A Paisaxe Agraria e os Sectores Primarios

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 11,21 KB

Que é a paisaxe agraria?

A paisaxe agraria é a que resulta da práctica das actividades agrícolas. A súa diversidade débese a elementos físicos ou humanos. Está condicionada polo relevo, o tipo de solo e o clima.

Principais elementos físicos das paisaxes agrarias

  • O relevo: altitude e pendente.
  • O tipo de solo: absorben os nutrientes. Arxiloso, areento, humoso.
  • O clima: impide a agricultura nas zonas polares, desérticas e selvas tropicais.

Definicións

  • Openfield: tipo de campo no que as parcelas non están cercadas e as paisaxes agrarias están formadas por parcelas independentes sen separación entre elas. Predomina na Submeseta Sur e nun hábitat concentrado.
  • Bocage: tipo de campo no que as parcelas están cercadas e comunícanse mediante unha rede de camiños. Dáse na Europa Atlántica e en Galicia, nun hábitat disperso.
  • Agricultura intensiva: é a agricultura que busca sacar o máximo proveito da terra con técnicas modernas ou cunha agricultura tradicional.
  • Agricultura extensiva: é a agricultura que se practica en grandes leiras nas que se deixa unha parte en pousío, sen sementar, para recuperar a fertilidade do solo.
  • Agricultura de mercado: é unha agricultura orientada á venda con especialización na produción, mecanización dos labores agrícolas, uso de avanzadas técnicas agrícolas e sistemas de almacenaxe, transporte e comercialización a grande escala.
  • Areado: técnica de cultivo que consiste en botar unha fina capa de esterco sobre o solo e sobre ela unha capa de area máis grosa para que así filtre a auga e se quente rapidamente e as plantas absorban mellor os fertilizantes.
  • Cultivo transxénico: son os cultivos que están modificados xeneticamente a través da biotecnoloxía.

Características da agricultura das rexións desenvolvidas

  • A especialización da produción: cultívase un único produto en cada explotación para simplificar o traballo e o uso de maquinaria e mellorar os rendementos.
  • A mecanización dos labores agrícolas: reduce a man de obra e permite realizar tarefas en menos tempo.
  • O uso de avanzadas técnicas agrícolas: empréganse fertilizantes, sementes de moito rendemento, produtos para previr e curar enfermidades das plantas, cultívase en invernadoiros e terreos artificiais, e na biotecnoloxía creáronse cultivos transxénicos.
  • Os sistemas de almacenaxe, transporte e comercialización a grande escala: os produtos chegan a afastados mercados cun baixo custo.

Características da agricultura de subsistencia

  • É a agricultura dos países pobres.
  • O seu obxectivo é a obtención de alimentos para a familia campesiña.
  • Cultívanse varios produtos á vez.
  • As técnicas e ferramentas que se empregan son arcaicas.
  • As tarefas realízanse con moito esforzo e a produtividade é moi baixa.
  • A agricultura depende moito dos factores físicos.

Que son as plantacións?

É unha agricultura de mercado que se practica en países pobres de África e América Central e do Sur, en India e nos países do sueste asiático. Ten a súa orixe nas explotacións agrícolas que crearon os conquistadores europeos dende o século XVI para a obtención de cacao, café, tabaco, té, etc.

Tipos de gandaría

  • Gandaría extensiva: desenvólvese nas grandes explotacións. Consiste en que o gando pasta libremente no campo e se alimenta de pastos naturais.
  • Gandaría intensiva: desenvólvese en explotacións especializadas nunha mesma especie. O gando permanece estabulado, onde se controla a súa alimentación, saúde e engorde para aumentar a produción no menor tempo posible. O gando permanece semiestabulado, onde se alimenta de pastos naturais ou plantas forraxeiras e pensos.
  • Gandaría sedentaria: consiste en que o gando non se desprace para obter o alimento porque dispón de pastos ou se alimenta con pensos.
  • Gandaría nómade: consiste en desprazar o gando e aos traballadores que se ocupan del na procura de pastos.
  • Gandaría transhumante: consiste en desprazar o gando aos vales no inverno e ás montañas no verán.

Definicións

  • Pesca: actividade do sector primario que consiste na captura de peixes ou outros animais acuáticos, como crustáceos, moluscos e algas, que se practica en mares, ríos e lagos.
  • Buque factoría: son barcos que contan con instalacións para limpar, cortar, empaquetar e almacenar as capturas conxeladas. Están preparados para campañas pesqueiras de varias semanas e incluso meses. Empréganse na pesca de altura.
  • Caladoiro: diferentes zonas nas que se concentran as especies pesqueiras. Os mellores localízanse nas plataformas continentais, onde se cría o plancto.
  • Acuicultura: é a cría de organismos animais e vexetais acuáticos en catividade. Incrementa a dispoñibilidade de peixes e mariscos e evita que se extingan.

Características do sector primario na UE

  • Algo máis do 77% do territorio da UE considérase espazo rural. O 47% deste dedícase a actividades agrícolas e o 30% son terreos forestais. Neste espazo rural vive o 56% dos cidadáns comunitarios, pero só un 5% da poboación ocupada da UE traballa no sector primario.
  • O valor da súa produción non alcanza hoxe o 3% do PIB.
  • A produción agraria é moi variada: cereais, forraxe, sementes e froitos oleaxinosos, verduras e hortalizas, froitas, patacas, leite e carne principalmente.
  • Predominan as explotacións intensivas, extensivas e ecolóxicas.
  • Parte da produción destínase á industria.
  • É un dos principais exportadores de produtos agroalimentarios e o maior importador de alimentos.
  • En canto á pesca e á acuicultura, a UE ocupa o quinto lugar por produción do mundo.

Trazos do sector primario español

O sector primario en España reduciu a súa importancia respecto á poboación ocupada (4,2%) e á súa achega ao PIB (2,7%). O valor da produción medra cada ano e o sector é fundamental para a economía por diversas razóns:

  • É un dos países da UE cun sector primario máis potente. Proporciona máis dun 11% na produción agraria e ocupa o primeiro posto en produción pesqueira.
  • Os produtos agrarios e pesqueiros constitúen as materias primas de moitas das nosas industrias.
  • Arredor do 15% das exportacións españolas procede dos alimentos.

O sector primario español tamén presenta puntos débiles:

  • Unha poboación envellecida, máis do 61% dos propietarios de explotacións agrarias supera os 55 anos.
  • O gran peso das pequenas e medianas explotacións, que cuestiona a pouca viabilidade nun mercado moi competitivo.
  • A baixa produtividade da agricultura de secaño, polo escaso investimento.
  • A baixa produtividade da gandaría extensiva e a dependencia da intensiva.

Importancia do sector primario na economía galega

O sector primario na economía galega ocupa o 6,7% da poboación activa e constitúe o 4,3% do PIB de Galicia. En 2014 había 49.100 traballadores na agricultura, gandaría e silvicultura, e outros 17.000 na pesca e na acuicultura.

Agricultura: é intensiva e de policultivo, a propiedade é o minifundio. Os principais cultivos son a vide, a pataca, o millo, as plantas forraxeiras e as hortalizas.

Gandaría: ocupa un papel moi importante nas explotacións familiares. A partir de 1960, antigas hortas pasaron a ser pastos. Distínguese gando bovino (leite, carne), gando porcino e granxas avícolas.

Pesca: é a primeira actividade do sector primario en Galicia. No ano 2014, Galicia tiña 4.500 buques pesqueiros e 17.000 traballadores.

Tipos de pesca: marisqueo (a flote e a pé), pesca de litoral, pesca de baixura/altura.

Portos pesqueiros: Vigo, A Coruña, Burela, Celeiro, Ribeira.

A acuicultura é moi importante: mexillón en bateas, rodaballo en granxas costeiras, ameixa en area.

Explotación forestal: é a producida polos montes e consta de:

  • Industrias de primeira transformación: serradoiros, fábricas de taboleiros, aglomerados e unha industria de pasta de papel.
  • Industrias de segunda transformación: elabora mobles, carpintaría de obra, revestimentos para o chan, embalaxes, etc.

Retos:

  • O sector primario en Galicia está moi envellecido.
  • Frenar a despoboación rural con incentivos para a permanencia de xente nova.
  • Potenciar unha agricultura e gandaría ecolóxica, de calidade, baixo o epígrafe "alimentos de Galicia" (queixos, carne, patacas, pan, mel, etc.).
  • Na pesca, garantir a sustentabilidade ecolóxica dos mares.
  • Na explotación forestal, a reforestación con especies autóctonas (carballos, castiñeiros) e evitar o monocultivo do eucalipto.
  • Promover políticas de recuperación do campo: banco de terras, aproveitamento enerxético do mato, etc.

Entradas relacionadas: