Panorama Lingüístico na Península Ibérica: Conceptos e Estatus Legal
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,03 KB
Adecuación Comunicativa
A adecuación refírese á capacidade dun texto para adaptarse á situación comunicativa na que se produce, tendo en conta os seguintes factores:
- A intención comunicativa do emisor:
- Propósito claro (ser obxectivo/subxectivo).
- O destinatario:
- Depende da idade, do coñecemento e do interese.
- A propia situación comunicativa e a relación existente entre os interlocutores:
- Formal/informal.
- O código:
- Gramaticalidade e ortografía correcta.
- A canle:
- Oralmente (falando), escrita (escribindo).
Fenómenos Semánticos
- Polisemia:
- Mesma palabra, diferentes significados. Exemplo: banco (sentarse, peixes, diñeiro).
- Homonimia:
- Mesma palabra, diferentes significados e etimoloxía. Exemplo: vela (lume), vela (embarcación).
Tipos de Homónimos:
- Homófonos: Pronúncianse igual e escríbense diferente. Exemplo: barón/varón.
- Homógrafos: Escríbense igual e teñen diferentes significados. Exemplo: vela (lume), vela (embarcación).
Plurilingüismo
O plurilingüismo constitúe a realidade lingüística máis frecuente, xa que na maior parte dos Estados conviven dous ou máis idiomas. As linguas agrúpanse en familias lingüísticas ou en grupos lingüísticos. Así, unha familia lingüística é un grupo de idiomas que teñen unha orixe común. Atendendo á súa extensión e ao número de linguas que aglutinan, pódense establecer diversas clasificacións.
Estatus das Linguas
- Lingua propia:
- O idioma autóctono dun determinado territorio.
- Lingua inicial (L1):
- A lingua primeira na que as persoas aprenden a falar.
- Lingua maioritaria:
- Que posúe un maior número de falantes que outra(s).
- Lingua minoritaria:
- Que conta cun menor número de falantes que outra(s).
- Lingua oficial:
- Que goza do beneplácito gobernamental e, en consecuencia, é a lingua da Administración, da xustiza, do ensino, dos medios de comunicación públicos, etc.
- Lingua cooficial:
- Que comparte dereitos e usos con outra lingua oficial.
Ecolingüismo
O ecolingüismo é unha teoría lingüística centrada na protección e na defensa de todas as linguas do planeta, segundo a cal todos os idiomas están relacionados entre si da mesma maneira que o estamos os seres vivos; por tanto, a desaparición dun idioma supón unha perda incalculable para a humanidade, pois cada realidade lingüística representa a cosmovisión e a sabedoría dun pobo.
Estatus Legal das Linguas na Península Ibérica
- Galego:
- Lingua cooficial, xunto co castelán, en Galicia desde 1981.
- Asturiano:
- Lingua que debe gozar de protección e ser promovida, especialmente nos medios de comunicación e no ensino. O asturiano é a lingua tradicional de Asturias e recoñécese o dereito da cidadanía a usalo, aínda que se mantén o carácter voluntario da súa aprendizaxe nos centros de ensino.
- Éuscaro:
- Lingua cooficial, xunto co castelán, en Euskadi e en certas zonas de Navarra.
- Aragonés:
- Lingua cooficial en Aragón. Non obstante, a súa situación é precaria, pois non está normalizada en ningún ámbito; a súa incorporación ao ensino é testemuñal e non posúe aínda unha variedade estándar.
- Aranés:
- Unha das tres linguas oficiais de Cataluña, xunto co catalán e o castelán. Está incorporada ao ensino, é o idioma preferente na toponimia e constitúe a lingua habitual dos diferentes órganos administrativos da rexión.
- Catalán:
- Lingua oficial en Cataluña, Valencia e nas Illas Baleares xunto co castelán e única lingua oficial en Andorra, aínda que comparte espazo lingüístico co castelán e co francés. Nos territorios restantes non está regulada a súa oficialidade.
- Castelán:
- Lingua oficial en España e na maioría de países de Latinoamérica.
- Portugués:
- Lingua oficial en Portugal, Brasil e outros países, e unha das linguas oficiais da Unión Europea.
- Mirandés:
- Lingua oficial de Portugal, xunto co portugués e a lingua xestual portuguesa, desde 1999. O seu estudo constitúe unha das materias obrigatorias dos ensinos primario e secundario en Portugal.
- Linguas de signos:
- As linguas de signos españolas foron oficializadas en 2007. En Portugal, a lingua xestual portuguesa foi recoñecida en 1997 como un dos tres idiomas oficiais do país.