Panorama da Economía Española: Servizos, Transporte, Comercio e Turismo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en español con un tamaño de 10,03 KB
O Sector Terciario e o Estado do Benestar en España
O Sector Terciario: Definición e Características
A que sector da economía corresponden os servizos?
Os servizos corresponden ao sector terciario.
Que tres características importantes describen o sector terciario? Explícaas.
- Manexa bens intanxibles ou inmateriais froito do traballo humano.
- É moi heteroxéneo, pois presenta unha gran diversidade de empregos en canto ao tamaño das empresas, o grao de especialización ou a súa distribución espacial.
- Contribúe a crear unha xerarquía dos lugares, xa que un núcleo que ofreza servizos moi especializados verá ampliada a súa área de influencia.
En que tipo de comunidades autónomas cobra máis importancia o emprego no sector terciario e por que?
O emprego no sector terciario cobra máis importancia en comunidades autónomas como: Madrid, Cataluña, Illas Baleares, Illas Canarias e Comunidade Valenciana.
Pon un exemplo de cada un destes tipos de servizos:
- Sociais: educación, sanidade.
- Administrativos: axudan na organización do Estado e das empresas.
- Financeiros: banco.
- Profesionais: traballos especializados; avogado ou arquitecto.
- De intercambio e/ou lecer: transporte, información e comunicación, comercio e turismo.
O Estado do Benestar: Concepto e Financiamento
Que é o Estado do Benestar, que categorías comprende e como se adoita financiar?
O Estado do Benestar engloba aquelas intervencións públicas encamiñadas a mellorar a calidade de vida da cidadanía. Poden agruparse en catro grandes categorías:
- Pensións.
- Os servizos básicos do Estado do Benestar (sanidade, educación e servizos de axuda á familia).
- As intervencións normativas en hixiene e seguridade do traballador e consumidor, así como do ambiente.
- As intervencións para a creación de emprego público e privado.
Todas estas intervencións son financiadas con fondos públicos a través da política fiscal. Na actualidade, e tras o paso por períodos de crise económica, debilitáronse estes servizos á cidadanía.
O Transporte en España: Eficacia, Infraestruturas e Redes
Eficacia e Competencias no Transporte
Cando podemos dicir que un sistema de transporte é eficaz?
Un sistema de transporte é eficaz cando:
- Permite desprazarse rapidamente de orixe a destino.
- Ofrece seguridade aos usuarios durante o traslado.
- É accesible e cómodo, facilitando o acceso a diferentes zonas.
- Funciona con regularidade e puntualidade, respectando os horarios.
- Ten capacidade suficiente para atender a demanda dos usuarios.
Indica a orde xerárquica nas competencias sobre transportes entre o Estado e as CC.AA.
A orde xerárquica nas competencias sobre transportes é a seguinte:
- Estado: Transportes de titularidade estatal (autoestradas nacionais, ferrocarrís de ámbito estatal, transporte aéreo e marítimo internacional). Regulación xeral do sector e planificación de infraestruturas de interese xeral. Seguridade viaria e normativa básica do transporte.
- Comunidades Autónomas (CC.AA.): Transportes dentro do seu territorio (autobuses autonómicos e interurbanos). Xestión e mantemento das infraestruturas propias (estradas autonómicas). Regulación adaptada ás súas necesidades, sempre respectando a lexislación estatal.
Infraestruturas e Redes de Transporte en España
Que quere dicir que historicamente, en España, as infraestruturas de transporte, tanto por estrada como por ferrocarril, tiveron un carácter radial? Cando se comezou a corrixir esa eiva?
Que as infraestruturas de transporte en España tiveran carácter radial significa que as principais vías de comunicación (estradas e ferrocarrís) foron deseñadas para partir desde Madrid e conectar coa periferia, como os radios dunha roda. Isto fixo que moitos desprazamentos entre cidades da periferia tivesen que pasar por Madrid, dificultando a conexión directa entre rexións.
A partir dos anos 80 e 90, especialmente coa entrada de España na Unión Europea (1986), comezouse a corrixir esta eiva.
Que tres tipos de redes de ferrocarril coexisten en España actualmente?
Actualmente coexisten en España tres tipos de redes de ferrocarril:
- A rede convencional.
- Os ferrocarrís de vía estreita.
- A rede de alta velocidade.
Que tipo de transporte é o que despraza máis do 80% das mercadorías en España?
O transporte por estrada é o que despraza máis do 80% das mercadorías en España.
Que porto galego é referente nunha das chamadas “autoestradas do mar” que conectan os países membros da UE?
O porto de Vigo é referente nunha das “autoestradas do mar” que conectan os países membros da UE.
Que porto FLUVIAL español conta con calado suficiente para permitir o paso do 90% da frota mercante mundial e a súa incorporación á Rede Transeuropea do Transporte?
O porto de Sevilla conta con calado suficiente para permitir o paso do 90% da frota mercante mundial e a súa incorporación á Rede Transeuropea do Transporte.
Cales son os oito aeroportos máis importantes de España?
Os oito aeroportos máis importantes de España son:
- Adolfo Suárez Madrid-Barajas
- Barcelona-El Prat
- Palma de Mallorca
- Málaga-Costa del Sol
- Alicante-Elche Miguel Hernández
- Gran Canaria
- Tenerife Sur
- Valencia
Por que o tráfico de mercadorías por vía aérea é reducido e a que tipo de mercadorías se limita?
O tráfico de mercadorías por vía aérea é reducido porque é un medio de transporte caro, ten capacidade limitada de carga en comparación con outros medios como o barco ou o camión, e non é axeitado para transporte masivo nin para produtos de baixo valor.
Limítase a:
- Produtos de alto valor económico (electrónica, pezas industriais, xoiaría).
- Mercadorías urxentes ou perecedeiras (medicamentos, flores, alimentos frescos).
- Envíos internacionais express.
Comercio e Globalización: Dinámicas e Transformacións
A Globalización e as Telecomunicacións
Que importante relación atopamos entre a Globalización e as tecnoloxías das telecomunicacións?
As telecomunicacións permiten transmitir información a distancia, así como acceder, procesar e almacenar grandes cantidades de información transmitíndoa instantaneamente. Son fundamentais no actual proceso de globalización, afectando á economía (comercio electrónico, teleasistencia, coordinación das empresas, etc.), á sociedade (novas formas de relación, etc.), á ciencia e á cultura (transmisión dos novos coñecementos).
O Comercio Interior: Definición e Evolución
Define comercio.
O comercio é o intercambio de bens e servizos entre produtores e consumidores.
Indica cinco cambios que teña experimentado o comercio interior nas últimas décadas.
O comercio interior experimentou os seguintes cambios nas últimas décadas:
- Os hipermercados: Grandes superficies que ofrecen o mesmo que os supermercados, pero nunha superficie moito máis ampla, polo que introducen unha oferta máis diversificada nunha soa planta. Aparecen na periferia urbana. Moitas veces son un primeiro paso para ir urbanizando unha zona de expansión da cidade.
- As tendas de desconto: Localizadas na periferia urbana, ofrecen unha gama de produtos máis limitada e a baixo prezo.
- Centros comerciais: Reúnen en galerías comercios de diferente tipo, restaurantes, hipermercados, salóns de beleza, actividades de lecer. Poden aparecer tanto na periferia das cidades como en áreas do centro.
- Grandes superficies especializadas ou category killers: Aparecen en polígonos comerciais na periferia, especializados en bricolaxe, deporte, tecnoloxía, lecer, etc.
- Os espazos outlets: Na periferia, preto de vías de comunicación.
Que outras funcións, ademais de facilitar ao comprador uns bens finais, cumpre a actividade comercial?
Ademais de facilitar bens finais, a actividade comercial cumpre as seguintes funcións:
- Intermediación.
- Almacenamento.
- Transporte.
- Financiamento.
- Información.
- Asumir riscos.
O Turismo: Modalidades e Impactos
O Turismo de Masas e os seus Efectos
Explica que é o chamado “turismo de masas” así como o impacto ou repercusión NEGATIVA que pode ter a nivel: a) urbanístico e de encarecemento do solo, b) económica c) cultural e d) medioambiental.
O turismo de masas é un tipo de turismo caracterizado por unha gran cantidade de turistas que visitan un mesmo destino nun curto período, xeralmente destinos populares e con infraestruturas preparadas para acoller grandes volumes de visitantes.
O texto menciona que pode ter repercusión negativa a nivel: a) urbanístico e de encarecemento do solo, b) económico, c) cultural e d) medioambiental.
Modalidades de Turismo
Indica cales son as catro modalidades de turismo máis habituais.
As catro modalidades de turismo máis habituais son:
- O xeoturismo en áreas de interese xeolóxico ou paleontolóxico.
- O turismo fluvial.
- O turismo de cruceiros.
- O turismo termal.