Panorama de la Literatura Gallega de Posguerra

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,85 KB

A Poesía da Posguerra

A Xeración das Festas Minervais

A Xeración das Festas Minervais está formada por escritores nacidos entre 1930 e 1940 que levaron a cabo unha profunda renovación da poesía galega. Comparten algunhas características xeracionais:

  • A maioría ten formación universitaria. Participaron nas Festas Minervais e escribiron no xornal compostelán La Noche.
  • Son escritores monolingües en galego.
  • Vinculáronse ao proxecto cultural Galaxia.
  • Manteñen un activo compromiso político.

Pertencen a esta xeración: Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Manuel María, Xohana Torres...

Uxío Novoneyra (1930-1999)

  • O poeta do Courel estuda en Madrid e alí colabora co grupo poético Brais Pinto.
  • Destaca pola súa poesía paisaxística, na que expón a soidade e fusión do individuo na paisaxe agreste e grandiosa da súa terra natal. Vese en obras como Os eidos (1955) ou Elexías do Courel e outros poemas (1966).
  • Tamén cultivou a poesía social, de carácter reivindicativo, en obras como Do Courel a Compostela (1986).
  • Textos caracterizados pola importancia dos elementos sonoros (onomatopeas, aliteracións…) e a brevidade (versos moi condensados).

Manuel María (1929-2004)

  • Autor dunha obra moi extensa e variada en canto aos temas e á forma.
  • Na poesía combina tres liñas temáticas: a paisaxística, centrada na Terra Chá (da que é orixinario), con títulos como Terra Chá (1954); a poesía social, na que amosa o seu compromiso político apoiándose na ironía, con títulos como Documentos personaes (1958); e a poesía intimista desacougada.

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)

  • Autor dunha poesía vitalista, con imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza.
  • Distinguimos dúas etapas na súa produción poética: unha anterior á súa emigración a Colombia e unha posterior ao seu regreso a Galicia, na que recolle a súa experiencia de viaxe e describe a paisaxe tropical.
  • Destacan títulos como O tempo no espello (1982) ou Cantos caucanos (1985).

Xosé Luís Méndez Ferrín (1938)

  • Autor fundamental da literatura galega contemporánea.
  • Importantísima obra narrativa e poética. Dentro desta última iníciase con Voce na néboa (1957) e publica outros títulos relevantes como Con pólvora e magnolias (1976), coa que racha a tendencia social-realista que ata ese momento predominaba.
  • Dúas liñas poéticas esenciais na súa obra: a lírica e intimista, con temas como o amor ou o paso do tempo, e a reivindicativa.

Bernardino Graña (1932 -)

  • Tamén abrangue todos os xéneros literarios.
  • Na poesía destaca o tratamento do amor e da natureza, en obras como Profecía do mar (1966) ou Non vexo Vigo nin Cangas (1975).
  • Denuncia tamén a deshumanización do mundo actual e os problemas ambientais.

O Teatro nos Anos de Posguerra

A actividade dramática paralízase após a Guerra Civil, despois dun florecemento importante no primeiro terzo do século XX. Coma noutros xéneros, a produción continúa no exilio americano.

Retómase a publicación de pezas dramáticas con Galaxia. Textos destinados á lectura.

A mediados da década de 1960 comeza a recuperación do teatro, grazas a grupos como O Facho, na Coruña, ou Teatro Popular Galego, en Vigo.

Xa na década de 1970 aparecen novos grupos teatrais, e destaca a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (desde 1973), na que se xuntarán moitos autores e grupos teatrais.

Vinculados a esas mostras de Ribadavia apareceron autores relevantes como Roberto Vidal Bolaño, Euloxio Ruibal ou Manuel Lourenzo.

O Galego nos Medios

Do Papel á Rede

  • A primeira publicación periódica escrita integramente en galego foi O Tío Marcos da Portela.
  • No primeiro terzo do S.XX, aparecen novas cabeceiras (A Nosa Terra, Nós...).
  • Coa chegada da democracia, a presenza do galego increméntase na prensa escrita, mais non será ata fins do S.XX cando se publique o 1º xornal diario monolingüe en galego: O Correo Galego.
  • Co internet, moitas destas publicacións difundiron tamén os contidos en formato dixital.

A Radio e a Televisión

No ano 1985 comezaron as emisións da TVG e da Radio Galega. Actualmente a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) xestiona catro canles de televisión e tres de radio. Existen tamén canles locais que empregan a lingua galega nas súas emisións.

A Narrativa Actual

Panorama Cultural

O novo marco político que se produce a partir de 1975 orixina un aumento significativo da produción literaria en lingua galega. As circunstancias que o posibilitan son:

  • Xorden novas editoriais como Xerais, Sotelo Blanco...
  • Aumenta tamén o número de libros publicados.
  • As editoriais diversifican a súa oferta de xéneros e títulos e incorporan as traducións ao galego dos grandes clásicos da literatura universal.
  • Créanse premios literarios (Blanco Amor, Esquío...).
  • Nos últimos tempos tamén podemos coñecer a través de Internet a literatura que se está facendo en Galicia.

Autores

  • Os narradores que se deran a coñecer nos 60 (Nova Narrativa Galega) continúan publicando novos textos. Á par deles xorde nos 70 unha nova xeración de escritores: Víctor Freixanes, Paco Martín, Alfredo Conde...
  • A eles únense nos 80 un numeroso grupo de narradores que introducen novas temáticas e novas técnicas narrativas: Manuel Rivas, Suso de Toro, Marina Mayoral...
  • Nos últimos anos engádense nomes novos: Fran Alonso, Rosa Aneiros, Teresa Moure, Xurxo Borrazás... e novas promocións nas décadas seguintes.

Os temas abordados pola narrativa actual son moi variados: novela histórica, realista, de aventuras, de misterio, de terror... Xorden tamén novas modalidades narrativas: novela policial, de ficción científica, relato fantástico, erótico...

Tipos de Plano

1. Planos Amplos e Distantes

Teñen carácter descritivo, serven para situar a acción:

  • Gran plano xeral: abarca un espazo amplo, serve para ambientar o escenario no que transcorren os feitos.
  • Plano xeral ou de conxunto: os personaxes aparecen de corpo enteiro, integrados no escenario.

2. Planos Medios

Narran a acción, sitúan os diálogos:

  • Plano americano: desde os xeonllos para arriba.
  • Plano medio ou curto: desde a cintura para arriba.

3. Planos Próximos

Son expresivos e buscan resaltar un detalle ou unha emoción.

  • Primeiro plano: o encadramento céntrase nunha parte do corpo, como o rostro. Úsase para mostrar os sentimentos e reaccións dos personaxes.
  • Plano de detalle: amosa un obxecto ou unha parte pequena do corpo do personaxe.

A Angulación ou Encadramento

É o punto de vista físico desde o que se rexistra a escena.

  • Encadramento normal ou frontal: cámara á altura dos ollos.
  • Encadramento picado: por encima do personaxe, aparece empequenecido e angustiado polas circunstancias.
  • Encadramento contrapicado: máis abaixo, engrandece o personaxe e resalta a súa importancia.
  • Encadramento holandés ou aberrante: en diagonal que busca poñer nervioso ao espectador e indicarlle que vai suceder algo. É típico das películas de terror.

Entradas relacionadas: