Panorama Lingüístico: Orixe, Historia e Recuperación das Linguas Minoritarias Ibéricas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,75 KB

Panorama Lingüístico Ibérico: Situación e Recuperación das Linguas Minoritarias

Éuscaro (Vasco)

Trátase dunha lingua preindoeuropea de orixe incerta. É considerada unha das linguas máis antigas do mundo e conta con máis de 700.000 falantes. Emprégase en Euskadi, no norte de Navarra e no País Vasco francés, neste último sen recoñecemento oficial. É lingua oficial no resto dende 1982.

Desafíos Históricos e Recuperación Actual

As políticas de marxinación dos Estados español e francés, a represión do seu uso durante o réxime franquista, a inmigración masiva de castelán-falantes ao longo de todo o século XX e a distancia entre esta lingua e as demais linguas da península colocárono en claro perigo de desaparición.

Actualmente, experimenta unha tendencia clara de recuperación e incremento dos seus usos grazas á reivindicación social e á planificación normalizadora con incidencia no ensino, no ámbito cultural e nos medios de comunicación. O principal obxectivo a curto prazo é a *euscaldunización* de toda a poboación, é dicir, que todos os seus habitantes sexan capaces de entender e falar a lingua propia.

Asturleonés

O asturleonés só goza de recoñecemento oficial en Miranda do Douro (Portugal) dende 1999, mentres que en España unicamente se establece que será obxecto de protección e promoción.

Distribución e Status

  • Uso xeográfico: Úsase principalmente en Asturias, no norte e noroeste de León e na Seabra zamorana (onde a súa situación é peor).
  • Status educativo: No ensino só existe como materia optativa.
  • Normalización: En 1980 creouse a Academia de la Llingua Asturiana, que elaborou unha normativa ortográfica.

Aragonés

No Estatuto de Aragón só se fala de “protección das linguas e modalidades lingüísticas propias”.

Esta lingua atópase en franca regresión e só sobrevive como lingua familiar e coloquial na metade norte da provincia de Huesca. Está practicamente ausente dos medios de comunicación e do ensino, sendo considerada unha lingua en perigo de extinción.

Aranés (Occitano)

O aranés é unha lingua occitana falada no Val d’Aran (Pireneos), na provincia de Lleida.

Oficialidade e Presenza

É oficial, xunto co catalán e o castelán. Está presente en todos os niveis de ensino obrigatorio como materia e lingua vehicular. Porén, ten escasa presenza nos medios de comunicación.

Aínda que perdeu falantes, nel reside o futuro do occitano, pois en Francia carece de recoñecemento legal.

Galego

O galego é o romance máis occidental da Península e conta con 2,5 millóns de falantes.

Orixe e Idade Media

Constituíu o mesmo idioma xunto co portugués ata finais da Idade Media. Nese período, era de uso normal na sociedade ao tempo que gozou dun enorme prestixio literario.

Séculos Escuros e Rexurdimento

Nos Séculos Escuros (s. XVI-XVIII), sufriu unha etapa de marxinación e apenas tivo cultivo escrito. A súa recuperación como lingua de cultura ten lugar no s. XIX, co coñecido como *Rexurdimento*, onde aparecen as primeiras gramáticas e dicionarios e recupera definitivamente o seu cultivo literario.

Normalización e Desafíos Recentes

A principios do s. XX fúndase a RAG (Real Academia Galega, 1906) e créase a primeira normativa ortográfica e morfolóxica a través das Irmandades da Fala (1916), artífices tamén do proceso de normalización lingüística e cultural.

Na etapa franquista sufriu unha regresión e chega ao último terzo do s. XX cunha acusada tendencia á perda de falantes nos ámbitos urbanos e entre a xente nova.

Entradas relacionadas: