Panorama da Literatura Galega do Século XIX: Narrativa, Celtismo e Léxico Esencial

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,7 KB

O Conto Literario Galego

Valentín Lamas Carvajal

  • Autor do libro de maior éxito no século XIX: O Catecismo do Labrego, escrito en forma de diálogo.
  • Ao longo das respostas, o protagonista vai deseñando o retrato do labrego galego e denunciando as súas duras condicións de vida.

A Narrativa do Século XIX

Na literatura do século XIX, a poesía é o xénero máis cultivado, pero a prosa e o teatro van tamén pouco a pouco gañando terreo.

A Novela

Os principais novelistas deste século son: Marcial de Valladares e Antonio López Ferreiro.

Marcial de Valladares

É o autor da primeira novela moderna: Maxina ou a filla espúrea.

Argumento

Unha rapaza compostelá de 16 anos, tras ser violada, dá a luz unha nena, Maxina, que é criada por unha humilde familia campesiña. A acción transcorre en dous espazos principais: a cidade de Santiago e as aldeas. No primeiro residen as clases medio-altas e no segundo, as clases populares. As clases altas urbanas exprésanse en castelán, mentres que as populares utilizan o galego. Trátase, por tanto, dunha novela bilingüe coa que o autor pon de manifesto a situación diglósica da Galicia daquel tempo.

Antonio López Ferreiro

É autor de A tecedeira de Bonaval.

Argumento

Narra o enfrontamento entre os burgueses composteláns e a Igrexa de Santiago.

Castelanismos e Equivalentes Galegos

A continuación, preséntase unha lista de castelanismos comúns e a súa forma correcta en galego:

  • abogada - avogada
  • ayunamiento - concello
  • grúa - guindastre
  • acera - rúa
  • pizca - chisco
  • lubina - robaliza
  • salada - salgada
  • agujetas - maniotas
  • barniz - verniz
  • pasillo - corredor
  • tuerto - chosco
  • valla - valado
  • aren - veiravía
  • apodo - alcume
  • seta - cogomelo
  • tornillo - parafuso
  • huella - pegada
  • candado - cadeado
  • encuesta - enquisa
  • brújula - compás
  • granizo - sarabia
  • cuello - pescozo
  • desván - faiado
  • nido - niño

Eduardo Pondal

Biografía

  • Naceu en Ponteceso, na comarca de Bergantiños. Esta comarca será o marco espacial dos seus poemas.
  • Pertence á Cova Céltica, grupo formado por intelectuais interesados por Galicia e a súa cultura e defensores da orixe celta do noso pobo, como Manuel Murguía.

Obra Literaria

Queixumes dos Pinos

  • É a súa obra máis coñecida, consta de 91 poemas. O poema Os Pinos foi proclamado o Himno Galego.
  • Podemos diferenciar dúas liñas temáticas:
Poesía Épico-Lírica

Pondal convértese no poeta do celtismo e recrea unha mitoloxía celta, na que cobra especial protagonismo Breogán.

O Mito de Breogán

Breogán foi o xeneral celta que someteu as tribos de España. Conquistou todo o territorio e fundou a cidade da Coruña, construíndo nela unha torre: a Torre de Breogán.

Pondal vese así mesmo como un bardo (celta que compoñía e declamaba poemas ensalzando e glorificando fazañas heroicas).

Nos seus versos opóñense dous períodos positivos referidos ao pasado celta.

Entradas relacionadas: