Panorama da Literatura Galega Contemporánea: Traxectorias e Autores Clave

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,93 KB

A Poesía de Vangarda en Galicia (Século XX)

O nacemento do século XX supón para Galicia un cambio importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura. A comezos de século, no ámbito poético, xorden os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía do Rexurdimento.

Dentro do movemento vangardista galego podemos distinguir varias tendencias:

  • A vangarda plena, representada polo creacionismo de Manuel Antonio, o ultraísmo de Euxenio Montes e o surrealismo de Álvaro Cunqueiro.
  • A vangarda matizada, representada polo movemento hilozoísta de Amado Carballo.
  • A vangarda creacionista, polo neotrobadorismo de Bernardino Brey e Álvaro Cunqueiro.

O movemento máis rupturista entre os ismos foi o creacionismo, tendo como representante a Manuel Antonio. O poeta lugués Luís Pimentel, a través do seu mundo poético interior, trata o tema da morte coa sensibilidade especial de quen se enfronta con ela acotío.

A Poesía Galega entre 1936 e 1976

Na segunda metade dos anos 40 prodúcese o rexurdir da poesía galega no interior. Aparecen as primeiras revistas poéticas bilingües e coleccións poéticas. A primeira obra destacada é Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, un poemario que recupera o neotrobadorismo.

Nesta década publícanse poemarios que continúan as liñas poéticas de principios de século. A década dos 50 ábrese con Triscos, e supón a aparición da Escola da Tebra, caracterizada polo ton anguriante, abafante e profundo. Logo aparece o poeta Uxío Novoneyra, con Os Eidos.

Nos anos 60, Xosé María Díaz Castro publica Nimbos, de ton clasicista, que introduce a temática relixiosa. A liña intimista segue estando presente da man de Antón Tovar na obra Arredores.

Nos anos 70 aparece unha nova fornada de poetas que rompen co socialrealismo, como Darío Xohán Cabana. A escenificación definitiva desta ruptura prodúcese en 1976 coa publicación de Con pólvora e magnolias, un poemario que supera a poesía social.

A Prosa Galega de Finais do Século XX e Comezos do XXI

A narrativa dos anos 80 experimenta uns cambios importantes provocados polos cambios políticos, a proliferación de editoriais e a aparición de premios. Esta situación xera un mercado estable e a aparición de novas voces literarias.

Os autores máis destacados obteñen certa relevancia dentro da nosa literatura por ter gañado algún dos premios importantes, como Víctor Freixanes e Xavier Alcalá. Estes abarcan diferentes xéneros e temáticas, como a novela histórica, a xeracional, a experimental ou a realista.

A década dos 90 caracterízase pola proliferación de novas liñas temáticas:

  • A ficción científica
  • A erótica
  • A sentimental
  • O western

Autores significativos como Manuel Rivas con Que me queres, amor? ou Xosé Carlos Caneiro, teñen o seu recoñecemento literario en Galicia e fóra, grazas á tradución.

O comezo do novo século caracterízase pola continuidade na diversidade de xéneros e pola ampliación de liñas temáticas. A literatura feminina cobra un pulo significativo coa aparición de autoras como Rosa Aneiros con Sol de Inverno.

O Teatro Galego de Finais do Século XX e Comezos do XXI

Un dos movementos máis importantes do teatro galego de finais do século XX vén da man da posta en marcha da Mostra de Teatro de Ribadavia, que crea un festival que serve de referente e un premio que servirá de plataforma aos autores. A finais da década fundan a Escola Dramática Galega.

A década dos 80 caracterízase pola aparición de novos proxectos teatrais. O movemento de referencia é o ano 1984, cando se crea o Centro Dramático Galego.

Os autores máis vellos dos 80 están moi vencellados ás Mostras de Teatro de Ribadavia e terán un papel moi destacado dentro do panorama teatral galego. Os autores máis novos formarán a promoción dos 80, entre eles: Miguel Anxo Fernán Vello e Xesús Pisón.

Os anos 90 caracterízanse pola maior implicación dos autores teatrais co xénero. As súas obras caracterízanse pola intertextualidade. Nos anos 90 destacan dramaturgos como Cándido Pazó e Teresa Moure.

Entradas relacionadas: