Panorama da Literatura Galega: Castelao e as Vangardas do Século XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,39 KB
Obra Literaria: Principais Características
- Crítica social.
- Denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles e defensa das clases populares.
- Reivindicación da lingua galega.
- Defensa da democracia fronte ao fascismo e o imperialismo.
- Humor acedo (ironía e retranca): defectos da sociedade galega do seu tempo.
- Lirismo, con abundantes recursos expresivos: anáforas, comparacións, paralelismos...
- Concisión e brevidade.
Un ollo de vidro (Céltiga, 1922)
- Novela curta de tema de ultratumba.
- Un esqueleto narra as peripecias da súa actual vida nun cemiterio.
- Humor negro e compromiso social.
Cousas (1934 e anteriormente en prensa)
- Breves relatos e ilustracións.
- Mosaico da realidade galega.
- O mundo mariñeiro.
- A emigración.
- Retratos de personaxes...
- Creación máis orixinal.
- Síntese narrativa e plástica.
Retrincos (entre 1909 e 1934)
- Presentados como autobiográficos.
- Os tres restantes ("Peito de Lobo", "O retrato" e "Sabela") en Rianxo.
- Narración realista inzadas de elementos humorísticos e líricos.
Os dous de sempre (1927)
- Única novela longa de Castelao.
- Biografía de dous amigos da infancia.
- Rañolas: circunstancias adversas (eivado, humilde...). Supera todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo.
- Pedriño: sen vontade, preguiceiro e materialista. Preocupación: comer e folgar.
- Narrador: trazos positivos do primeiro e negativos para o segundo.
- Portada: simbolismo do paxaro e da ra.
Ensaio: Sempre en Galiza (1944)
- Escrita entre 1935 e 1943, e publicada en Bos Aires en 1944.
- Obra máis importante do pensamento galeguista da época.
- Galicia, características propias dunha nación: territorio diferenciado, lingua propia, tradición cultural...
- Federalismo (pobos ibéricos) fronte ao centralismo.
Teatro: Os vellos non deben de namorarse (1941)
- Única obra teatral.
- Estreada en Bos Aires en 1941 e publicada en libro en Galicia en 1953. Consta de:
- Prólogo + 3 lances independentes (tema e estrutura semellantes) + epílogo.
- No prólogo: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.
- Lances: tres versións dun mesmo drama.
- Vello namorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el.
- A Morte (personaxe) advirte as nefastas consecuencias de namorar dunha moza.
- No epílogo, esqueletos de 3 vellos analizan as circunstancias da súa morte.
- «Unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato».
- Importancia dos artificios escenográficos (iluminación, vestiario, decorados...).
- Modernización do teatro galego do seu tempo.
Obra Gráfica
- Pintor, debuxante e caricaturista: principal figura da arte galega do seu tempo.
- Personaxes populares (labregos e mariñeiros).
- Humor e visión crítica da Galicia do seu tempo.
As Vangardas
- Transformacións, tensións sociais e progreso científico e tecnolóxico.
- Ruptura coa tradición literaria e procura de novos camiños expresivos.
- Actitude romántica e antisentimental.
- Defensa da total liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
- Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico, procura da arte pura.
- Renovación da linguaxe literaria (cultivo do verso libre, eliminación dos signos de puntuación, novas funcións de imaxes e metáforas...).
Xeración do 25 (do 22 ou das Vangardas)
- Escritores nados arredor de 1900.
- Renovación da poesía galega: incorporación de novidades das vangardas literarias europeas.
- Novidades vangardistas e conciencia nacionalista.
- Relacións coas Irmandades da Fala e coa Xeración Nós.
- Creación do Seminario de Estudos Galegos.
- Formación do Partido Galeguista.
- Difusión a través de publicacións: Nós ou especializadas (Ronsel, Alfar...).
A Poesía de Vangarda en Galicia
- Hilozoísmo e neotrobadorismo: funden a tradición coa vangarda.
- Non rompe totalmente coa tradición literaria autóctona.
- Asunción de certos presupostos vangardistas.
- Creacionismo.
- Rompe totalmente coa tradición literaria galega.
- En liña coas literaturas vangardistas europeas.
Hilozoísmo: Amado Carballo
- Tema: natureza personificada.
- Imaxes plásticas.
- Campo semántico dos sentidos.
- Métrica próxima á popular.
Creacionismo: Manuel Antonio
- Imaxes vangardistas.
- Vocabulario.
- Distribución do texto:
- Ausencia de puntuación.
- Sangrías.
- Uso de maiúsculas.
- Fragmentación.
Neotrobadorismo
- Tema: semellante ao das cantigas.
- Personaxes característicos.
- Campo semántico das relacións amorosas.
- Utilización de recursos como o paralelismo ou o refrán.