Panorama da Literatura Galega Contemporánea: Narrativa e Poesía (Séculos XX-XXI)
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,34 KB
A Narrativa Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI
Temas, Autores e Prosistas Actuais Máis Relevantes
1. Causas do aumento na produción narrativa en galego
A aparición de novas editoriais, a introdución da lingua galega no ensino e a proliferación de premios literarios.
2. Cambios principais que afectan á narrativa neste período
O punto de vista, o tempo, a forma, os personaxes e a intriga.
3. Tendencias salientables na narrativa deste período
A literatura de quiosco e a literatura autóctona.
4. Autores destacados da narrativa infantil ou xuvenil
Agustín Fernández Paz, Aleixandre e Suso de Toro.
5. Clasificación dos narradores desta época
A data de nacemento e a data de produción das súas obras.
6. Características comúns aos autores de longa traxectoria narrativa
- Consolidáronse como grandes mestres nas décadas dos 80 e 90.
- Comezan a súa andaina con obras dentro da Nova Narrativa Galega.
- Os máis representativos son **Ferrín** e **Casares**.
7. Características comúns á narrativa ferriniana (X. L. Méndez Ferrín)
- Preocupación constante polos problemas de Galicia.
- Predominan os temas relacionados coa violencia e a morte.
- Flutuación entre o ficticio e o real.
- Desenlaces sorprendentes.
- Moitos espazos pechados.
8. Que narra Bretaña, Esmeraldina?
Narra unha longa carta que un revolucionario bretón lle escribe á súa amada.
9. Argumento de Retorno a Tagen Ata
Extenso relato ao longo do cal se dá un enfrontamento entre dúas posturas dentro dunha nación sometida polo opresor.
10. Características comúns á narrativa de Carlos Casares
- Os temas das súas obras son conflitos sociais orixinados pola mentira e a calumnia.
- Moitos personaxes do clero.
11. Argumento de Ilustrísima
Conta as vivencias dun bispo que ten que loitar contra a intransixencia da Igrexa pola instalación do primeiro cinematógrafo nunha pequena cidade galega a comezos do século XX.
12. Título da novela de Casares composta por dez informes procesais para esclarecer a morte dun boticario na Guerra Civil
O título é Os mortos daquel verán.
13. Título da novela de Casares narrada por unha muller e na que se dá conta da vida dun intelectual galeguista que na posguerra enxalza o réxime franquista
O título é Deus sentado nun sillón azul.
14. Autores da denominada Primeira Promoción
Xavier Alcalá e Víctor Freixanes.
15. Autor de O triángulo inscrito na circunferencia
Víctor Freixanes.
16. Clasificación da narrativa de Suso de Toro
Liña posmoderna e liña clásica.
17. Autores representativos dos narradores da Terceira Promoción
Manuel Forcadela e Xavier Queipo.
A Poesía Galega de Fins do Século XX e Principios do XXI
Poetas, Temas e Tendencias Actuais
Poemarios que marcan a transición
O poemario que pecha definitivamente a poesía socialrealista do período anterior e dá paso á poesía actual é Con pólvora e magnolias.
Poetas referentes para esta poesía
Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro.
Características xerais da poesía desta época
- Uso da intertextualidade.
- Preponderancia da beleza sobre a moral.
Colectivos poéticos dos anos 80
Rompente, Loia e Alén.
Tendencias clave da poesía dos anos 90
- Poética Experimental
- É o enfrontamento entre o tradicional e o moderno, tirando partido da mestura dos niveis coloquial e popular. O principal representante desta liña é **Antón R. Reixa**.
- Poética Feminina-Feminista
- Manifestada a través da revisión dalgúns aspectos culturais, así como a visión feminina do erotismo, etc. Dentro desta tendencia hai que mencionar a **Chus Pato** e **Yolanda Castaño**.
Relación de autores e obras
A continuación, preséntase a correspondencia entre autores e obras:
- Manuel Vilanova: E direivos eu do mistér das cobras
- Xosé Baixeras: Anos de viaxe
- Manuel Forcadela: Profecía