Panorama da Literatura Galega no Século XX

Enviado por Anónimo y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,74 KB

As Irmandades da Fala e a Poesía Post-Rexurdimento

A entrada do século XX no galego non supuxo ningún cambio inmediato no panorama literario. Nos primeiros anos continuaron as mesmas liñas do Rexurdimento. Mais, na primeira década do século xorden dous movementos sociais e ideolóxicos que favoreceron a literatura.

Os autores máis importantes foron Noriega Varela e Ramón Cabanillas.

Noriega Varela

Noriega só escribiu un libro de poemas que foi continuamente reelaborado. O título inicial foi Montañesas e posteriormente titulouse Do Ermo.

Distínguense dúas liñas na súa poesía:

  • A de carácter costumista e ruralista, caracterizada pola métrica popular, os costumes...
  • A de carácter máis culto e refinado, poesía moito máis elaborada, con lingua e estrofas cultas, na que sen abandonar os motivos paisaxísticos, convértese no poeta das humildes cousas que ninguén olla.

Ramón Cabanillas

Cabanillas é un poeta máis moderno e clásico á vez. Nel distinguimos dúas grandes modalidades: a poesía lírica e a narrativa.

Poesía Lírica

Na lírica atopamos tres tipos:

  • A intimista: na que trata temas como o amor, a natureza e a recreación de vivencias do pasado. Destaca: A rosa de cen follas (unha homenaxe a Rosalía de Castro e á poesía romántica).
  • A cívica: na que proclama a hostilidade anticaciquil e antiseñorial e exalta aos labregos e á aldea. Destaca Da terra asoballada.
  • A costumista: na que fala dos costumes rurais con toques de crítica e humor. Destacan: No desterro e Vento moreiro.

Poesía Narrativa

Na poesía narrativa recrea un pasado esplendoroso e augura un futuro esperanzador para Galicia. Destaca: O bendito San Amaro e Na noite estrelecida.

A Poesía da Vangarda

Nas primeiras décadas do século XX en Europa, a vangarda é un movemento de renovación estética que revoluciona todos os aspectos da arte. Algunhas cousas que defendían estas correntes eran a reivindicación da arte como algo autónomo, a rebeldía e a provocación fronte á estética e as normas, e a defensa da liberdade e modernidade creadora e da orixinalidade.

As vangardas contan con diferentes correntes estéticas denominadas ismos, que teñen influencia na literatura galega. En Galicia, a Xeración do 25 aproxímase ás vangardas europeas, fomentando a nosa arte e literatura.

Tendencias dos Ismos na Literatura Galega

Dentro dos ismos podemos falar de dúas tendencias:

  • Ismos que seguen as liñas poéticas xa existentes en Galicia (hilozoísmo e neotrobadorismo).
  • Tendencia que rompe coa tradición anterior (creacionismo e surrealismo).

Hilozoísmo (Imaxinismo)

Caracterízase pola personificación da natureza, a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos, o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela.

Representantes: Luis Amado Carballo con Proel.

Neotrobadorismo

Xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa. Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase pola perfección formal, o uso de procedementos estilísticos das cantigas galego-portuguesas, pero con imaxes e linguaxe poética propias do século XX.

Representantes: Fermín Bouza Brey con Nao Senlleira, e Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira.

Creacionismo

Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e da rima.

Exclusivo de Manuel Antonio con De catro a catro.

Surrealismo

Vén da man de Álvaro Cunqueiro con Poemas do sí e do non, e de Manuel Luis Acuña con Fírgoas, cos poemas máis singulares da época.

Destaca tamén Luis Pimentel con Sombra do aire na herba, onde mostra un universo poético poboado por seres e obxectos que convidan á intimidade.

A Narrativa Galega e o Grupo Nós

A narrativa galega consolidouse no primeiro terzo do século XX coa aparición dun espazo político e cultural galeguista. Impulsada polas Irmandades da Fala e a creación de pequenas editoriais galegas.

Os narradores das Irmandades son coetáneos dos compoñentes do Grupo Nós, compartindo os mesmos ideais galeguistas, adicáronse máis á poesía e ao teatro.

Entradas relacionadas: