Orixe e Formas de Organización do Estado Moderno
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,72 KB
Orixe do Estado Moderno
1. Orixe do Estado Moderno
No século XIV, as loitas entre os emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e o papado comezaron a desgastar o estado moderno. Este estado atopou a súa configuración definitiva nos estados europeos que se constituíron durante os séculos XV e XVI. O progreso económico, o desenvolvemento das cidades e a aparición da burguesía debilitaron á nobreza e ao clero e impulsaron o poder dos reis. O primeiro en utilizar o termo estado para referirse á súa organización estable foi o filósofo italiano Maquiavelo. Características:
- O seu poder é soberano e non hai ningunha autoridade por encima del.
- O poder exércese sobre un territorio e unha poboación determinada e as súas leis obrigan a todos.
- Posúe o monopolio da violencia, pode impoñer pola forza o cumprimento das leis e castigar aos que non as obedecen, para iso vale da policía e do exército.
- Ten a capacidade de recadar os recursos necesarios para o funcionamento do sistema.
- Para administrar os recursos vale dunha serie de persoas que constitúen o que se denomina a burocracia.
Formas de Organización do Estado
2. Formas de Organización do Estado
O Estado Absoluto
2.1. O Estado Absoluto
O estado moderno xurdiu coas monarquías autoritarias modernas que se constituíron e sobreviviron grazas á formación de exércitos fortes ás ordes dos monarcas. A administración confiouse a unha rede de funcionarios que elaboraban leis e se ocupaban de impartir xustiza baixo as ordes do rei. A mentalidade da época e o escaso desenvolvemento económico provocaron que se impuxeran as monarquías autoritarias.
Nos séculos XV e XVI, os problemas sociais e políticos e as revoltas fixeron necesaria a intervención dos reis e con iso o aumento do seu poder. Desta maneira, as monarquías autoritarias acabaron por converterse en monarquías absolutas.
Os reis chegaron a posuír un poder absoluto sobre os estados sen que ningunha outra institución os limitase. Nos reis concentrábanse o poder executivo, o lexislativo e o xudicial. Este proceso conduciu á concepción do poder que culminou no absolutismo de Luís XIV e que queda reflectida na súa famosa afirmación: O Estado son eu.
O Estado Liberal
2.2. O Estado Liberal
Ao longo do século XVIII, os avances do capitalismo comercial produciron un gran desenvolvemento da burguesía que pasou a ocupar postos importantes na administración do estado. A iso hai que engadir as trabas que supoñía para a economía dos países a política das monarquías, os seus cuantiosos gastos e a súa política de alianzas. Esta situación, xunto co auxe do individualismo racionalista e os ideais da Ilustración, produciron o descrédito das monarquías absolutas e promoveron o establecemento dos estados liberais.
O cambio iniciouse en Inglaterra, onde o absolutismo estaba limitado polos dereitos do parlamento desde a Idade Media. Ademais, Inglaterra contaba cunha importante burguesía comercial e unha nobreza máis ligada á economía que a do continente. As pretensións absolutistas de Carlos I conduciron a unha guerra civil e, tras a vitoria dos parlamentarios dirixidos por Cromwell, á decapitación do monarca (1646). En 1688 tivo lugar a Gloriosa Revolución que provocou o cambio de dinastía e o establecemento dun estado liberal.
Tamén supuxo un forte impulso para o establecemento de estados liberais o nacemento dos Estados Unidos, cuxa Constitución data de 1776.
No continente europeo, especialmente en Francia, onde a monarquía estaba fortemente arraigada, intentáronse solucionar os graves problemas plantexados mediante o despotismo ilustrado: Todo para o pobo, pero sen o pobo, pero a súa política de reformas non conseguiu solucionalos e produciu a Revolución de 1789. Con ela, o poder soberano deixou de recaer no rei para pasar a pertencer á sociedade civil. Tamén se aboliu o réxime feudal e os seus privilexios, estableceuse a igualdade xurídica dos cidadáns e creáronse novas condicións para o desenvolvemento económico. Estas conquistas foron recollidas na Proclamación dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789 e na Constitución Francesa de 1791.
O estado liberal definiuse desde un principio como estado de dereito, posto que en todos os seus compoñentes estaban sometidos ao imperio da lei.
O estado liberal xirou ao redor dunha idea fundamental: o individuo. Este é o centro da actuación política e o estado ten como función crear un marco legal que lle permita actuar libremente. Os individuos posúen uns dereitos propios e máis importantes que o mesmo estado e este ten que respectalos.
Os teóricos deste tipo de estado situaron a orixe do poder no pacto social, polo cal os homes renuncian á “liberdade natural” para obter a “liberdade posible” na sociedade civil. Do pacto derívase un poder soberano que establece unha Constitución na que se recoñecen os dereitos e deberes dos cidadáns. Ademais, para que o estado liberal funcionase, impúxose a separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), tratando de evitar que quen tivese o poder se aproveitase del.
Co paso do tempo, viuse que era imprescindible ademais controlar o poder político, que algúns dos poderes do estado –lexislativo e executivo– fosen elixidos en sufraxio universal pola regra das maiorías, co que apareceu o estado liberal e democrático de dereito.
O Estado de Benestar
2.3. O Estado de Benestar
A partir da segunda metade do século XX e como consecuencia da influencia do pensamento socialista e da loita sindical, os estados liberais e democráticos de dereito introduciron unha serie de servizos á sociedade, dando orixe ao que se coñeceu co nome de estado social ou de benestar.
O estado de benestar asume como tarefa propia a defensa dos dereitos sociais, económicos e culturais de todos os cidadáns, os chamados dereitos de “segunda xeración”, o que leva a intervir na orde económica e social para tratar de conseguir unha igualdade real de oportunidades e a satisfacción das necesidades fundamentais de todos os cidadáns. Para conseguir os seus obxectivos, vale, entre outros medios, dunha política fiscal e orzamentaria, un certo control da actividade económica e unha participación directa nalgunhas actividades económicas. Nace así a escola pública gratuíta, a asistencia médica universal e gratuíta, as pensións de xubilación, o seguro de desemprego...
Como a satisfacción deses dereitos obriga aos estados a un gasto público elevado e, consecuentemente, a unha política fiscal forte, nas últimas décadas do século XX orixináronse unha serie de críticas ao estado de benestar, ao que en sentido pexorativo se denomina estado benefactor, nas que se critica, entre outras cousas, que aumentou innecesariamente a burocracia, que reduciu a iniciativa privada ata converter aos cidadáns en suxeitos pasivos que esperan que lles dean os problemas solucionados e que gravou de impostos ao capital de maneira tal que impediu crear riqueza, facendo que a sociedade sexa cada vez máis pobre. Con todo, hai que sinalar que os que critican tanto o estado de benestar o fan en nome dunha teoría de estado mínimo de corte neoliberal e non capitalista que tende a esquecer as enormes inxustizas do modelo económico actual presidido pola globalización.