El Pensamiento de Aristóteles: Una Síntesis Filosófica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 6,98 KB
O pensamento de Aristóteles está influenciado polos filósofos presocráticos, especialmente polas ideas de Parménides. Para os presocráticos, a principal preocupación era atopar a orixe do cosmos e mais as leis que rexen a realidade. Tanto para eles como para Aristóteles, o principal obxecto de estudo eran os seres naturais (physis), aínda que o filósofo do periodo ontolóxico desenvolverá tamén unha clara tendencia cara ao interese polos seres artificiais, que herda do seu mestre Platón.
Segundo Parménides, a realidade é estática. Distingue entre o ser e o non-
Ser, establecendo que o paso dun ao outro é imposible, porque se o ser pasase ao non-ser, deixaría de ser el mesmo, e polo tanto non poderiamos coñecelo. Aristóteles herda esta distinción entre o ser e o non-ser, pero diferenciando á súa vez entre o non-ser relativo e o non-ser absoluto. O non-ser relativo é aquello que un non é pero ten posibilidades de chegar a ser, en tanto que o non-ser absoluto é imposible de alcanzar a causa de determinados factores. Ademáis do pensamento de Parménides e os outros presocráticos, Aristóteles herda algunhas ideas de Platón que, como xa se mencionou, foi o seu mentre durante máis de vinte anos. Admite a existencia da esencia, aínda que difire co seu mestre na idea de que esta está fóra das cousas. Asimesmo, adopta a teoría do dualismo antropolóxico de Platón (os seres humanos estamos formados de corpo e alma), pero rexeita a idea de que a alma é inmortal. Ademáis, Aristóteles oponse ao desprezo platónico polos sentidos, de xeito que para el o corpo non é unha molestia na busca do coñecemento. O interés principal de Aristóteles (ao igual que os dos presocráticos do periodo cosmolóxico) é a physis (realidade natural) aínda que, polo seu contacto con Platón, acabará estudando tamén a metafísica (que trata o tema do ser en xeral, non só do natural). A natureza ou physis é, segundo Aristóteles, a esencia intrínseca dos seres e o principio do seu movemento. Os seres que posúen un principio de movemento son seres naturais. O cambio é o movemento. Moverse é chegar a ser o que se pode ser e non se é aínda. Aristóteles distingue dous tipos de cambio: o cambios substancial, que afecta á substancia mesma, en tanto que implica a súa aparición ou desaparición; e o cambio accidental, que non afecta á substancia senón aos seus accidentes (propiedades).
Aristóteles distingue o acto e a potencia. O acto é o ser xa aquí e agora, mentre que a potencia (dynamis) é a posibilidade de producir (activa) ou sufrir (pasiva) un cambio. Aristóteles diferencia entre a substancia e os accidentes. A substancia é o ser, a causa en si mesma, mentres que os accidentes son as súas propiedades. Ao mesmo tempo, define a esencia como “o que fai que as cousas sexan o que son” e que, polo tanto, é propio delas. Como xa se mencionou, o interese principal de Aristóteles é a physis, a natureza. Non obstante, durante os seus anos como discípulo de Platón ampliou os seus horizontes e empezou a interesarse non só polos seres naturais senón tamén polos artificiais. Adéntrase así na metafísica, e aplica algúns dos conceptos explicados anteriormente a esta diciplina. Así, Aristóteles desenvolvé a teoría hilemórfica, segundo a cal todos os seres son seres compsotos por materia (a realidade da que está feita unha cousa) e forma (os trazos común que comparten todos os individuos dunha especie). Os seres individuáis son o que Aristóteles coñece como substancia primeira, mentres que a forma é o que chama substancia segunda. A forma é a esencia, o conxunto de trazos que identifican aos individuos dunha mesma especie. Como é a esencia (e é o que fai que as cousas sexan o que son), Aristóteles afirmas que esta está nos propios seres, en contra do que pensá Platón, que di que a esencia das cousas sensibles (como son copias das ideas) se atopa no mundo intelixible. Para explicar os seres artificiais, Aristóteles distingue catro causas, que son: a causa formal (que é o principio das propiedades específicas dun ser), a causa material (que é o substrato do que están feitas as cousas), a causa eficiente (que é o que pon en marcha un proceso para que algo chegue a ser o que é) e, finalmente, a causa final (que é o obxectivo, o fin, de cada cambio ou movemento). Para os seres naturais, non obstante, a clasificación destas causas é distinta. Porque a physis é ao mesmo tempo a causa eficiente, formal e final dos seres naturais e, por outra banda, está a causa material. Aristóteles diferencia entre os seres móviles (que cambian) e os seres inmóviles (que non o fan). Non obstante, hai unha especie de ser intermedio que el chama “motor inmóvil”, e que poderiamos identificar co demiúrgo da teoría de Platón.
Este motor inmóvil exerce de organizador do mundo, que anteriormente era caótico. É a substancia que provoca o cambio no resto dos seres, pero que en si mesma non pode sufrir ningún tipo de transformación. A visión do cosmos na filosofía de Aristóteles é dualista, dinstingue dous tipos de mundos: o sublunar e o supralunar. O mundo sublunar é a rexión terrestre, o noso mundo. é un mundo onde os seres naturais nace, sofren transformacións e, finalmente, perecen. Todos os corpos que forman parate desta rexión están formados por catro elementos (que Aristóteles chama materia primeira): o lume, o aire, a terra e a auga. Todos os movementos realízanse con vistas a un fin: o mantemento da orde do conxunto establecida polo motor inmóvil. O mundo supralunar abarca todo o que se atopa máis alá da lúa (estrelas, planetas, o sol…). Nesta rexión reina a orde, a harmonía e a igualdade. Os corpos celestes están compostos de éter (o que sempre corre), que é unha materia transparente e imponderable. O universo é esférico e finito, e está formado por esferas que se atopan unhas dentro doutras (sendo a Terra o centro delas) e son movidas polo motor inmóvil. O mundo físico é, para Aristóteles, perfecto, finito (significa que está incompleto), único e eterno. A física é unha ciencia que estuda o ser natural e busca explicar as causas e leis que orixinan e rexen a physis. O problema vén á hora de determinar se a metafísica é ciencia ou non. Aristóteles denominouna filosofía primeira, e defínea como a “ciencia que se busca”, porque esta diciplina trata de atopar a causa primeira de todas as cousas. Pero, se esta causa é o motor inmóvil, que é un ser concreto que se sae da norma que rixe ao resto de seres naturais, tal vez sería máis acertado dicir que a metafísica é unha ciencia pero que tamén se achega á teoloxía (estudo de algo concreto). O motor inmóvil será máis tarde comparado co creador con que o cristianismo explica a orixe do universo, aínda que as súas funcións non son exactamente as mesmas.