Panorama da Literatura Galega Contemporánea: Cabana, Moure e Villar

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,7 KB

Darío Xohán Cabana (Roas, Terra Chá, 1952 - 2021)

Cabana foi un dos autores galegos actuais máis recoñecidos pola crítica. Compaxinou o seu traballo no Concello de Lugo coa creación poética, narrativa e coa tradución. Tamén foi colaborador de numerosos xornais e revistas.

Produción narrativa

Obras máis representativas

  • Galván en Saor (1989)
  • Vidas senlleiras (1992)
  • O cervo na torre (1995)
  • Morte de rei (1999)

A súa obra ten moitas influencias de Álvaro Cunqueiro. Deste xeito, os trazos importantes da súa narrativa pódense definir así:

  • Nos temas: Acostuma retomar o relato nun universo propio que abala entre o real e o imaxinario. Gústalle retomar o pasado histórico de Galicia e recrear os temas da Materia de Bretaña.
  • Respecto da forma: Domina o estilo fluído e unha linguaxe rica e depurada.

Teresa Moure (Monforte, 1969)

Esta monfortina é doutora en Lingüística Xeral e actualmente exerce a docencia na USC. Como narradora recibiu diversos galardóns: o premio Lueiro Rey, o premio AELG, o premio Xerais, o premio da Crítica Española, entre outros. Ademais, tamén cultiva con éxito outros xéneros como o teatro ou o ensaio.

Produción narrativa

Obras máis representativas

  • A xeira das árbores (2004)
  • Herba moura (2005)
  • Benquerida catástrofe (2007)
  • A intervención (2010)
  • Ostracia (2015)

A súa prosa ten unha fonda intencionalidade moral; é combativa, rebelde e de ton transgresor. Desde unha perspectiva claramente feminista, non só analiza a condición da muller, senón que tamén reflexiona sobre a sociedade actual, a ecoloxía, o pacifismo e a reivindicación do multiculturalismo.

En Herba moura, alén da súa reflexión polo público e pola crítica, crúzanse tres historias situadas en diferentes momentos da historia, cada unha delas negando seguir os camiños trazados: a raíña Christina de Suecia; Hélène Jans, parteira e curandeira, e Enedés Andrade, licenciada en filosofía e herborista.

A prosa de Teresa Moure é rica e audaz no tocante ao estilo: gústalle, por exemplo, o multiperspectivismo, a intertextualidade (diarios, ensaios, poemas…) e os xogos de palabras.

Miro Villar: A Negación de Ulises e Teseo

O poema Negación de Ulises e Teseo de Miro Villar fala de personaxes moi antigos, de mitos gregos, pero dándolles un novo significado. No texto, a voz poética dinos que non debemos ser como Penélope, que pasou a vida esperando por Ulises, nin como Ariadna, que axudou a Teseo pero despois foi esquecida. Isto quere dicir que debemos ser máis libres e non depender dos demais para dar sentido á nosa vida.

Tamén hai unha conexión coa terra galega, porque o autor fala de Compostela como un lugar ao que sempre quere volver, mesmo se perde. Isto encaixa co estilo de Miro Villar, que mestura historias clásicas con ideas máis actuais e con símbolos da natureza e da cultura galega. O poema dálle unha nova visión a eses heroes antigos e fainos pensar sobre como queremos vivir a nosa propia historia.

Características da obra de Miro Villar neste poema

  • Temas universais: O autor cambia os mitos antigos cunha visión máis moderna. No poema, di “non sexas Penélope que tece e destece os bordados axiña que anoitece”, para dicir que non hai que esperar sempre por alguén. Tamén di “non sexas Ariadna que ofrece saír do labirinto mortal a quen a esquece”, para mostrar que Ariadna axudou a Teseo, pero el non a recordou.
  • Metros clásicos: O poema ten unha forma rítmica e harmoniosa, parecida á poesía antiga. O verso “Ulises non existe, foi voar fuxido” é curto e sonoro, algo que Miro Villar usa moito nos seus poemas.
  • Conexión coa terra galega: A referencia a Compostela no verso “prefiro voltar sempre vencido a Compostela” mostra o amor á terra galega. A idea de volver a casa, aínda que se perda, é importante na súa obra.
  • Símbolos da natureza: O autor usa imaxes da natureza para expresar emocións. No verso “Non me importa ser lama se ti me purificas”, a lama pode significar algo sucio ou malo, e a purificación algo bo ou renovador.
  • Mestura de pasado e presente: Villar pon os mitos antigos xunto co pensamento moderno. No verso “Teseo non existe, só queda o desafío”, di que os heroes xa non importan, só a superación persoal.

Entradas relacionadas: