Panorama da Narrativa Galega Contemporánea: Autores e Obras Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,09 KB

Panorama da Narrativa Galega Contemporánea

Autores e Obras Clave

Anxel Fole

• Un dos principais cultivadores do conto, estivo vinculado ao proxecto cultural de Galaxia.

Claves narrativas:

  • Reflexo da realidade galega: O autor céntrase na dureza da vida rural, nas crenzas e supersticións dos galegos e nas historias de aparecidos, de premonicións e de lendas.
  • Recursos da narración oral: Usa a técnica de encaixe («bonecas rusas»), introducir historias distintas da inicial e outros narradores que as contan.
  • Naturalismo lingüístico: Reproduce a lingua oral (con vulgarismos e dialectalismos propios da montaña luguesa) e reflicte a diglosia (con intervencións en castelán).

Obras principais:

  • A lus do candil. Uns personaxes, incomunicados por unha nevada, poñense a contar contos. Temas tratados, en ocasións, de xeito humorístico.
  • Terra brava. Contos situados nas terras do Incio. Inclúen información etnográfica, económica e sobre o medio rural.
  • Contos da néboa. Historias que ninguén cre. Ambientación urbana, humor, misterio e fantasía.

Álvaro Cunqueiro

• Animado por Fernández del Riego, integrouse no proxecto cultural de Galaxia e comezou a escribir as súas obras narrativas en galego.

Características xerais da obra:

  • Mestura do real co fantástico.
  • Humor e ironía, humanización de mitos reinterpretados.
  • Lirismo na descrición da paisaxe e evocación de lugares e tempos pasados.
  • Influencias da narración oral: digresión e variedade de narradores.
  • Reflexo do paso do tempo que provoca melancolía na voz narradora.
  • Intertextualidade: referencias a textos literarios de tradicións variadas (clásica, oriental, anglosaxoa).

Obras de narrativa longa:

  • Merlín e familia. Felipe de Amancia é o narrador-testemuña principal dos prodixios que presencia na casa do mago na terra luguesa de Miranda.
  • As crónicas do sochantre. Ambientada na Bretaña francesa, presenta temas macabros tratados de xeito humorístico.
  • Se o vello Sinbad volvese ás illas. Recreación dun mito oriental, é a obra que máis se achega ao concepto moderno de novela.

Obras de narrativa breve: relatos curtos que recollen tipos humanos peculiares inspirados no mundo popular, retratados con tenrura e humor. Escola de menciñeiros; Xente de aquí e de acolá; Os outros feirantes.

Realismo fantástico de Cunqueiro: Seres míticos + seres reais: Personaxes populares e normais conviven con outros que proveñen dun mundo mítico ou literario (Merlín, Sinbad...).

Eduardo Blanco Amor

• Elementos recorrentes na súa narrativa: os temas realistas, o interese polo mundo da infancia e as clases desfavorecidas, e a ambientación urbana (cidade de Auria = cidade de Ourense).

• Asimila técnicas narrativas innovadoras (diferentes perspectivas narradoras).

Obras principais:

  • A esmorga. Novela innovadora técnica e tematicamente.
  • Os biosbardos. Contos ambientados en Auria, narrados en primeira persoa por protagonistas infantis ou adolescentes. Constitúen a crónica dunha aprendizaxe vital.
  • Xente ao lonxe. A través dunha historia familiar, contémplase a loita polas liberdades do proletariado urbano de principios do século XX. Obra complexa con varios tipos de narradores (narrador-protagonista, narradores testemuña que non se identifican doadamente, escenas en que desaparece o narrador e só hai diálogo ao estilo cinematográfico...).

A esmorga (1959):

  • A novela é a declaración xudicial en primeira persoa dun dos implicados nos feitos, Cibrán o «Castizo».
  • O acusado constrúe un relato dos feitos perante un xuíz; as preguntas dedúcense polas respostas do interrogado.
  • O fatalismo e a atmosfera abafante están implícitos no texto.
  • A riqueza da obra reside na pluralidade de interpretacións: novela tremendista, metáfora da situación da Galicia marxinada e alienada da posguerra, narra a traxedia de personaxes condenados ao fracaso.

Xosé Neira Vilas

• Extensa produción literaria. Ademais de narrador, cultivou a poesía, investigou sobre a emigración galega a América, foi tradutor, etc.

• A súa narrativa, realista, céntrase en describir dous mundos: o rural galego e a Galicia da emigración.

  • Obras de ambientación rural e protagonista infantil: Cartas a Lelo; Aqueles anos do Moncho; Memorias dun neno labrego.
  • Querido Tomás. Novela rural de protagonista adulto en que a emigración ten un papel decisivo. Longo monólogo en que se van alternando o presente e o pasado e no que a protagonista rememora un amor nos tempos de mocidade na posguerra.
  • Obras de ambientación rural e protagonista adulto: Xente no rodicio; A muller de ferro.
  • Obras que tratan o tema da emigración. O espazo trasládase a América e a ambientacións urbanas. Abordan dun xeito directo os problemas de adaptación dos emigrantes galegos en terras americanas, a nostalxia, o éxito e o fracaso. Son exemplos disto os libros Camiño bretemoso; Historias de emigrantes; Remuiño de sombras.

Memorias dun neno labrego (1961):

  • Supuxo un fito na historia das letras galegas pola grande aceptación entre os lectores.
  • Con intención crítica, relata a miseria da sociedade rural desde a óptica dun neno (Balbino) que non atopa máis ca obstáculos no seu desenvolvemento persoal e a quen non lle deixan outra saída ca a emigración.
  • Está estruturada en breves capítulos que conforman unidades narrativas completas, de xeito que en moitos casos poderían intercambiarse sen que se alterase o sentido do conxunto.

Entradas relacionadas: