Panorama da Literatura Galega: Exilio e Posguerra
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,43 KB
Poesía do Exilio Americano
A poesía do exilio americano caracterízase por unha forte denuncia social. Destacaron os seguintes autores:
- Luís Seoane: Destacou nas artes plásticas e na poesía. Publicou:
- O fardel de exiliado (1952)
- Na bretema (1955)
- As cicatrices (1959)
- Lorenzo Varela: É autor de dous poemarios:
- 4 poemas para 4 gravados (1944)
- Lonxe (1954)
- Emilio Pita:
- Jacobusland (1942)
- Cantigas de nenos (1944)
- As cantigas (1959)
Narrativa do Exilio: Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense. En 1919 emigrou a Arxentina, onde comezou a traballar como xornalista e iniciou o seu labor literario. En 1965 regresou a Galicia e residiu en Ourense, pasando tempadas en Vigo. Continuou o seu labor literario, que combinaba coa publicación de artigos xornalísticos. Morreu en Vigo en 1979.
Obras destacadas de Eduardo Blanco Amor:
- Narrativa:
- A esmorga
- Os biosbardos
- Xente ao lonxe
- Poesía:
- Romances galegos
- Poema en catro tempos
- Cancioneiro
- Teatro:
- Farsas para títeres
- Teatro para a xente
- Proceso en Jacobusland
Narrativa de Posguerra Galega
A partir dos anos 50
Recupérase a produción literaria na nosa lingua, grazas á Editorial Galaxia. Os escritores máis significativos son Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
Nos anos 60: A Nova Narrativa Galega
Aparece a 'Nova Narrativa Galega', que vai renovar a nosa literatura mediante novas técnicas e novos temas. Intégrana escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xohana Torres, María Xosé Queizán, entre outros.
A partir dos 70
Danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Martín e Xosé Fernández Ferreiro.
A Obra Narrativa de Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro escribiu novelas e libros de relatos.
Novelas:
- Merlín e familia: Retoma a figura mítica do mago Merlín, adaptándoo a un tempo presente e a un escenario galego; o libro reúne unha sucesión de historias independentes.
- As crónicas do sochantre: Está protagonizada por un músico que se dirixe a tocar nun enterro e é recollido por unha carroza na que viaxan varios defuntos. Durante anos percorrerá con eles o país e irá escoitando historias das súas vidas pasadas.
- Se o vello Sinbad volvese ás illas: Inspírase nos relatos das Mil e unha noites. Recupera o personaxe do vello mariñeiro, agora xa retirado, que soña con regresar ao mar e levar a cabo novas aventuras.
Libros de relatos:
Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes. Forman unha especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura: son relatos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral.
A Nova Narrativa Galega: Características e Autores
É un grupo de escritores e escritoras que publicaron as súas obras a finais dos anos 50 e durante a década dos 60, e que, mediante a introdución de novas temáticas e técnicas, revitalizan o xénero narrativo. Son todos escritores moi novos que se inspiran en narradores americanos e europeos que revolucionaron a literatura do século XX.
As principais novidades son:
- Presenza de personaxes anónimos, marxinais e, con frecuencia, sumidos en estados patolóxicos.
- O mundo do subconsciente (traumas, pesadelos, soños).
- Ambientes urbanos e claustrofóbicos.
- Ruptura da liña temporal con constantes avances e retrocesos no tempo; varios narradores nun mesmo relato.
- Predominio do monólogo interior ou fluír da conciencia.
- Técnica do 'ollo cinematográfico': o narrador actúa coma se fose unha cámara.
Integran a Nova Narrativa:
- Xosé Luís Méndez Ferrín
- Carlos Casares
- María Xosé Queizán
- Xohana Torres