Panorama do Teatro Galego no Século XX: Correntes e Autores Fundamentais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,53 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Evolución e Tendencias

O desenvolvemento do teatro de posguerra divídese en catro etapas principais:

  • Teatro Rexional
  • Proxecto de Dramática Nacional (Etapa das Irmandades)
  • Teatro de Madurez e Universalización (A Época Nós)
  • Teatro Inserido na Modernidade (Período das Vangardas)

A Dramática Rexionalista

Caracterízase por unha temática costumista e sentimental, moi ruralista e chea de tópicos, que o público bautizou popularmente como “gallegadas”. A partir de 1903, abandónase o verso e aparece o teatro en prosa, un teatro moi narrativo no que a palabra prima sobre a acción e con bastante crítica social.

Autores Destacados da Dramática Rexionalista

  • Xesús San Luís Romero, con O fidalgo, obra de contido agrarista e anticaciquil.

A Dramática Nacional

Créase en 1919 o Conservatorio Nacional da Arte Galega. O seu obxectivo era constituír unha base teatral sólida e sintonizar co teatro europeo do momento, afastándose do costumismo e do sentimentalismo do teatro do século XIX. Desenvólvese o teatro en dúas tendencias principais: conservadoras e renovadoras.

Tendencias e Autores Clave

  • A tendencia conservadora, que segue os modelos costumista, social e histórico, agrupa os autores procedentes da dramaturxia rexional.
  • A tendencia renovadora, que busca a modernización e a universalización do teatro galego.
Autores da Tendencia Renovadora
  • Ramón Cabanillas, autor de dúas obras teatrais:
    • A man de Santiña (1921), comedia de costumes señoriais e asunto amoroso que deixa de lado os ámbitos rurais e os personaxes populares, cun afán de normalización lingüística.
    • O Mariscal (1926), drama en verso, de asunto histórico, que recrea a lenda do mariscal Pardo de Cela, mitificado como heroico opositor ao centralismo dos Reis Católicos.
  • Antón Vilar Ponte, impulsor da primeira Irmandade da Fala, é considerado por moitos o ideólogo da dramaturxia galega. A súa obra ten un marcado carácter propagandístico e didáctico, ao servizo do ideal nacionalista, e exprésase en obras como Entre dous abismos ou Os evanxeos da risa absoluta.
  • Armando Cotarelo Valledor, da tendencia intermedia, con obras como Trebón e Lubicán, Sinxebra, Hostia, e os dramas Mourenza e Beiramar.
  • Leandro Carré Alvarellos, quen cultivou o parrafeo, o cadro de costumes, a comedia, etc. Escribiu máis de cincuenta pezas sobre a acción, como Tolerías, Para vivir ben de casados, O corazón dun pedáneo ou O pecado alleo; obras nas que predomina a linguaxe sobre a acción e nas que o escenario adoita ser un cuarto ou cociña dunha casa aldeá.

O Teatro da Época Nós

Os homes de Nós elevaron o teatro galego a cotas non coñecidas ata o momento. Vinculados co nacionalismo e co europeísmo, tentaron darlle ao xénero dramático madurez e universalidade, achegándose a movementos como o simbolismo ou o expresionismo.

Autores e Obras Representativas da Época Nós

  • Vicente Risco, autor dunha única peza teatral, O bufón d’El Rei, obra de ambientación medieval e moi esquemática. O seu protagonista, un bufón fisicamente deforme e moralmente infame, reflexiona sobre a súa propia maldade.
  • Ramón Otero Pedrayo. En liña coas claves da súa obra narrativa, interpretando que o teatro é fundamental para lograr unha eficaz normalización:
    • A lagarada (1929) é unha traxedia dionisíaca na que o viño actúa como liberador das máis primitivas paixóns. A cobiza e a luxuria incéndianse nun ambiente que entretece realismo e maxia.
    • A comedia O desengano do prioiro (1952) e Teatro de máscaras, dezasete pezas breves, completan a súa produción teatral.
  • Castelao escribe Os vellos non deben de namorarse (estreada en Bos Aires, 1941). O tema central da obra xira en torno aos amores serodios, desencadeante do conflito dramático, e a morte. A morte é unha elección nesta obra como elemento que resolve o conflito. A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico, coa integración de elementos populares e tradicionais con novas formas do teatro europeo do momento.

O Teatro das Vangardas

A obra máis importante desta etapa é A fiestra valdeira de Rafael Dieste. Á beira deste, cómpre destacar outros autores.

Obras e Figuras Relevantes das Vangardas

  • Rafael Dieste: A fiestra valdeira (1927) é unha comedia de estrutura clásica en tres lances (actos) que desenvolven un conflito arredor dun cadro. Ofrece unha visión intelectual dunha situación popular e bota man do simbolismo para reflexionar sobre a integridade do individuo, a asunción da historia persoal e o conflito de amor-odio sobre as raíces e a propia cultura.
  • Xaime Quintanilla: (Donosiña, Alén...)
  • Álvaro de las Casas: (Pancho de Rábade, O outro...)

Entradas relacionadas: