O Partenón: Arquitectura Grega Clásica e Orde Dórico
O Partenón: Arquitectura Grega Clásica e Estilo Dórico
Nesta imaxe do edificio, fotografía da fachada e da planta, móstrase o Partenón, a obra máis representativa da arquitectura grega clásica e do estilo dórico. Trátase dun edificio de arquitectura relixiosa, construído por Ictino e Calícrates baixo a supervisión de Fidias.
O Partenón atópase dentro da Acrópolis, recinto sagrado consagrado aos deuses, onde tamén se encontran outros templos como o da Victoria Niké e o Erecteion. Construíuse para acoller a estatua de Atenea Pártenos (realizada por Fidias), pois o templo anterior fora destruído polos persas.
Planta e estrutura
Como se observa na imaxe, a planta do Partenón é rectangular. Trátase dun templo grego octástilo, con oito columnas nos lados curtos e dezasete nos longos, anfipróstilo e períptero, con tres espazos claramente diferenciados: o pronaos, a naos ou cella e o opistodomos.
A naos estaba dividida en tres naves por dúas filas de columnas dóricas superpostas (para lograr a altura necesaria para albergar a enorme estatua da deusa). A nave central, no fondo da cal se atopa a estatua, ten o dobre de anchura que as dúas laterais, que forman ao fondo da estancia unha galería que rodea por detrás a imaxe de culto. A sala posterior é o opistodomos, chamado parthenón ou sala das virxes, nome que máis tarde se utilizou para designar todo o edificio. É un espazo amplo, con catro elevadísimas columnas jónicas no centro.
Polos materiais, utilizáronse mármore e madeira na estrutura do interior. O sistema constructivo é o adintelado.
Trátase dun templo de orde dórico no que se identifican todos os seus elementos: érguese sobre tres grados que constitúen a krepis, sendo o superior o estilobato, sobre o que descansa o fuste das columnas sen basa. O fuste é estriado con ensanchamento ou éntasis na parte central. O capitel, con equino e forte ábaco, remata a columna. O entablamento, dividido en un arquitrabe liso; o friso, dividido en tríglifos e métopas; e a cornixa, que é a parte inferior do frontón triangular, cuxos outros dous lados resultan da cuberta a dúas augas. A orde dórica empregouse nos pórticos e no interior da naos. Pero tamén ten elementos da orde xónica: no muro exterior de todo o edificio colocouse un friso xónico continuo.
Correccións ópticas e busca da harmonía
No século V a.C., o racionalismo e a busca da beleza perfecta xeraron unha obra con correccións calculadas con precisión para evitar que, por ilusións ópticas, se crearan na retina do espectador defectos inexistentes. A busca da harmonía visual céntrase en:
- Os elementos horizontais (estilobato e entablamento): se son extensos, o ollo humano os percibe non rectos, senón lixeiramente afundidos no centro. Para evitalo, o centro dos entablamentos e o do estilobato teñen uns centímetros de elevación convexa.
- As catro columnas das esquinas reciben máis fortemente a luz no seu perfil e recórtanse sobre o espazo; se fosen iguais ás demais do pórtico, o ollo humano percibíaas máis delgadas. Para evitalo, estas catro columnas son un pouco máis grosas que as restantes.
- Outras correccións ópticas son a inclinación das columnas cara a dentro, para evitar a sensación de caída e crear o chamado efecto piramidal; o éntasis das columnas, para evitar o efecto de concavidade cando os lados son rectos; a desigual distancia entre os intercolumnios; e, por último, a policromía (que hoxe non podemos observar), que termina por conseguir a total perfección.
Con isto conclúe a análise da obra grandiosa e representativa por excelencia: o Partenón.
O embelezamento deste espazo sagrado lévase a cabo nun contexto de riqueza e euforia tras a vitoria sobre os persas e corresponde ao momento de maior esplendor de Atenas, a mediados do século V a.C., a Atenas de Pericles. A civilización clásica grega foi a orixe cultural da nosa civilización e serviu de modelo en Occidente, non só na arte, senón tamén na historia, a filosofía, a ciencia, o deporte, etc. A Hélade foi un territorio moito máis extenso que a Grecia actual, abarcaba desde o Mediterráneo occidental ata os confíns do Oriente Medio, incluídas as illas gregas. A súa historia pódese dividir en tres fases:
- A época arcaica (séculos VIII-VI a.C.)
- A época clásica (séculos V-IV a.C.), o momento máis brillante.
- A época helenística (séculos IV-I a.C.)
Políticamente, os gregos organizáronse en polis, pequenas cidades-estado independentes, pero que compartían a cultura, a lingua e a relixión. No período helenístico, época de Alexandre Magno, unificáronse os territorios da cultura grega.
No arte, os gregos viían a beleza na harmonía, a proporción e o equilibrio. A arquitectura era arquitrabada e utilizaba como aparello perpiaños de blocos de mármore (que normalmente se policromaban). O edificio máis importante da súa arquitectura era o templo, e empregaban as ordes arquitectónicas clásicas (dórica, xónica, corintia), coa columna como principal soporte.