Orixes e Inicio da Guerra da Independencia Española

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 4,64 KB

Contexto da Crise de 1808

Desde principios do **século XX**, España estaba obrigada polo **Tratado de San Ildefonso** a axudar a Francia no enfrontamento con Reino Unido. A derrota contra **Trafalgar** produce a perda da armada española, o comercio coas colonias de ultramar quedou gravemente afectado, e polo cal, a industria padece unha crise e descenden os ingresos do Estado. Todo isto provoca un gran malestar social; as clases baixas viven na miseria, o clero resulta prexudicado polas medidas desamortizadoras de **Godoy** e a aristocracia non acepta a **Godoy** pola súa orixe e o favoritismo da raíña e do rei con el e pola súa política exterior que realiza e a súa ambición. Ademais hai unha crise interna na que certos factores apoian o príncipe **Fernando** no seu enfrontamento contra **Godoy** e o rei **Carlos IV**, e conspiran contra eles.

A Invasión Napoleónica

**Napoleón** busca apoio español para invadir Portugal e no **Tratado de Fontainebleau** acórdase a conquista de Portugal e a división en tres partes na que **Godoy** pasaría a ser príncipe dunha delas: Os Algarves. Pero realmente o que **Napoleón** pretendía era aproveitar esta situación para invadir España. E é a principios de 1808 as tropas de **Napoleón** aproveitan para entrar en España coa escusa de invadir Portugal, axiña ocupan cidades estratéxicas de España.

As Abdicacións de Baiona

A familia real trasladouse a Aranjuez e alí ten lugar un **motín** organizado polos partidarios de **Fernando VII** co resultado da abdicación de **Carlos IV** no seu fillo, pero **Napoleón** chama a familia real a Baiona, e alí consegue que **Fernando VII** devolva a coroa ao seu pai, o cal llo cede a **Napoleón**. Este nomea o seu irmán como novo rei de España, **Xosé I Bonaparte**. Unha asemblea de notables españois aproban a chamada **Constitución de Baiona** que é unha Carta Outorgada de carácter moderado.

O Levantamento e a Guerra

Entre tanto, en Madrid, ten lugar unha **insurrección popular** (2 de maio de 1808) debido ao baleiro de poder e a que as autoridades civís e militares do goberno provisional non se opoñían ao exército francés, como vemos no *Doc. 1* na orde do **Mariscal Murat**: «A poboación de Madrid sublevouse, chegou ata o asasinato (...). O sangue francés foi vertido; reclama vinganza. Art. 2: todos os que foron presos no disturbio e coas armas serán arcabuceados (...) Art. 5: Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)». Esta sublevación estendeuse por toda a Península, e así, comeza a **Guerra da Independencia**.

Organización da Resistencia

Para organizar a guerra contra os franceses a poboación creou **xuntas** a nivel local, provincial e a **Xunta Suprema Central Gobernativa**, formada por delegados das provincias que constitúen un goberno soberano e asumían o poder mentres non regresara **Fernando VII**. Tal e como podemos observar no *Doc. 2*: «(...) O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...) ¡Á arma, á arma, asturianos! (...)».

Estratexias Militares

A nivel militar, as **Xuntas Supremas** reorganizan o exército regular que ten unha actuación pouco eficaz, aínda que colaboraron coas tropas inglesas e portuguesas. Aquí xurdiron no ámbito rural as **guerrillas**, formadas por grupos reducidos de paisanos, cun gran coñecemento do terreo e que contaban coa colaboración da poboación civil. O seu obxectivo era desgastar ao inimigo, con sabotaxes, espionaxe... evitando unha confrontación aberta.

Posicións Ideolóxicas

Nesta situación, non todos os sectores da poboación tiñan a mesma ideoloxía.

O Pobo

O pobo en xeral loitaba polo regreso de **Fernando VII** e a volta do **Antigo Réxime**, como reacción contra a invasión estranxeira.

Os Liberais

Os **liberais** eran intelectuais e burgueses que toman como modelo a **Revolución Francesa**, loitando por chegar a ter o poder político. Reclaman unha **soberanía nacional** e unha **Constitución** que establecese a **separación de poderes**. Para este grupo a **Guerra da Independencia** é a oportunidade para eliminar o **Antigo Réxime** e instaurar un **réxime liberal**. Estes serán os que leven adiante o seu proxecto con éxito. **Fernando VII** en 1836 describe a este grupo así no *Doc. 3*: «Os ilustrados (...) no seu pronunciamento contra o emperador, só mirasen volver ao Estado anterior. (...) que gustasen de volver ao antigo despotismo os que consideraban como unha das causas dos males que os aflixían (...)».

Entradas relacionadas: