Patróns Familiares e Herdanza en Galicia: Contrastes Históricos
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,39 KB
Estrutura Familiar e Herdanza: Conceptos Xerais
A estrutura familiar abrangue o tamaño e composición das familias, presentando contrastes territoriais significativos. Analízase a xefatura dos fogares, distinguindo entre homes e mulleres, a presenza de parentes colaterais e persoas solitarias.
O sistema de herdanza, aínda que baseado nun mesmo dereito, manifesta prácticas distintas no espazo e no tempo, evolucionando desde a mellora larga ata o reparto igualitario. A posible explicación desas prácticas cambiantes reside en factores como o sistema agrario, as actividades complementarias e as pautas culturais (como a idea da “casa”).
O Caso Singular de Lugo no Século XVIII
A mediados do século XVIII, obsérvase un claro contraste entre a provincia de Lugo e o resto de Galicia en canto ao número de persoas por fogar. Neste período, a singularidade reside nas terras lucenses. Esta diferenza de tamaño (as familias lucenses teñen de media máis persoas por fogar a mediados do XVIII) non se debe a que as familias de Lugo teñan máis descendencia que o resto de familias de Galicia. O que sucede é que en Lugo hai un celibato moi acusado, con moitos homes e mulleres que non casaron e que habitualmente continuaron na casa onde naceron de por vida. Isto entón explica que as familias sexan máis grandes.
A familia de Lugo pódese cualificar como unha especie de “familia refuxio”, que acolle a aqueles membros da familia que optaron por non casar ou por non emigrar.
Outras Diferenzas en Lugo
- En Lugo é moi difícil atopar persoas que vivan soas.
- Tamén é difícil atopar mulleres que sexan xefes da casa.
Isto, neste momento, está moi relacionado co sistema hereditario e coas diferenzas que hai dunhas zonas a outras. Na zona de Lugo, onde domina este tipo de familia troncal, na cal hai outros parentes colaterais.
O Sistema de Herdanza en Lugo (Séculos XVIII-XIX)
No caso de Lugo nos séculos XVIII e XIX, o sistema hereditario é moi sinxelo: é coñecido como a mellora larga. Consiste en deixarlle ao primoxénito máis de 2/3 de todos os bens. É un sistema hereditario que tende a transmitir o patrimonio íntegro, indiviso.
Polo tanto, este é un sistema moi desigual, que entorpece o casamento dos que non reciben a mellora e, por tanto, fomenta o celibato. É dicir: un sistema desigual, inxusto, porque case despoxa dos bens a maior parte dos descendentes, que teñen moi difícil casar. É un sistema parecido ao da fidalguía, de transmitir o patrimonio íntegro.
Sistemas de Herdanza no Resto de Galicia
Mentres que no resto de Galicia predomina o sistema de herdanza preferencial. Este consiste en que os petrucios (os xefes da casa) asignan unha pequena vantaxe ao fillo ou filla que se vai quedar con eles na casa. É unha mellora moi curta, limitada, moito máis pequena que a que predomina na zona de Lugo, e que os pais asignan a calquera dos fillos.
Neste caso, calquera fillo ou filla pode recibir a mellora (non ten por que ser o primoxénito), e mesmo os petrucios poden cambiar de idea.