Panorama da Literatura Galega Contemporánea: Autores e Obras Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,17 KB

Narrativa de Eduardo Blanco Amor

A Esmorga

A atmosfera asfixiante desempeña un papel simbólico onde os protagonistas marxinais (**Xan, o Bocas; Aladio, o Milhomes; Cibrán, o Castizo**) viven unha xornada de frío e chuvia e deciden ir de esmorga. Entran e saen de diferentes locais durante 24 horas e, segundo avanza a xornada, a situación faise cada vez máis abafante. O nivel de violencia verbal e física tórnase insoportable ata que se ven envoltos nun **crime**.

As expresións populares, os xogos de palabras e os dobres sentidos dos protagonistas achéganlle moita expresividade á novela.

Estrutura narrativa (3 niveis)

  1. Nivel 1. Voz narrativa testemuña: Explica ter probas do feito que vai narrar e comeza a narración. Ao final da novela, intervén de novo para contar o desenlace de Cibrán.
  2. Nivel 2. Voz narrativa personaxe: Cibrán relata ante o xuíz os feitos polos que está detido.
  3. Nivel 3. Corpo central da narración: Historia dos protagonistas.

Os Biosbardos

Oito relatos protagonizados por nenos ou adolescentes que contan en **primeira persoa** diversas situacións que os obrigan a enfrontarse de súpeto coa **madurez**.

Xente ao Longe

Novela de aprendizaxe desde o punto de vista de Suso, un neno de clase popular. Está ambientada na **Auria** e divídese en catro partes que amosan o paso da infancia á idade adulta.

Narrativa de Álvaro Cunqueiro

Desenvólvese por completo tras a guerra civil, dentro do **realismo fantástico**. Os feitos marabillosos parten de acontecementos cotiáns e os personaxes asúmenos sen asombro.

Novelas

  • Merlín e familia: A súa primeira achega á narrativa. O narrador é Felipe de Amancia, un paxe retirado que recrea a vida dun mago Merlín que reside con dona Xinebra nas terras de Miranda. Pola casa pasan diferentes personaxes en busca do consello do mago.
  • Crónicas de Sochantre: Estrutura similar á anterior. Sitúase na Bretaña francesa; o sochantre Pontivy viaxa con personaxes de ultramundo.
  • Si o vello Sinbad volvese ás illas: Sinbad, personaxe de As mil e unha noites, muta a mariñeiro retirado e conta historias para a veciñanza.

Semblanzas e Relatos

Inclúen os libros de relatos, con personaxes peculiares e elementos fantásticos. Amosan personaxes que mesturan trazos da **idiosincrasia do pobo galego** con elementos fantásticos que aceptan con naturalidade.

  • Escola de menciñeiros.
  • Fábula de varia xente.
  • Xente de aquí e de acolá.
  • Os outros feirantes.

Poesía de Celso Emilio Ferreiro

Obras Intimistas

  • O soño sulagado: Dor e desgarro existencial, ademais de preocupación social.
  • Terra de ningures: Reflexión sobre a emigración e a memoria da terra facendo denuncia dos problemas sociais.
  • Onde o mundo se chama Celanova: Paso do tempo, amor e nostalxia. A infancia en Celanova como **paraíso perdido** que provoca a súa saudade.

Obras Socialrealistas

  • Longa noite de pedra: Paralelismo coa **ditadura franquista**. Numerosas edicións debido á censura. Variedade temática: crítica das inxustizas sociais, defensa de Galicia, reivindicación do galego, defensa das persoas marxinadas... Moito éxito e numerosas traducións; ademais, moitas das súas composicións foron musicadas.

Obras Satíricas

  • Viaxe ao país dos ananos: Mostra a súa visión sobre a emigración. Os "ananos" son seres moralmente eivados que representan certos persoeiros da colectividade galega en Caracas.
  • Cantigas de Escarnio e Maldecir: Baixo o pseudónimo Arístedes Silveira.
  • Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por el mesmo: Asinado por Arístedes Silveira.
  • Cimenterio privado: Conxunto de epitafios contra personaxes concretos ou tipos sociais, atacando os defectos e vicios.
  • Os Auténticos: Poemario breve asinado por Alexis Vainacova.

Compilación

  • O libro dos homenaxes: Compila textos dispersos.

Narrativa de Xosé Neira Vilas

Recorrente elección de **crianzas como protagonistas** das novelas e dedicación á literatura infantil e xuvenil.

Como espazos, predominan o **universo rural galego** e América, pola súa experiencia directa.

Triloxía "Ciclo do Neno"

  • Memorias dun neno labrego: Reeditouse constantemente e é o **libro máis vendido en galego**. Considerada unha das obras fundacionais da nosa literatura infantil e xuvenil. O narrador e protagonista é **Balbino**, un neno labrego que conta nun diario as súas experiencias diarias ata que comeza a escribirlle a Lelo, o amigo emigrado. Narra a súa vida cotiá, os enfrontamentos cun neno acomodado e os vicios e defectos da xente da súa aldea, un lugar opresor.
  • Cartas a Lelo: Novela epistolar. Os narradores son Toño (cativo que vive na Galicia rural) e Lelo (rapaciño emigrado a América).
  • Aqueles anos do Moncho: Vida familiar do protagonista, chamado Moncho. Recupera imaxes da vida da aldea dos outros dous libros.

Obras sobre a Galicia rural (Protagonistas adultos)

Temática similar ás anteriores pero desde unha ollada adulta. Exemplos: Xente no rodicio; A muller de ferro; Querido Tomás.

Obras sobre a emigración galega

Experiencias individuais dos emigrados sobre a súa adaptación á realidade americana. Exemplos: Camiño bretemoso; Historias de emigrantes; Remuíños de sombras; Relatos mariñeiros; Esperando o leiteiro; Romaría de historias.

Memorias

Percorrido pola infancia do autor. Exemplos: Lar; Pan; Nai.

Só hai unha obra fóra desta clasificación: Un home de pau, que relata a vida nunha cidade galega.

Entradas relacionadas: