Panorama de la Narrativa y el Teatro Gallego desde 1975: Autores, Tendencias y Obras Clave

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,43 KB

Narrativa Gallega a partir de 1975: Características Generales

Se desenvolveu unha narrativa máis autóctona, que continúa as tendencias iniciadas na época anterior. Segundo a liña temática predominante podemos distinguir:

  • Realismo sociolóxico e de denuncia social (Morrer en Castrelo de Miño).
  • Narrativa artúrica, que recupera a materia de Bretaña e a tradición cabaleiresca (Amor de Artur, Galván en Saor).
  • Novela histórica, que desenvolve aspectos da historia de Galicia, mesturando o real e o ficticio (O triángulo inscrito na circunferencia).
  • Narrativa urbana e experimental (Polaroid).
  • Narrativa bravú, que mestura as temáticas urbana e ruralista. Os seus representantes son Xurxo Souto (A tralla e a arroutada) ou Santiago (Cabaret Voltaire).
  • Narrativa intimista (Memoria de Noa).
  • Narrativa feminista, que reivindica o papel da Muller na sociedade (Amantia).

Autores Destacados de la Narrativa Gallega

Alfredo Conde

Estudou náutica na Coruña e historia en Santiago. Traballou como mariño mercante e como profesor. Foi deputado no parlamento galego e conselleiro de cultura entre os anos 1987 e 1990. Escribiu poesía, pero tamén é coñecido pola súa obra narrativa, onde sinalamos Memoria de Noa; Xa vai o Griffon no vento (obra que se desenvolve en dous espazos: a Compostela do século XVI e a Provenza actual); Azul cobalto e María das batallas, sobre a figura de María Pita.

Víctor F. Feixanes

Licenciado en filoloxía románica e xornalista de profesión, é salientable o seu labor no mundo editorial. As súas obras mesturan a novela histórica co mundo mítico na liña de autores como Gonzalo Torrente ou Alejo Carpentier. Na súa produción, recoñecida con numerosos premios, destacan: O triángulo inscrito na circunferencia, O enxoval da noiva, A cidade dos césares e Cabalo de ouros.

Suso de Toro

Licenciado en arte moderna e contemporánea, na actualidade é profesor de lingua galega nun instituto. A primeira etapa da súa obra vén dada polo experimentalismo: presenta un estilo fragmentado e realista, utiliza diferentes rexistros lingüísticos e pretende retratar o caos do mundo. A este período pertencen Caixón desastre, Polaroid, Land Rover e Tic-Tac. Máis adiante, nos seus escritos mestura diversos subxéneros e estilos: a ciencia ficción (A sombra cazadora); o suspense e a acción (Calzados Lola); a novela gótica e de misterio (Trece badaladas) e as lendas celtitas (Morgún). Vén de publicar máis recentemente Home sen nome e Sete palabras.

Manuel Rivas

Licenciado en ciencias da información, é colaborador habitual en diferentes medios de comunicación e o autor máis lido da actualidade. O seu estilo caracterízase pola súa síntese e intensidade lírica. Comezou na literatura como poeta e foi participante do colectivo de amor e desamor. A súa produción narrativa comeza na literatura xuvenil (Todo ben). Destacan o libro de relatos Un millón de vacas, Os comedores de patacas, ¿Que me queres, amor? (libro de relatos que contén A lingua das bolboretas), e O lapis do carpinteiro (novela que transcorre na guerra civil, tamén levada ao cine). Nos últimos anos publicou Os libros arden mal (centrada na represión durante a guerra civil), Todo é silencio (sobre o narcotráfico) e a recompilación de relatos curtos O máis estraño.

El Teatro Gallego del Siglo XX

Tras a posguerra, a partir dos anos 50 recupérase a creación teatral en Galicia e a súa publicación, grazas á editorial Galaxia coa colección Illa Nova.

Teatro en los Años 50

Durante os anos 50, a situación política fixo que, en moitos casos, as obras teatrais non puidesen ser representadas e ficasen como obras inéditas e teatro para ler. Os autores desta época non se poden adscribir a ningunha corrente estilística, xa que presentan unha produción moi individualizada, pero en todas as súas obras pódese observar o desacougo de vivir nunha sociedade oprimida e sen liberdade de expresión. Entre os membros da xeración dos 50 podemos citar a Xosé Luís Franco (Vieiro choído), Arcadio López Casanova (Orestes), Manuel María (Auto do taberneiro), Mª Xosé Queizán (Antígona ou a forza do sangue) e Daniel Cortezón (Xelmírez ou a gloria de Compostela).

El Teatro Independiente

Na década de 1960, o teatro independente rescata o xénero das salas comerciais para achegalo ao pobo, a través de novas formas de creación e representación. Con esta intención créanse compañías itinerantes que chegan a todos os recunchos do territorio como O Facho ou Histrión. En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a primeira Mostra de Teatro Galego, punto de encontro dos grupos do momento. Desta iniciativa xurdiu o grupo Abrente, composto por escritores, actores, directores… que lograron renovar o xénero dramático. Entre eles podemos citar a Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal, Roberto Vidal Bolaño ou Francisco Taxes.

Manuel Lourenzo

É un home vinculado ao teatro a través de múltiples actividades: actor, tradutor, director, profesor… Como autor presenta unha obra moi extensa, na que destacan Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca, Todos os fillos de Galaad, Veladas indecentes. O teatro de Lourenzo reinterpreta o mito para denunciar situacións históricas, afondar no comportamento humano e alertar á sociedade. Nos últimos tempos, desenvolve o minimalismo, que o leva á redución ao mínimo do texto teatral, mesmo eliminando as indicacións nas súas pezas.

Otras Corrientes Teatrales

Os autores desta época non rompen co teatro anterior, senón que presentan unha continuidade desenvolvendo as seguintes temáticas:

  • Compromiso social: céntrase na sociedade do momento, case sempre cunha visión tinxida de humor. Podemos incluir nesta tendencia a Sexus Pisón, Alberto Avendaño e Manuel Riveiro Loureiro.
  • Culturalismo: vincúlase cun grupo de escritores que se dan a coñecer a través dos concursos da Escola Dramática Galega e dos seus cadernos. Este teatro caracterízase pola reflexión sobre si mesmo (metateatro) e sobre as relacións entre arte e vida. Entre os seus cultivadores destacan Miguel Anxo Fernán, Luísa Villalta, Inma Souto ou Lino Braxe.
  • Neorruralismo: enlaza coa tradición anterior a 1936 actualizándoa e modernizándoa. Entre os autores desta liña está Raul Dans.
  • Intertextualidade: baséase na volta a grandes textos do teatro universal, co fin de entreter e divertir ao público. Un bo exemplo desta corrente é o teatro de Cándido Pazó.
  • Comedia de enredo: prolifera a comedia de todo tipo, tendencia representada entre outros por Cándido Pazó e Suso de Toro.
  • Teatro histórico: segue a liña do teatro dos anos 50 e do grupo Abrente. Entre os cultivadores destacan Cándido Pazó, Agustín Magán e Mª Xosé Queizán.

Entradas relacionadas: