Pensamento Feminista e Crítica Social: Arendt e Beauvoir

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,35 KB

Hannah Arendt: Análise do Totalitarismo e a Condición Humana

Na obra *As orixes do totalitarismo*, Hannah Arendt analiza a dominación no nazismo e no estalinismo. O totalitarismo é un fenómeno sempre presente como posibilidade, por establecer como principio unha idea absoluta á que a realidade ten que someterse a partir dunha violencia e control constantes. A Arendt preocupouna a forma de actuación colectiva nun réxime totalitario.

A Banalidade do Mal e o Totalitarismo

Analizou a reflexión sobre un xuízo a un oficial responsable da “solución final” e encontrou unha “banalización do mal”, un mecanismo psicolóxico que invertía a situación da vítima. Na obra *A condición humana*, fai unha lectura dos perigos da nosa época e destaca a importancia de recuperar o espazo público e político, porque a humanidade pode acabar “na pasividade máis mortal e estéril de todas as coñecidas na historia”.

A Condición Humana: Labor, Traballo e Acción

Analiza a vida activa do ser humano, na que se poden distinguir tres ámbitos:

  • O labor: é a actividade relacionada coa supervivencia biolóxica do corpo humano.
  • O traballo: é a creación dun mundo artificial distinto do natural.
  • A acción: é a actividade que se dá entre os seres humanos que necesitan convivir na pluralidade, o ámbito da esfera pública onde se toman as decisións que afectan a todos os cidadáns e o ámbito da verdadeira liberdade.

Denuncia que as nosas vidas non se desenvolven na esfera máis humana da acción, senón que xiran arredor do traballo. A tecnoloxía colabora a maximizar a explotación da humanidade e a consumición do planeta. A obra é unha chamada a recuperar a boa política, que é a máis excelente actividade humana. A política debe ser exercida por unha cidadanía responsable e plural, disposta a chegar a acordos no espazo público. O ser humano pode actuar nun mundo común, xunto cos seus iguais, no ámbito dunha verdadeira democracia. Esta é a única esperanza de que a banalidade do mal, a destrución e o sen sentido non se estendan no noso mundo.

Simone de Beauvoir: Feminismo, Existencia e Liberdade

(París, 1908-1986) Pensadora e novelista francesa. Fundadora da revista *Tiempos Modernos*, que saíu o 15 de outubro de 1945 e se transformou nun referente político e cultural do pensamento francés da metade do século XX.

O Segundo Sexo e a Construción da Muller

O seu ensaio máis coñecido é *O segundo sexo*, que constitúe un profundo estudo da condición da muller na sociedade. Aínda que a loita sufraxista tivo como resultado importantes avances sociais, a desigualdade entre homes e mulleres continuaba sendo unha constante nas sociedades do século XX. Simone de Beauvoir considera intolerable esta situación de inferioridade e defende un feminismo da igualdade, que o varón xa posúe e que lle permite gozar dunha existencia íntegra como persoa. Reflexiona sobre o que permite e perpetúa a desigualdade entre home e muller. As sociedades, gobernadas polos homes, desenvolveron toda clase de mitos e estereotipos sobre a muller, que se viu encerrada. Esta esencia á que a autora se refire como o mito do *eterno feminino* fai que a muller sexa vista coma “o outro”, como a alteridade, como o segundo sexo.

Para De Beauvoir, ser muller non é algo natural, senón unha construción social que pode e debe ser alterada. Separa os aspectos biolóxicos e corporais da muller da construción e as expectativas sociais que se producen pola suposta “esencia” do ser muller. A muller pode tomar o control da súa vida para deixar de estar alienada no seu ser muller.

A Liberdade Feminina e a Transcedencia

Ante isto, busca unha muller que poida transcender a súa propia condición e ser un ser humano plenamente libre. A maternidade, por exemplo, ten que ser sempre elixida. A muller libre ha de ter a posibilidade de ser produtiva e conquistar un mundo similar ao do home, traballando e desempeñando coma el tarefas intelectuais. Por último, para conquistar a plena liberdade, a muller debe poder entender o seu propio pracer e ser dona del, separando sexualidade e reprodución.

Entradas relacionadas: