Paralelismo e leixapren

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,59 KB

son breves composicións en que unha voz feminina, moza solteira e namorada, se dirixe ao seu amado, normalmente ausente, chamado como amigo, de ahí o nome de cantigas de amigo. Nelas diríxese a nai, a irmá, as amigas. É o xénero máis representativo da lírica galego-portugués. O orixe das cantigas eran reelaboracións cultas dunha poesía popular autóctona, común a outros poemas de autoría feminina das zonas de lingua romance, das que o exemplo serían as "kharxas" mozárabes. As cantigas de amigo tal e como chegaron a nós, son superviventes modernizadas da primitiva escola lírica galego portugués. O tema central das cantigas era o amor dunha muller polo seu amigo, aínda que a voz sexa feminina, sempre era un trobador, que finxe ser unha muller. Os valores simbólicos:cervo(namorado), agua(pureza,virxinidade e moza), fonte(lugar de encontro). Tiñan como finalidade ser cantadas, por iso se usaban as técnicas repetitivas, que servían para facilitar a memorización do texto, como por ex:

Paralelismo:

recurso expresivo baseado na repeticón que vai relacionado coas estrofas por parellas;pode ser estructural,semántico e sintáctico.

Leixaprén

Recurso propio das cantigas de amigo que relaciona cada parella de estrofa coa parella seguinte.
Consiste na repetición dos segundos versos do primeiro par de estrofas como primeiro versos do par seguinte, e así seguido.    Refrán: verso que se repite ao final de cada estrofa.

Entradas relacionadas: