aproximadamente 7 minutos.
  • 6-7 anos: Aproximadamente 45 minutos.
  • Adulto: Ata 60 minutos.

Tipos de Atención

  • Atención Involuntaria: Sen esforzo. Cando reaccionamos a un estímulo pola súa intensidade, contraste ou tamaño.
  • Atención Voluntaria: Durante a aprendizaxe, require esforzo consciente.
  • Atención Aberta: Implica un cambio observable na conduta do suxeito (ex: xirar a cabeza).
  • Atención Encuberta: Non hai cambios perceptibles na conduta do suxeito, a atención diríxese internamente.

Funcións da Atención

  • Atención de Arousal: Estado de alerta ou activación xeral do organismo.
  • Atención Focal: Capacidade de centrar a atención nun estímulo concreto.
  • Atención Sostida: Capacidade de manter unha resposta durante un tempo determinado. Implica actividade (detección do estímulo, concentración, manipulación).
  • Atención Selectiva: Capacidade de seleccionar información relevante entre os estímulos aos que está exposto, ignorando os irrelevantes.

Entradas relacionadas: