Panorama das Vangardas e a Lingua Galega no Século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,99 KB

Lingua e Sociedade Galega

A sociedade galega experimentou transformacións sociais que deron lugar a dúas tendencias principais:

  • Substitución polo castelán: O galego desapareceu nas clases acomodadas.
  • Defensa e rehabilitación do galego: Impulsou iniciativas clave:
    • Real Academia Galega (RAG): Promoveu a cultura e publicou o dicionario “Gallego-Castellano”.
    • Irmandades da Fala (IdF) e Xeración Nós (XN): Definiron o nacionalismo e modernizaron a cultura.
    • Seminario de Estudos Galegos (SEG): Utilizaba o galego para todas as publicacións.
    • Editoriais e prensa en galego: Como Nós e A Nosa Terra, entre outras.
    • Partido Galeguista: Defendeu o idioma e impulsou o Estatuto de Autonomía.

Literatura Galega

Trátase dun poemario totalmente vangardista. Lígase ao creacionismo por estar constituído por superposicións de imaxes. Presenta unha disposición gráfica particular (espazos en branco, sangrías, trazos...). O léxico inclúe estranxeirismos e tecnicismos. Caracterízase pola supresión da lóxica, a ironía e o antirromanticismo.

Presenta unha estrutura pechada que comeza co poema “Intencións” e finaliza con “Adeus”. Son 19 poemas que conteñen a narración dunha viaxe mítica (unha travesía). O mar convértese no elemento central dos poemas. O barco simboliza o poeta que comeza a viaxe: a proa marca o futuro, o ronsel indica o pasado e o vento representa o dinamismo.

Vangardas Literarias Xerais

Futurismo

Exalta o progreso, a velocidade, os obxectos mecánicos, as máquinas e as cidades. O seu inicio data de 1909 co Manifesto Futurista de Tommaso Marinetti.

Cubismo

Caracterízase pola descomposición da realidade en figuras xeométricas. Na literatura, maniféstase a través dos caligramas (imaxes visuais na disposición tipográfica). Iniciado por Picasso en pintura en 1907, foi posteriormente adoptado por Guillaume Apollinaire na literatura.

Dadaísmo

Representa unha actitude de ruptura, rebeldía e cuestionamento da sociedade. A aniquilación da linguaxe, o azar e a experimentación lúdica son os seus valores principais. Fundado por Tristan Tzara en Zúric en 1916.

Surrealismo

A arte debe expresar a voz do subconsciente (soños, alucinacións...). Caracterízase polo automatismo psíquico. Fundado por André Breton en 1924.

Creacionismo

A arte debe ser independente e crear o seu propio mundo de ideas e sensacións. Destaca polo uso de imaxes poéticas. Fundado por Vicente Huidobro en París en 1912.

Vangardismo Galego

Imaxinismo ou Hilozoísmo

Corrente poética caracterizada pola presenza dunha paisaxe inspirada na natureza, personificada e animada, a través de múltiples e innovadoras imaxes poéticas (metáforas, símiles, personificacións). Destaca pola brevidade e a sinxeleza, a permanencia de rimas tradicionais e un mundo sensorial moi poderoso (visual, táctil e auditivo).

Neotrobadorismo

Corrente poética que nace por influxo da lectura dos cancioneiros medievais, popularizados despois da súa edición por José Joaquim Nunes. Imita aspectos da poesía lírica galego-portuguesa: temas das cantigas de amor e amigo, e recursos estilísticos como o leixaprén e os paralelismos. Utiliza vocabulario tradicional (amigo, flores, señor, cabalo, navío...), pero actualizándoo e mesturándoo con trazos vangardistas.

Vangardismo Pleno

Álvaro Cunqueiro

  • Mar ao norde (Cubismo)
  • Poemas do si e do non (Surrealismo)

Manuel Antonio

  • Manifesto !Máis Alá! (1922)
  • De catro a catro. Follas sen data dun diario de a bordo (1928)
  • Obras póstumas:
    • Con anacos do meu interior
    • Foulas
    • Sempre e máis despois
    • Viladomar

Entradas relacionadas: