Panorama da Literatura Galega: Autores, Temas e Estilo no Rexurdimento
Enviado por Miguel y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,92 KB
A Obra de Rosalía de Castro: Temas e Estrutura
A produción literaria de Rosalía de Castro, figura central do Rexurdimento galego, caracterízase pola súa profundidade temática e a súa innovadora estrutura.
Cantares Gallegos: A Voz do Pobo
- 1. Estrutura Circular do "Libro dos Cantares": Ábrese cunha invitación a unha moza para que cante e péchase co canto de despedida desta moza, creando unha unidade temática e formal.
- 2. Presenza e Obxectivo: Ten maior presenza en Cantares Gallegos. Descríbense costumes, tradicións e tipos galegos. O seu obxectivo principal é dignificar a cultura popular galega. Neles reflíctense as paixóns, coitas e amores da xente do pobo.
Follas Novas: A Introspección e a Crítica Social
- 3. Propósito Reivindicativo: Manifesta un propósito reivindicativo e de defensa de Galicia e dos galegos. Baséase en tres puntos clave:
- Enxalzar a paisaxe, os costumes e a xente de Galicia.
- Manifestar os prexuízos e as inxustizas que o resto de España estaba a cometer en Galicia.
- 4. Visión Pesimista e Temas Recorrentes: Máis presente en Follas Novas, onde o eu poético expresa os propios sentimentos e a visión da existencia humana pesimista e desesperanzada. Os temas centrais son: a saudade, o medo á felicidade e a negra sombra.
Eduardo Pondal: Raíces Célticas e Visión Poética
A obra de Eduardo Pondal está profundamente arraigada na identidade galega, explorando as súas orixes míticas e a súa paisaxe.
O Faladoiro Coruñés e a Cova Céltica
- 5. O Faladoiro: Faladoiro que mantiñan un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, que se reunían para debater sobre temas relacionados con Galicia.
- 6. Ensalzamento e Liberación: Nela busca o ensalzamento e a liberación de Galicia. Os bloques temáticos principais son o celtismo, o bardismo e o helenismo.
Pilares da Poesía Pondaliana
- 7. Celtismo: Tradición cultural europea atlántica oposta ao mundo grecolatino. Os historiadores galegos do século XIX atopaban no celtismo unha explicación ás orixes de Galicia. Pondal formaba parte do faladoiro coruñés da Cova Céltica, promovida por Manuel Murguía. O poeta concédelle o papel protagonista ao caudillo celta Breogán e a outros guerreiros míticos o papel de fundadores lendarios da patria, e apóiase nesta orixe para desenvolver o proceso de afirmación nacional.
- 8. Bardismo: Con grande influencia do ossianismo a través de Macpherson, Pondal ten noticia da figura do bardo no mundo celta. Macpherson publica unhas supostas traducións duns poemas orixinais de Ossian, pero en realidade eran do propio Macpherson. Pondal considérase o bardo de Galicia coa función de lembrarlle aos galegos as fazañas do pasado e mostrarlles tamén o camiño para que superen a situación presente e se dirixan cara ao futuro glorioso.
- 9. Helenismo: A lectura de clásicos grecolatinos achegou a Pondal á Esparta. O helenismo maniféstase ao caracterizar os seus guerreiros con trazos espartanos como a masculinidade e o heroísmo.
Simbolismo e Paisaxe
- 10. A Paisaxe de Bergantiños: Sitúase na súa comarca natal, Bergantiños. Amosa a preferencia por unha paisaxe agreste como as beiras do mar, piñeiros... Os piñeiros son símbolos de misión bárdica, que cos seus rumores, introducen á raza de Breogán a loitar; e de guerreiros espartanos, dispostos á loita.
- 11. A Figura da Muller: Pode presentarse como obxecto de desexo, que expresan unha virilidade primitiva e nas cales a muller é presa do home; como ser mitolóxico, son as fadas e as sereas; e como guerreira celta, intrépida e valente.
Manuel Curros Enríquez: Compromiso Social e Estilo
Manuel Curros Enríquez destacou polo seu compromiso coa sociedade e a súa habilidade versificadora.
Obras Destacadas
- 12. Obras Principais:
- O Divino Sainete: Poema narrativo en tercetiñas inspirado na Divina Comedia de Dante. Narra a viaxe de Curros e Añón nun tren de sete vagóns que simbolizan os sete pecados capitais. Critica á Igrexa, aos poderosos e aos seus inimigos principais.
- Aires da miña terra: 18 poemas máis textos gañadores do certame de Ourense, entre eles "A Virxe do Cristal".
Compromiso e Subxectividade
- 13. Compromiso Social: El entendía que o poeta debía estar comprometido co pobo e denunciar a opresión, a falta de liberdade ou a miseria na que vivían os máis desfavorecidos.
- 14. Reflexo da Vida Persoal: Curros, malia ser un poeta cívico, reflectiu nalgúns poemas momentos clave da súa vida, positivos e negativos; recolleu a ledicia que lle producía o nacemento do seu primeiro fillo e a profunda dor pola morte da súa nai e doutro fillo seu.
Estilo Poético
- 15. Habilidade Versificadora e Claridade: Non foi innovador, pero demostrou ser un hábil versificador. Soubo empregar a rima consonante sen que o poema perdese naturalidade e forza expresiva. Utiliza as estrofas que gustaban na época: tercetiñas, cuartetas, romances... O seu estilo é sinxelo e claro para que a mensaxe sexa entendida por todos. Utiliza anáforas, paralelismos e ás veces recursos cultos como comparacións, imaxes e ironías.