Panorama da Prosa Galega Contemporánea

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,64 KB

Coa aparición da democracia, o galego consegue un status de oficialidade e o posterior proceso de normalización. A partir do ano 1975 ata o 1979, a produción prosística galega sofre unha serie de adaptacións que botan unha ollada sobre a Guerra Civil e a posguerra. Desta etapa cabería destacar a Fernández Ferreiro, a Paco Martín e a Lois Diéguez.

A Prosa Galega nos Anos 80

Na década dos oitenta téntase consolidar o xénero e expandir as súas fronteiras. A maior parte das novelas deste período xiran arredor de certames literarios; nos primeiros anos da década optan a eles prosistas nacidos na posguerra, os cales fan sempre unha visión crítica da realidade. A este conxunto de autores déuselles en chamar a Promoción dos Premios.

A Promoción dos Premios

  • Fernández Freixanes: Escribiu O triángulo inscrito na circunferencia, onde o autor traballa con dous símbolos: o mar (algo cambiante) e a terra (estable).
  • Xavier Alcalá: Escribiu A nosa cruzada (trata a vida dos rapaces na posguerra) e Fábula (trata desde distintos puntos de vista experiencias da Guerra Civil). Tamén cabe destacar que escribiu Nos pagos de Huinca Loo e ademais escribiu obras de viaxes.
  • Úrsula Heinze: Abordou sempre o compromiso co xénero feminino.
  • Alfredo Conde: Escribiu Breixo, onde se reúnen a renovación técnica e o compromiso con temas sociais. Nesta obra preséntase unha confrontación entre o obxectivo (a aburrida vida na vila do protagonista) e o subxectivo (o mundo dos soños). Tamén escribiu Memorias de Noa, onde mostra unha historia dúplice: a da protagonista, que narra en primeira persoa mentres fai footing, e a da reconstrución do pasado que lle deu orixe.

Xéneros Emerxentes nos 80

  • Novela Histórica: Ademais da Promoción dos Premios, tratáronse outros temas relacionados coa historia, que se atopan na novela histórica, onde se tratou sobre todo os Séculos Escuros galegos. Cabería destacar a triloxía de Rábade Paredes, que está composta por: A palabra composta, Branca de Loboso e As sombras do barroco.
  • Ficción Futurista: Aínda que foi pouco explorada polos narradores galegos, tamén se cultiva ficción futurista. Nela destaca Caride Ogando, o cal fixo a primeira incursión dos autores galegos na ficción científica en Soños eléctricos.
  • Novela de Terror: Na novela de terror destacan Méndez Ferrín, Fran Alonso e Xosé Miranda.

Novas Tendencias e Consolidación (Segunda Metade dos 80 e Anos 90)

Na segunda metade dos anos oitenta, un grupo de novelistas escapan dos asuntos de entidade comunitaria para introducirse en novas áreas, consideradas periféricas. Na segunda etapa, a narrativa dos 90, establécese de xeito definitivo o xénero novelesco no sistema literario galego. Por outra banda, moitos autores pasan a cultivar maioritariamente a narrativa. Segue existindo unha diversificación xenérica dos oitenta nos que destacan xéneros como a novela negra ou a histórica, entre outras.

Xéneros e Correntes

  • Novela Negra: Destaca Carlos G. Reigosa, que con Crime en Compostela marca o arranque deste tipo de novela, e aposta pola tradición literaria. Tamén escribiu Os disparos de Billy, no que presenta o famoso pistoleiro baixo un prisma vital filosófico. A produción da novela negra multiplícase nos 90, e en conxunto pódense diferenciar catro tipos de obras:
    • As que se acollen ao modelo da filmografía estadounidense, onde destaca Ambulancia de Suso de Toro.
    • As que se adaptan aos modelos culturais do país, ambientándose ás veces na chamada"Galicia profund", como sucedía nas novelas breves de Bieito Iglesias.
    • As de vocación rupturista, claramente vangardistas, que se acollen ao xénero negro desde a parodia e a crítica, como en Planificadora de Cid Cebrido e algún relato de Erros e Tánatos de Navaza.
    • Por último, un grupo de obras coas características xerais destas producións, pero con elementos referidos á realidade de Galicia, cabe citar a Marilar Aleixandre.
  • Narrativa Feminina: Na narrativa feminina destacan Mª Xosé Queizán, con Amantia e Amor de tango, e Margarita Ledo, que escribiu Mamá-fe e Porta blindada.
  • Novela Experimental: Ten un principal cultivador que é Suso de Toro. Escribiu numerosas obras, das cales se pode citar Caixón de Sastre, Polaroid (é un monólogo interior combinado con diálogo), Land Rover, Calzados Lola, onde converxen as súas temáticas (unha para xoves e outra para adultos). Recentemente escribiu tamén Trece Badaladas. Outro autor destacado é Xurxo Borrazás con Cabeza de chorlito, Criminal e Contos malvados.
  • Novela Histórica (Nova Etapa): A nova novela histórica abandonou a historia máis recente e toma episodios do pasado. Destacan Ramiro Fonte, Ferrín e Xosé Miranda con Morning Star. Na narrativa histórica contemporánea atópase Manuel Rivas, que entrou o 12 de decembro de 2009 na Real Academia Galega e é doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Escribiu novela curta como Todo ben, Un millón de vacas e Os comederos de patacas; esta última é unha peza de orientación xuvenil, na que se advirte sobre a dualidade entre o mundo da aldea e o da cidade na sociedade galega. En En salvaxe campaña conxugou dous tempos do relato (o contemporáneo e o místico e atemporal). Escribiu tamén obras moi famosas que foron levadas ao cine coma O lapis do carpinteiro. Para rematar, cabe mencionar que Manuel Rivas foi o promotor para que a Lois Pereiro se lle dedicase o Día das Letras Galegas no ano 2011.
  • Narrativa Fantástica e Marabillosa: É unha tendencia novelística con aspectos realistas e fantásticos guiada por un historicismo utópico que presenta recorrencias temáticas como a exaltación dunha mítica e intemporal Idade Media. Destaca Darío Xohán Cabana, que conta cunha prolífica traxectoria autorial, xa que tocou todos os xéneros. Cabe destacar a obra Fortunato de Trasmundi.
  • Narrativa Infantil e Xuvenil: Foi cultivada por moitos autores. Destacan: Agustín Fernández Paz, que escribiu moitas obras (destaca As flores radiactivas); Fina Casalderrey con O misterio dos fillos de lúa.

Autores Relevantes na Actualidade

Nos autores actuais máis relevantes cabe citar a Xelís de Toro, Rosa Aneiros, Teresa Moure con Herba moura, María Reimóndez con O club da calceta e Diego Meixueiro.

O Ensaio Galego

No referente ao ensaio, cabe citar catro tipos:

  • Ensaio Feminista: Onde destaca Mª Xosé Queizán, que escribe A muller de Galicia, onde analiza a situación da muller galega desde o punto de vista do marxismo, o nacionalismo e o estruturalismo. En Recuperemos as mans estende o tratado anteriormente.
  • Ensaio Político, Económico e Histórico: Cabe destacar a Paz-Andrade, Xosé Manuel Beiras, Luís Barreiro e a Ramón Villares.
  • Ensaio Sociolingüístico: Destaca Francisco Rodríguez, con Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia, Ricardo Carballo, Pilar García e Manuel Portas.
  • Ensaio Literario: O último é o ensaio literario, onde destacan as contribucións de Carballo Calero, con Historia da literatura galega contemporánea, Francisco Rodríguez e Ferrín, con De Pondal a Novoneyra.

Entradas relacionadas: