Palabras galegas e os seus significados
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,88 KB
Encabuxar
Facer que alguén colla un cabuxo
Treito
Porción dun camiño ou dunha distancia que se percorre
Verme
Invertebrado de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose.
Envorcar
Botar fóra [o contido] virando ou inclinando o recipiente
Turrar
Facer forza para mover algo contra un mesmo.
Minguar
Facerse menor en tamaño, altura, cantidade, intensidade ou importancia.
Ínsua
Pequena illa no curso dun río.
Albiscar
Ver [unha cousa] sen distinguir ben
Envurullo
Roupa con que se envolve o neno durante os primeiros meses de vida
Ouriñar
Expulsar os ouriños.
Exiguo
Que resulta insuficiente, de escaso interese ou de pouco tamaño.
Proa
Parte de adiante do barco.
Estela
Anaco pequeno e irregular de madeira, que salta cando esta se parte ou rompe violentamente.
Bálsamo
Preparado farmacéutico de uso externo.
Vulnerabilidade
Calidade de vulnerable.
Fervenza
Gran cantidade de burbullas que se forman ao precipitarse a auga dun río ou torrente por un desnivel brusco do terreo.
Anicada
Facer que [unha persoa ou animal] se abaixe dobrando as pernas ou as patas.
Cohibido
Que manifesta cohibición.
Turbación
Alteración do ánimo que se caracteriza por unha sensación de inquietude, inseguridade ou desconcerto.
Aborixe
Que ten a súa orixe na terra onde vive.
Esfolar
Sacar a pel a un animal
Inminencia
Calidade de que está moi próximo de ocorrer
Presente
Aquilo que se dá a alguén como mostra de agradecemento, afecto
Esmorecer
Perder as forzas, o ánimo, o sentido
Lapa
Persoa inoportuna e molesta que impón a súa presenza sen ser ben recibida.
Feitizo
Práctica supersticiosa coa que se pretende influír sobre alguén, xeralmente para causarlle algún mal.
Estarricar
Estender algo que está encollido
Locuaz
Que ten tendencia a falar moito
Entre lusco e fusco
No momento do día entre o día e a noite ou entre a noite e o día.
Escintilar
Brillar de maneira intermitente, con intensidade e cor variable.
Abafar
Dificultarlle ou impedirlle a respiración a alguén
Rincho
Voz propia do cabalo.
Renxer
Cousas ou partes dunha cousa producir certo ruído característico ao rozaren.
Sinuoso
Estrada, camiño, terreo etc. que ten ondulacións e curvas en distintas direccións
Exhalar
Desprender un olor, bafo, vapor etc.
Van
Que non contén nada ou só contén aire
Estragar
Cambiar para peor algo ou alguén
Matinar
Pensar con insistencia sobre algo
Tatexar
Falar con dificultade, cortando as palabras e repetindo sílabas moi rapidamente, por un defecto físico nos órganos de emisión da voz, ou por causa dalgún tipo de sorpresa súbita.
Peirao
Construción na marxe dun río ou do mar.
Albiscar
Ver unha cousa sen distinguir ben
Periplo
Viaxe marítima de exploración arredor dun continente, dun mar etc.
Guindastre
Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos dentro do raio que este brazo alcanza.
Decrépita
Que está en decadencia ou pasado de moda
Anegar
Mollar moito
Amarras
Vínculo, atadura
Bucina
Aparello para dar sinais acústicos
Salubre
Que reúne as condicións precisas para non prexudicar a saúde, sobre todo no que respecta á hixiene
Intemperie
Tempo atmosférico suxeito a cambios particularmente, conxunto de fenómenos que poden resultar molestos, prexudiciais etc.